Agora

Vista aérea do estadio de Riazor (Foto: Concello da Coruña).
Agora

O Dépor ultima os preparativos para instalar a capela ardente de Arsenio Iglesias en Riazor

O presidente do Deportivo da Coruña, Antonio Couceiro, confirmou que están a ultimar os preparativos para instalar a capela ardente do histórico adestrador e xogador do club Arsenio Iglesias no estadio de Riazor, após o seu falecemento esta sexta feira aos 92 anos. A capela ardente poderá visitarse esta sexta feira desde as 21.30 até as 23.30 horas, e o sábado entre as 9 e as 12 horas.

Centro de atención de emerxencias do 112 Galiza (Foto: Xunta).
Agora

Falece un motorista de 22 anos nunha colisión contra un camión en Pantón (Terra de Lemos)

Un mozo de 22 anos, veciño de Monforte de Lemos, faleceu esta sexta feira nun accidente de tráfico rexistrado no municipio de Pantón (Terra de Lemos), ao colidir a moto que conducía contra un camión. O suceso tivo lugar sobre as 17.40 horas na N-120. A moto na que viaxaba a vítima mortal colidiu lateralmente contra un camión.

Personificación alegórica da Xustiza e da forza moral nos sistemas xudiciais. (Foto: Nós Diario)
Agora

Condenan o Sergas a pagar 150.000 euros por non activar o Código Ictus para un paciente en Ferrol

O Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) avalou unha sentenza de primeira instancia e condena o Sergas a pagar 150.000 euros por non activar o sistema ‘Código ictus’ para un paciente ferrolán, causándolle un posíbel agravamento das secuelas. O caso remóntase a 2017, cando o home, un paciente de 64 anos de idade, foi atendido após un episodio de mareo, sudación e vómitos. A sentenza ve clara que “a primeira asistencia prestada non foi correcta”.

A variante ómicrom está a preocupar á OMS. (Foto: Andrew M. Chang / Zuma Press / Contactophoto)
Agora

A OMS declara o fin da emerxencia de saúde pública pola Covid-19

O director xeral da Organización Mundial da Saúde (OMS), Tedros Adhanom Ghebreyesus, anunciou esta sexta feira que a OMS declarou o fin da emerxencia sanitaria global pola Covid-19. “Onte, o Comité de Emerxencia reuniuse por decimoquinta vez e recomendou declarar o fin da emerxencia de saúde pública de importancia internacional. Aceptei este consello”, afirmou. “Non volverei a declarar a emerxencia se a situación cambia”, engadiu Tedros.

Goretti Sanmartín e Néstor Rego esta sexta feira (Foto: Nós Diario).
Agora

O BNG promove a cesión da parcela de Peleteiro, en Compostela, para destinala a vivenda pública

A candidata do BNG á Alcaldía de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, e o deputado nacionalista no Congreso Néstor Rego anunciaron a proposta para que o Goberno do Estado, no concreto a Sareb, ceda a parcela de Peleteiro para destinala a uso público, para favorecer a construción de vivenda pública de aluguer, un centro de día, un centro sociocultural e unha praza aberta para o encontro e o lecer.
Sánchez Bugallo na presentación do banquete de Conxo (Foto: Europa Press).
Agora

Compostela celebrará o Banquete de Conxo o 12, 13 e 14 de maio con actividades e concertos

O Concello de Santiago presentou esta sexta feira o programa da celebración do Banquete de Conxo, que se levará a cabo os próximos días 12, 13 e 14 de maio con numerosas actividades e concertos. Nunha rolda de prensa no centro sociocultural de Conxo, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, agradeceu a acollida que están a ter as actividades previas ao banquete.

O arquitecto César Portela (Foto: Gustavo Santos).
Agora

O pontevedrés César Portela, gañador da Medalla de Ouro da Arquitectura, o máximo galardón na profesión

O arquitecto César Portela (Pontevedra, 1937) é o novo gañador da Medalla de Ouro da Arquitectura, a distinción máis importante que concede a profesión. Instituida polo Consello Superior dos Colexios de Arquitectos de España (CSCAE) no ano 1981, a Medalla de Ouro recoñece o esforzo das persoas e institucións que "ennobrecen o quefacer arquitectónico co seu labor".
Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 da Galiza, no municipio da Estrada (Foto: Europa Press).
Agora

Un accidente múltiple obriga a desviar o tráfico na autovía Santiago de Compostela-Brión

Un accidente no cal se viron involucrados tres vehículos e que se saldou sen persoas feridas obrigou a desviar o tráfico na autovía entre Santiago e Brión ao seu paso polo municipio de Ames. Segundo trasladou o CIAE 112 Galiza, o sinistro produciuse ao redor das 06 horas desta sexta feira no quilómetro 4 da AG-56 no carril sentido Noia, onde chocaron un turismo e unha furgoneta.

Centro de atención de emerxencias do 112 Galiza (Foto: Xunta).
Agora

Falece un operario en Curtis após caerlle unha árbore enriba

Un operario faleceu na tarde desta quinta feira en Curtis (As Mariñas) nun accidente laboral, ao caerlle enriba unha árbore. Segundo a información do CIAE 112-Galiza, o suceso aconteceu ás 17 horas no lugar de Outeiro do Pato, en Foxados, onde o home se atopaba traballando. Ao parecer, unha árbore caeu e golpeouno na cabeza. Até a zona desprazáronse efectivos da Garda Civil, GES de Curtis e Protección Civil da localidade, así como unha dotación do 061, que só puido certificar a súa morte.

O Banco Santander é o segundo grupo financeiro en volume de depósitos na Galiza. (Foto: Banco Santander)
Agora

Condenan o Santander a devolver medio millón de euros en preferentes aos herdeiros duns emigrantes

O Xulgado de Primeira Instancia número 5 da Coruña condenou o Banco Santander a devolver case medio millón de euros aos herdeiros dun matrimonio de octoxenarios emigrantes retornados que adquiriran participacións preferentes na empresa SOS Cuétara SAU e títulos de valores Santander. A resolución xudicial considera que non se transmitiu ao matrimonio información efectiva sobre o risco de perda nos produtos financeiros.

Mobilización en Santiago pola redución do IVE nos salóns de peiteado. Imaxe de arquivo (Foto: Nós Diario)
Agora

Salóns de peiteado e de estética mobilizaranse, coincidindo coa campaña electoral, para pedir IVE reducido

Salóns de peiteado e de estética mobilizaranse durante as próximas semanas na Galiza baixo o leva “Agora votamos nós”, coincidindo coa próxima campaña electoral, para exixir a restitución do IVE reducido para “un sector esencial cada vez máis precarizado”. En concreto, o sector sairá á rúa a vindeira segunda feira 8 de maio en Lugo, e o próximo 22 de maio en Vigo.

Instalacións de Navantia en Ferrol (Foto: Europa Press).
Agora

O Goberno español asegura que a Xunta non solicitou formalmente entrar no consello de administración de Navantia

O Goberno estatal negou que a Xunta da Galiza solicitara formalmente a súa entrada no consello de administración da empresa pública Navantia. Así o afirma unha resposta parlamentaria a unha pregunta realizada na Cámara baixa polo deputado do BNG, Néstor Rego. Non obstante, fontes do Executivo galego rebateron esta información, asegurando que a petición formal “si foi cursada”. 

José Manuel Baltar presidindo o pleno da Deputación de Ourense. (Foto: Agostime / Europa Press)
Agora

O PSdeG de Ourense ve “esgotada” a vía política na multa a Baltar e avanza: “Intentarémolo na Xustiza”

O portavoz do PSdeG no pleno da Deputación de Ourense, Ignacio Gómez, recoñeceu que a vía política pola multa ao presidente provincial, Manuel Baltar, está “esgotada” unha vez que os seus “xefes” o avalan e non o instan a dimitir, pero advertiu de que os socialistas “non van parar aquí” e avanzou que o “intentarán” na vía xudicial. Gómez incidiu en que se trata dunha cuestión “suficientemente grave” que non é un feito illado, polo que agora estudarán a vía xudicial máis apropiada.

Concentración do colectivo de persoas xubiladas e pensionistas da CIG en Lugo. (Foto: Nós Diario)
Agora

Xubiladas e pensionistas reclaman a derrogación das reformas das pensións para recuperar ‘dereitos perdidos’

O colectivo de persoas xubiladas e pensionistas da CIG mobilizouse na mañá desta quinta feira nas cidades da Coruña, Lugo, Pontevedra, Vigo, Compostela e Ferrol para reclamar a derrogación das reformas das pensións. Denunciaron que estas reformas teñen provocado un deterioro da contía das súas pensións e que “agora, coa inflación disparada, a maioría non chegan a fin de mes”. Por isto, xubiladas e pensionistas exixiron esta quinta feira a revalorización das pensións co IPC real.

O vehículo que atropelou un corzo en Paradela (Foto: Garda Civil).
Agora

Un condutor que que duplicaba a taxa máxima de alcol atropela un corzo á altura de Paradela

Un condutor de 28 anos que duplicaba a taxa de alcoholemia permitida protagonizou un accidente ao atropelar un corzo cando circulaba pola estrada LU-633 ao seu paso polo municipio de Paradela (comarca de Sarria). Segundo informou a Garda Civil, o sinistro tivo lugar na estrada que une os concellos de Pedrafita e Palas de Rei. O condutor sifriu feridas leves, aínda que tivo que ser evacuado ao Hospital Lucus Augusti de Lugo.

Persoal de Massimo Dutti nunha concentración en Compostela (Foto: Europa Press).
Agora

A CIG gaña de novo as eleccións sindicais en Massimo Dutti con mais de 80% dos sufraxios

A Confederación Intersindical Galega (CIG) volveu gañar as eleccións sindicais nas tendas Massimo Dutti da Coruña. As candidaturas da central nacionalista lograron sete das nove delegadas que se elixían para o comité e obtiveron un apoio superior a 80% dos votos emitidos. Para a CIG este resultado é consecuencia e avala o traballo sindical realizado nos últimos anos, en especial a "loita iniciada para conseguir un incremento salarial digno".

Sede da Audiencia da Coruña (Foto: Google).
Agora

Piden nove e sete anos de cárcere para dous homes acusados de transportar case catro quilos de heroína

A Audiencia da Coruña xulga esta quinta feira dous homes acusados de transportar case catro quilos de heroína nun vehículo que foi interceptado en Narón. Desde entón, ambos os procesados permanecen en prisión provisional. Para eles, Fiscalía pide nove e sete anos de cárcere e senllas multas que ascenden a un millón de euros por un alixo de droga que, segundo o relato do ministerio público, podería alcanzar unhas ganancias no mercado de 391.201 euros nunha venda a terceiras persoas.

Presentación do Correlingua na Coruña. (Foto: Andy Pérez)
Agora

Case 2.000 alumnos e alumnas da Coruña participarán esta sexta feira no Correlingua

Arredor de 2.000 estudantes de centros educativos coruñeses participarán no Correlingua, cun percorrido entre Riazor e a Torre de Hércules, segundo informaron os seus promotores. Na cita estarán presente uns vinte centros educativos da cidade e concellos da comarca, como Arteixo, Cambre e Oleiros, entre outros. A saída terá lugar ás 11 horas desta sexta feira, en dirección á Torre de Hércules, onde terá lugar a festa final ao pé do monumento.

O presidente do PP, Alberto Núñez Feixoo, compartiu onte mesa, nun almorzo informativo en Madrid, con Isabel Díaz Ayuso. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)
Agora

Feixoo volverá á Galiza nunha campaña na que tamén se implicará Mariano Raxoi

O líder do PP, Alberto Núñez Feixoo, recorrerá todas as Autonomías do Estado español, segundo avanzou o coordinador xeral do partido e director da campaña electoral, Elías Bendodo. Así, Feixoo recalará de novo na Galiza. Aínda que a súa axenda aínda non está fechada e podería haber variacións nas datas, fontes dos populares sitúan a Feixoo na Galiza arredor do ecuador da campaña. Pola súa parte, Raxoi estará en Pontevedra o día 13, e o 14, en Compostela.

A deputada do BNG Montse Prado, acompañada das tamén deputadas Alexandra Fernández e Carmela González, e do candidato á Alcaldía de Vigo, Xabier P. Igrexas. (Foto: Nós Diario)
Agora

O BNG exixe retirar a indicación para atender urxencias pediátricas por vía telefónica na área de Vigo

O BNG rexistrou esta cuarta feira unha batería de iniciativas no Parlamento galego para exixir a Sanidade explicacións pola “intolerábel” indicación trasladada ao persoal da área sanitaria de Vigo para derivar a Enfermaría e a atención telefónica as urxencias de crianzas que chegan a centros de Atención Primaria onte non hai pediatras. Sanidade admite que se traballa cos profesionais para “matizar” esa “guía de actuación”, mais a formación nacionalista exixe a súa “retirada”.