Agora

Noa Díaz, Mercedes Rosón, José Manuel Laxe Tuñas e Eduardo Maragoto. (Foto: Nós Diario)
Agora

AGAL trasládalle ao PSdeG 12 propostas para incorporar á axenda dos Concellos

O secretario de Organización do PSdeG, José Manuel Laxe Tuñas, reuniuse esta cuarta feira co presidente da Associaçom Galega da Língua (AGAL), Eduardo Maragoto, para buscar puntos comúns de cara a impulsar as relacións culturais e económicas da Galiza co norte de Portugal e o mundo lusófono. Ambas as organizacións coincidiron na necesidade de desenvolver e darlle contido á Lei Paz Andrade. Así, Maragoto trasladou a Laxe Tuñas un documento con 12 propostas para incorporar á axenda dos Concellos.

Voluntariado atende persoas que acoden a buscar comida no almacén do Banco de Alimentos de Lugo. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
Agora

O Banco de Alimentos de Lugo estima que a fin de mes podería aceptar novas altas

O Banco de Alimentos de Lugo agarda solucionar os problemas de abastecemento de produtos alimenticios a finais do mes de maio para poder aceptar novas altas que, polo momento, limitan a súa capacidade. Será cando conclúan as accións de ‘Operación Kilo’, iniciativa de recollida de alimentos que realizan conxuntamente varias tendas de alimentación.

O AECT Río Miño estivo presente en Uruguai (Foto: Deputación de Pontevedra).
Agora

O AECT Rio Minho participa en Uruguai na creación dunha rede de concas hidrográficas transfronteirizas

O Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial (AECT) Rio Minho está a participar en Paysandú (Uruguai) nun encontro internacional no cal se formalizará a ‘Rede eurolatinoamericana para a gobernanza transfronteiriza de concas hidrográficas’, unha entidade que pretende facilitar o intercambio de coñecementos e favorecer a cooperación. O deputado de Cooperación Transfronteiriza na Deputación de Pontevedra e director do AECT Uxío Benítez, participou na xornada inaugural en liña.
Unha persoa preparándose para practicar ioga (Foto: Nós Diario).
Agora

As persoas con Covid persistente da área sanitaria de Ourense poden facer uso gratuíto dos servizos de fitness, pilates e ioga

As persoas que padecen Covid persistente pertencentes á área sanitaria de Ourense, Verín e o Barco de Valdeorras poderán acceder de modo gratuíto aos programas de fitness, pilates e ioga que oferta o Pazo dos Deportes Paco Paz. "A práctica deportiva continuada é unha axeitada ferramenta para mellorar a saúde e o benestar das persoas diagnósticadas de covid persistente", indican desde o Sergas e a Deputación de Ourense.
O rei Felipe VI durante unha mensaxe de noiteboa (Foto: Europa Press).
Agora

Erguer convoca unha concentración en Lugo para mostrar o "rexeitamento do estudantado" á monarquía

A organización estudantil, Erguer, Estudantes da Galiza, convoca esta sexta feira ás 12 horas, unha concentración para mostrar o “rexeitamento do estudantado” tanto á presenza do rei na cidade como á monarquía española por considerala "un réxime corrupto e anacrónico." A concentración terá lugar diante da Biblioteca Intercentros e desde a organización animan a todas as estudantes a sumarse a ela, mais tamén ao resto de organizacións soberanistas que “estean en contra da monarquía”.
O vehículo accidentado en Monforte (Foto: Garda Civil).
Agora

Investigan un condutor accidentado en Monforte que triplicaba a taxa máxima de alcol

A Garda Civil investiga un veciño de Castro Caldelas (comarca de terras de Caldelas) que deu positivo en alcol, con máis do dobre da taxa máxima permitida, despois que o vehículo que conducía sufrise un accidente á saída da estrada en Monforte de Lemos (comarca de Lemos). A Comandancia da Garda Civil de Lugo deu a coñecer o feito que ocorreu á altura do quilómetro 11,570 da estrada LU-903.

Porto exterior de Punta Langosteira. (Foto: Autoridade Portuaria da Coruña)
Agora

Continúan as tarefas de extinción do fogo no barco mercante en Punta Langosteira

Os bombeiros continúan traballando na extinción do incendio declarado a pasada terza feira na carga dun buque mercante que transportaba carbón e que se encontra no porto exterior de Punta Langosteira. Os servizos de extinción interromperon as súas tarefas ao redor das 23 horas da propia terza, cando aínda non fora extinguido na súa totalidade o fogo iniciado sobre as 11.20 horas da mañá e que obrigou a activar o plan de autoprotección nas instalacións situadas en Arteixo.

A falla de profesionais provoca as listas de agarda en Atención Primaria (Foto: Europa Press).
Agora

CSIF pide a Sanidade a retirada inmediata do XIDE por supor “un incremento de carga de traballo” para a Primaria

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF) exixiu esta terza feira a retirada inmediata do novo plan XIDE (Xestión Integral de Demanda en Equipo) de xestión de citas dos profesionais de Atención Primaria, xa que, segundo denuncia, supón “un incremento importante da carga de traballo dos centros de saúde”.

Medicamentos antibióticos (Foto: Europa Press).
Agora

Resolto o problema na plataforma de receitas que provocou fallos na venta de medicamentos

Un problema informático rexistrado na plataforma de expedir receitas do Servizo Galego de Saúde (Sergas) provocou durante varias horas fallos na venta de medicamentos en farmacias de toda a Galiza. A incidencia ficou resolta na tarde desta terza feira após varias horas de distorsións. As farmacias puideron emitir medicamentos “de maneira intermitente” utilizando un sistema secundario de continxencia.

Sede da Axega. (Foto: 112)
Agora

Declarado un incendio na carga dun barco mercante en Punta Langosteira

Os bombeiros interviñeron no incendio declarado na carga dun barco mercante no porto exterior de Punta Langosteira, segundo informa o 112. Nestes momentos, continúan traballando e levando a cabo tarefas de refrixeración para lograr a extinción do lume que se iniciou esta terza feira sobre as 11.40 horas e no que ninguén resultou afectado.

Abel Caballero na presentación da listaxe coa que concorre ás eleccións pola Alcaldía de Vigo. (Foto: Europa Press)
Agora

Caballero presenta “a mellor lista de todos os Concellos de España e de Europa”

O alcalde de Vigo e candidato á Alcaldía polo PSdeG, Abel Caballero, presentou esta terza feira nun acto público diante das obras do ascensor Halo a candidatura que o acompañará no proceso electoral do 28 de maio, unha listaxe que cualificou como “a mellor que se presentou nunca en ningún Concello de España e Europa”. Caballero afirmou ignorar se Pedro Sánchez fará campaña na cidade, pois el di ser "absolutamente autónomo".

Concello da Pontenova, na comarca da Mariña. (Foto: Turismo da Pontenova)
Agora

Localizado con vida e en bo estado de saúde o home de 99 anos desaparecido na Pontenova

O home de 99 anos que permanecía desaparecido desde o domingo na Pontenova (A Mariña) foi localizado no mediodía desta terza feira en bo estado de saúde. O nonaxenario, que faltaba do seu fogar desde a tarde do pasado 30 de abril, foi atopado minutos máis tarde das 14 horas desta terza feira a dous quilómetros da súa vivenda por integrantes do dispositivo de busca.

A edición de 2019 de correlingua (Foto: Correlingua)
Agora

Máis de 1.400 estudantes de infantil, primaria e secundaria reivindicarán o galego en Ponteareas co Correlingua

O Correlingua chega á vila de Ponteareas esta cuarta feira cunha andaina por varias rúas do centro e actividades no parque da Feira Vella. Máis de 1.400 nenas e nenos de educación infantil, primaria e secundaria de centros de ensino de Ponteareas, O Porriño, Tui e As Neves percorrerán a vila do Tea ao abeiro do Correlingua, unha iniciativa de concienciación, promoción e normalización da lingua galega nas aulas organizada pola CIG-Ensino, Asociación Sociopedagóxica Galega e a Mesa pola Normalización Lingüística
Sede do TSXG, na Coruña. (Foto: Xoán Roberes)
Agora

Condenan o Sergas a indemnizar a familia dunha doente que faleceu por cancro sen ser diagnosticada

O Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) confirmou a condena ao Sergas a aboar un total de 20.000 euros ao marido e aos dous fillos dunha muller de 56 anos que, en setembro de 2015, morreu por unha embolia ocasionada por un cancro de pulmón do que non chegou a ser diagnosticada.

A Sección Primeira da Sala do contencioso-administrativo do alto tribunal galego, nunha sentenza con data de 29 de marzo, estimou o recurso do cónxuxe e os proxenitores da falecida aínda que só parcialmente.

Rolda de prensa do comité de empresa de Urbaser Santiago, a pasada semana. (Foto: Europa Press)
Agora

Convocada folga indefinida en Urbaser Santiago a partir do próximo 15 de maio

O comité de empresa de Urbaser en Santiago de Compostela convocou unha folga indefinida do servizo de limpeza e recollida de lixo desde a vindeira segunda feira 15 de maio para reclamar que se cumpra o convenio e que "se manteñan os dereitos" que tiñan até o momento "desde hai 40 anos". "Queremos recalcar que isto non é unha folga económica, non pedimos unha subida salarial. Pedimos que se nos sigan mantendo os acordos que temos desde hai 40 anos. Agora quérennos eliminar todo", recalcan.

O portavoz parlamentar do PP, Pedro Pui, en rolda de prensa. (Foto: Nós Diario)
Agora

O portavoz parlamentario do PP, Pedro Pui, recoñece que a condución de Baltar "non é exemplar"

O portavoz parlamentario de PP galego, Pedro Pui, recoñeceu que "non é exemplar" conducir a 215 quilómetros por hora pola autovía, como fixo o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, a bordo do coche oficial da institución o pasado domingo 23 de abril e polo que xa foi sancionado pola vía administrativa e citado en xuízo rápido o 9 de maio.

Centro de atención de emerxencias do 112 Galiza (Foto: Xunta).
Agora

Arden dous vehículos após incendiarse un alpendre no municipio de Laxe

Dous vehículos terminaron calcinados no incendio rexistrado na tarde do luns nun alpendre situado no municipio de Laxe (comarca de Bergantiños).

Segundo o CIAE 112 Galiza, varios veciños do lugar de Boaño, na parroquia de Traba, chamaron á central de emerxencias para alertar do suceso.

As chamas afectaron un alpendre que albergaba dous coches e distintos obxectos, que arderon nun incendio que se saldou sen persoas feridas.

Segue en Nós Diario a evolución do prezo da luz. (Foto: Nós Diario)
Agora

O prezo da luz dispárase na xornada desta terza feira 76,7%, até os 108,40 euros/MWh

O prezo medio da luz para a clientela de tarifa regulada vinculada ao mercado almacenista repuntará esta terza feira 76,69% con respecto á segunda feira, até os 108,40 euros por megawatt hora (MWh).

Por franxas horarias, o prezo mínimo, de 81,97 euros/MWh, darase entre as 15 e as 16 horas mentres que o prezo máximo rexistrarase entre as 21 e 22 horas, cando será de 148,16 euros/MWh.

O candidato do BNG á Alcaldía de Vigo, Xabier P. Igrexas, a portavoz nacional, Ana Pontón, e a deputada nacionalista, Carmela González. (Foto: Javier Vázquez)
Agora

Pontón reclama unha “saída xusta” ante a crise de prezos e o “escandaloso beneficio empresarial”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reclamou unha “saída xusta” ante unha crise dos prezos “con escandalosos beneficios” para sectores como as eléctricas ou a banca, segundo expuxo na manifestación convocada pola CIG en Vigo con motivo do Día Internacional da Clase Traballadora. Pontón incidiu nas “dificultades” polas que pasa a clase obreira para chegar a fin de mes e destacou que “o incremento do beneficio empresarial está sete vez por riba dos salarios”.

Valentín González Formoso, secretario xeral do PSdeG, na manifestación decorrida en Vigo polo 1º de maio. (Foto: Javier Vázquez)
Agora

Formoso reivindica a xestión do Goberno español: “Estamos no bo camiño”

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, reivindicou a xestión do Goberno do Estado en material laboral, con motivo da mobilización do primeiro de maio en Vigo, á que asistiu xunto a outros dirixentes políticos. “Hoxe é un día de celebración, non é para estar totalmente satisfeitos pero si estamos no bo camiño para recuperar dereitos dos traballadores e das traballadoras”, sentenciou en declaracións á prensa.