Agora

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Xácome, nun pleno do Concello. (Foto: Rosa Veiga / Europa Press)
Agora

O BNG levará á Fiscalía Xeral do Estado os audios de Xácome

O candidato do BNG á Alcaldía de Ourense, Luís Seara, e o deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, acudirán esta cuarta feira á sede da Fiscalía Xeral do Estado para entregar un escrito sobre os audios difundidos por La Región que teñen como protagonista o alcalde ourensán, Gonzalo Pérez Xácome. Entre outras cuestións, nos devanditos audios, o rexedor e líder de Democracia Ourensá mantén conversas con persoas da súa confianza nas cales fala de financiar a campaña con 'diñeiro B' e de como "branquealo", ou dunha suposta estratexia para conseguir diñeiro de empresas interesadas en servizos e obras municipais.

Presentación do convenio de colaboración entre Xunta e Gadis (Foto: Xoán Crespo).
Agora

Xunta e Gadis asinan un acordo para "promover o galego entre a mocidade" nas plataformas dixitais

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades da Xunta, Román Rodríguez, e a directora de Marketing e Responsabilidade Social Corporativa de Gadisa Retail, Melisa Pagliaro, asinaron un acordo de colaboración para promover o uso do galego entre a mocidade en plataformas dixitais. O acordo, que se desenvolverá a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, buscará potenciar e recoñecer o talento dos mozos que empregan o idioma propio de Galicia para crear contidos innovadores en redes sociais.

Rolda de prensa do comité de empresa de Urbaser Santiago, a pasada semana. (Foto: Europa Press)
Agora

Sen acordo entre Urbaser e o comité de empresa para evitar a folga indefinida en Santiago

Empresa e persoal da concesionaria do servizo de limpeza viaria, recollida de lixo e punto limpo de Santiago, Urbaser, seguen sen alcanzar un acordo que evite a folga indefinida convocada a partir do próximo día 15 de maio. Esta segunda feira mantiñan unha reunión co obxectivo de chegar a puntos en común, pero o encontro, que se estendeu durante unhas seis horas, concluíu sen acordo. Se ben houbo "achegamentos", segundo fontes sindicais, quedan "varios escollos" para desconvocar o paro. De non alcanzar antes un acordo, principiará unha folga indefinida coincidindo co inicio das festas da Ascensión.
O portavoz do BNG no Congreso, Néstor Rego.
Agora

O BNG insiste na retirada de emendas e a tramitación "áxil" da Lei de Transferencia da AP-9

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, vén de exixir a PP e PSOE a retirada das emendas á proposición de lei para a transferencia da titularidade e competencias da autoestrada AP-9 á Galiza. Após dous anos da súa toma en consideración, Rego afirma que "é hora de rematar a tramitación nos termos en que foi aprobada no Parlamento da Galiza pola unanimidade" e non "dilatar" máis a súa aprobación no Congreso. Para este fin, engade o deputado do BNG, unha recente resolución na Cámara galega instando as forzas políticas con representación no Congreso a aprobar o texto tal e como saíu do Parlamento.
Endesa presentou hoxe as contas.
Agora

Endesa dispara os beneficios malia o novo imposto ás enerxéticas

Endesa obtivo un beneficio neto de 594 millóns de euros no primeiro trimestre do ano, o que representa un incremento do 75,7% con respecto aos 338 millóns de euros do mesmo período do exercicio anterior, segundo vén de informar a compañía. O "bo comportamento" dos seus negocios permitiu "amortecer" o impacto do imposto de 1,2% sobre os ingresos das enerxéticas instaurado polo Goberno español —recorrido pola empresa—, que supuxo o recoñecemento de 208 millóns de euros para Endesa nas súas contas, o que eleva a súa taxa fiscal efectiva no trimestre a 31%.
En moitos casos, a proliferación de parques eólicos na Galiza, como este da Serra do Xistral, interfire coas actividades agrarias (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
Agora

O SLG demanda "transparencia e información" sobre os 75 parques eólicos aprobados

A recente autorización "en masa" de 75 novos proxectos eólicos, o pasado 26 de abril, por parte do Goberno galego provoca "incerteza" entre o sector agrogandeiro. Esta terza feira o Sindicato Labrego Galego exixe "transparencia e información" a respecto das citadas instalacións enerxéticas, aprobadas perante unha "tramitación exprés que verte moitas dúbidas sobre as garantías técnicas". Piden que a Xunta aclare "con que cantidade e tipo de medios humanos e tecnolóxicos foron levados a cabo os estudos" das 77 declaracións de impacto ambiental aprobadas previamente, en xaneiro.
O presidente de CEOE, Antonio Garamendi, nunha conferencia (Foto:   Alberto Ruiz / Europa Press).
Agora

O pacto de salarios asinarase esta cuarta feira sen a presenza do Goberno español

O presidente da CEOE, Antonio Garamendi, adianta que o acordo de salarios alcanzado con CCOO e UXT para o período 2023-2025 será asinado esta cuarta feira. O líder da patronal confirma hoxe que non se vai convidar ao acto nin o presidente do Goberno estatal, Pedro Sánchez, nin á vicepresidenta segunda e ministra de Traballo, Yolanda Díaz. A explicación, dixo, é que se trata dun acordo no que non participa o Goberno por ser a negociación colectiva unha materia que lles compete exclusivamente a sindicatos e empresarios. "Aquí non se vetou ninguén, nin se veta ninguén, pero, e eu creo que e os sindicatos téñeno claro tamén, este é un acordo bipartito", afirmou, ao tempo que cualificou o pacto de "importantísimo".
Vehículo da Garda Civil. (Foto: Europa Press)
Agora

Posíbel caso de maltrato animal: 97 cans, 17 cabalos e 4 gatos na mesma vivenda

A Garda civil investiga a suposta autora dun delito de maltrato animal na localidade do Saviñao (comarca de Terra de Lemos), despois de que, após unha inspección, se localizasen na vivenda 97 cánidos, 4 felinos e 17 équidos. Segundo trasladou a Garda Civil nun comunicado, varios dos cans presentaban estao de saúde “severamente comprometido ou con sintomatoloxía compatíbel con patoloxías graves”.

Abril de 2023 superou en 2,5 graos centígrados a media (Foto: Europa Press).
Agora

O mes de abril rexistrou temperaturas de 2,5 graos superiores á media do ano anterior

O cuarto mes de 2023 foi entre seco e normal a nivel de precipitacións na Galiza e extremadamente cálido, con temperaturas até 2,5 graos centígrados superiores á media no leste do país, segundo informou a Axencia Estatal de Meteoroloxía. No abril máis caloroso e con menos choiva no Estado desde que hai rexistros, Galiza foi a excepción en precipitacións aínda que, en todo caso, estiveron por baixo da media dos últimos anos.

Tractorada o pasado 18 de abril en Lugo en protesta polos altos prezos (Foto: Nós Diario)
Agora

Gandeiros convocan unha nova tractorada en Lugo para esta quinta feira

Gandeiros de carne convocaron unha tractorada esta quinta feira ás 12.30 horas en Lugo, en contra de recortes na política agraria común (PAC) e para dicir 'non' aos baixos prezos da Tenreira Galega Suprema en orixe. Esta convocatoria, que parte do colectivo Gandeiros Galegos da Suprema, tamén busca dicir non aos "excesivos prezos" nos custos de produción.

O presidente do Goberno español, Pedro Sánchez (Foto: Eduardo Parra / Europa Press).
Agora

Cancélase a visita de Pedro Sánchez a Lugo prevista para esta cuarta feira

A visita do presidente do Goberno español e líder do Partido Socialista, Pedro Sánchez, prevista para esta cuarta feira a Lugo, onde ía participar nun acto de precampaña, foi cancelada. Diso informaron fontes do PSdeG, que explicaron que a inminencia da viaxe de Pedro Sánchez, a Estados Unidos motivou que o acto previsto na cidade da Muralla se cancelase.

O prezo da luz aumenta considerabelmente esta segunda feira. (Foto: Andrey Popov)
Agora

O prezo da luz dispárase esta segunda feira en 53,46%

O prezo media da luz para os clientes de tarifa regulada vinculados ao mercado almacenista aumentará esta segunda feira 53,46% con respecto a este domingo, até os 97,51 euros por megawatt hora (MWh). Por franxas horarias, o prezo mínimo, de 77,99 euros/MWh, darase entre as 14 e as 15 horas, mentres que o prezo máximo rexistrarase entre as 21 e 22 horas, cando será de 126,14 euros/MWh.

embarcacións tradicionais
Agora

Sada acollerá do 3 ao 6 de agosto o XVI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galiza

A xunta directiva da Federación Galega de Cultura Marítima e Fluvial (Culturmar) organizará o XVI Encontro de Embarcacións Tradicionais no porto de Sada (A Coruña) que terá lugar entre os días 3 e 6 de agosto. En colaboración con Portos de Galiza, Culturmar levará a cabo este evento co obxectivo de promover a defensa do patrimonio marítimo material e inmaterial.
Agora

Galicia participa na feira 'Xponential 2023' para promocionar as tecnoloxías desenvolvidas polo Polo Aeroespacial

O Polo Aeroespacial de Galiza estará presente na exposición internacional de Xponential 2023. Este evento é un dos máis importantes na industria dos vehículos e sistemas aéreos non tripulados que se celebrará no Colorado Convention Center, en Denver, Estados Unidos, do 9 ao 11 de maio. Na feira 'Xponential' 2023 participarán empresas e centros de coñecemento do ecosistema como Sixtema, Centum Research & Technology, Marine Instruments, Lupeon, Sense Aeronautics (spinoff de Gradiant) e o Instituto Tecnolóxico da Galiza. 
Zona acordonada pola policía de Texas despois dun tiroteo en xuño de 2022. Arquivo / Europa Press
Agora

Polo menos nove persoas mortas nun tiroteo en Texas

Polo menos nove persoas morreron e sete resultaron feridas durante un tiroteo nun centro comercial de Texas (EUA) este sábado. Segundo a oficina do sheriff do condado de Collin, un tirador desatou o caos arredor das 15.30 horas (hora local) e a investigación apunta a que actuou só. O tiroteo ocorreu en Allen, un pequeno suburbio ao norte de Dallas.

Agora

Máis de 5.000 persoas examínanse en Silleda para acceder a 7.757 postos fixos de Correos en todo o Estado

Más de 5.000 persoas examinaranse este domingo no recinto ferial de Silleda para acceder a 7.757 postos fixos en Correos, dos que 431 están na Galiza. Perto de 3.000 empregados de Correos traballarán ao longo da xornada para garantir o bo desenvolvemento do proceso selectivo que, pola súa magnitude en número de participantes e localidades, supón un alto esforzo loxístico e organizativo.

A empresa Monbus controla 80% do mercado de transporte público por estrada. (Foto: Nicolás Vieites)
Agora

Sindicatos e patronal chegan a un principio de acordo para desconvocar a folga do transporte de viaxeiros

Sindicatos e patronal do sector do transporte de viaxeiros por estrada chegaron este sábado a un principio de acordo que abre a porta á desconvocatoria da folga indefinida á que están convocados os traballadores desde a segunda feira.  A última proposta da patronal pasa por recuperar o poder adquisitivo xa este ano e garantir o ICP Real para o ano 2024. Agora, os sindicatos levarán esta proposta ás asembleas de traballadores, que están convocadas esta noite e onde eles mesmos decidirán se aceptan o acordo e suspenden a folga o luns ou continúan co mesmo.
Foto de arquivo do remolcador 'María Pita'.
Agora

Remolcan un pesqueiro tras sufrir un fallo na máquina nas proximidades das Illas Ons

O pesqueiro Santa Princesa, que quedara á deriva a algo máis de dúas millas das Illas Ons tras sufrir un fallo na máquina, foi remolcado a porto durante a madrugada deste sábado. Segundo fontes de Salvamento Marítimo, sobre as 22 horas da sexta feira o centro de Salvamento en Vigo recibiu unha comunicación do pesqueiro Santa Princesa na que se indicaba que tiña un fallo na máquina e quedara á deriva neste punto da costa galega. Nesta comunicación, solicitaron remolque, polo que Salvamento mobilizou ao buque María Pita e ao Salvamar Mirach. Pasadas as 00,00 horas, os remolcadores informaron o centro de salvamento vigués que o María Pita xa fixera firme o remolque e o Mirach continuou escoltando tanto ao pesqueiro como ao buque de Salvamento.

Carlos III de Inglaterra. (Foto: Li Ying / Xinhua News / Contactophoto)
Agora

Carlos III, coroado rei de Inglaterra

Londres foi o escenario este sábado da primeira coroación dun monarca en sete décadas. Carlos III, rei desde o momento en que faleceu a súa nai, o 8 de setembro de 2022, foi coroado formalmente nunha cerimonia rexida pola tradición pero aberta aos detalles dos tempos, desde unha carruaxe con aire acondicionado até un seguimento audiovisual polo miúdo desde principio a fin e desde todos os ángulos.
Sede do112 - Axega
Agora

Falece un motorista nun accidente de tráfico en Lalín

Un motorista faleceu na mañá deste sábado nun accidente de tráfico rexistrado na localidade pontevedresa de Lalín. En concreto, segundo informou o CIAE 112-Galiza, o suceso ocorreu na estrada N-525, ao seu paso por Donramiro, en Lalín, onde chocaron unha moto e un camión. O falecido asistía como espectador ao Mundial de Enduro que se celebra na localidade. Este é o segundo sinistro mortal de similares características que rexistra a Galiza en menos de 24 horas. En concreto, na tarde deste venres outro motorista, de 22 anos, perdía a vida en Pantón (Lugo) ao chocar a súa moto tamén contra un camión.