06/maio/23 - 11:35
Actualizado: 06/maio/23 - 13:28
Falece un motorista nun accidente de tráfico en Lalín
Un motorista faleceu na mañá deste sábado nun accidente de tráfico rexistrado na localidade pontevedresa de Lalín. En concreto, segundo informou o CIAE 112-Galiza, o suceso ocorreu na estrada N-525, ao seu paso por Donramiro, en Lalín, onde chocaron unha moto e un camión. O falecido asistía como espectador ao Mundial de Enduro que se celebra na localidade. Este é o segundo sinistro mortal de similares características que rexistra a Galiza en menos de 24 horas. En concreto, na tarde deste venres outro motorista, de 22 anos, perdía a vida en Pantón (Lugo) ao chocar a súa moto tamén contra un camión.
![Sede do112 - Axega](/asset/thumbnail,1280,720,center,center/media/nosdiario/images/2023/05/06/2023050611341558965.jpg)