Agora

Centro de atención de emerxencias do 112 Galiza (Foto: Xunta).
Agora

Unha muller resulta ferida de gravidade tras ser mordida por un can en Santiso

Unha muller resultou ferida de consideración ao ser mordida por un can no municipio de Santiso. Segundo informou o CIAE 112 Galiza, o suceso produciuse esta sexta feira. Até o lugar mobilizouse o helicóptero medicalizado de Urxencias Sanitarias 061 para atender a muller, que caeu ao chan despois de ser atacada polo can. A muller ferida foi recollida no centro de saúde de Melide para o seu traslado ao hospital.

Sede da Audiencia da Coruña (Foto: Google).
Agora

Xulgan un octoxenario acusado de matar o seu cuñado en Cabana de Bergantiños

A sección segunda da Audiencia da Coruña prepárase para os días 18 e 19, con Tribunal de Xurado, para albergar o xuízo contra un home de 85 anos acusado de homicidio do seu cuñado. Por uns feitos que se remontan a xuño de 2019 no domicilio familiar, en Cabana de Bergantiños, A Fiscalía pide dez anos de prisión, coa atenuante de lexítima defensa. O acusado, segundo recolle o escrito de cualificación fiscal, vivía no citado municipio xunto á súa irmá e o esposo desta, ambos os octoxenarios e alega que foi un acto de autodefensa.

A entrada do domicilio deste veciño de Orro (Culleredo), precintada pola Garda Civil. (Foto: TVG)
Agora

Achan sangue e un casco de bala no domicilio do veciño de Culleredo desaparecido a pasada semana

A Garda Civil mantén abertas todas as hipóteses en relación á desaparición dun veciño de Culleredo (comarca da Coruña) en cuxa casa atoparon restos de sangue e un casco de bala. Trátase dun home de 50 anos que falta do seu domicilio na zona de Orro desde a pasada sexta feira. Foron os seus familiares quen denunciaron a desaparición. Ao lugar desprazáronse axentes da Garda Civil que acharon os restos de sangue nalgunhas zonas da vivenda e o que podería ser un intento de limpar os mesmos. Sobre os fragmentos de munición, fontes próximas ao caso citadas pola axencia Europa Press precisaron que o home era "afeccionado ás armas". Aliás, o coche deste home tíñao un amigo ao que xa se tomou declaración.
triángulo coche accidente emerxencia estrada (Foto: Nós Diario)
Agora

Cortada a N-640 á altura de Silleda polo envorco dun camión de transporte de animais

O envorco dun camión de transporte de animais á primeira hora da mañá provocou o corte da estrada N-640 á altura de Silleda (Deza). O condutor non resultou ferido e puido saír da cabina coa axuda duns particulares que acudiron a auxilialo. Malia que os animais non escaparon, o sinistro provocou a vertedura de combustíbel e aceite, polo que se requiriu a intervención dos bombeiros do Deza. Eran pasadas as 6 horas da mañá cando un particular chamou o 112-Galiza para informar do envorco do camión ocorrido no quilómetro 186 da N-640. Nese momento, o vehículo ocupaba o carril dereito e o condutor xa estaba fóra.
Centro de atención de emerxencias do 112 Galiza (Foto: Xunta).
Agora

Morre atropelado un home de 50 anos na Pobra do Caramiñal

Un home de 50 anos de idade morreu a pasada noite ao sufrir un atropelo no municipio barbanzán da Pobra do Carmiñal. Segundo a información transcendida, ía sen chaleco reflector e estaba "tombado no medio da estrada" cando foi alcanzado polo coche. Ocorreu contra a medianoite no quilómetro 30,500 da estrada AC-305, que vai desde Ribeira até Padrón. O 061 mobilizou unha ambulancia de soporte vital básico con persoal de Atención Primaria. Con todo, só puideron confirmar o falecemento deste home.
José Manuel Baltar presidindo o pleno da Deputación de Ourense. (Foto: Agostime / Europa Press)
Agora

Baltar confirma que a Fiscalía pide que lle retiren o carné e que aboe unha multa

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, confirmou que Fiscalía pide, por mor do seu exceso de velocidade, que lle retiren o carné e que abone unha sanción económica, unha pena coa que está desconforme ao entender que está sustentada en argumentos xurídicos "perfectamente recurríbeis". De feito, confía en parar o proceso sen chegar ao xuízo.
Protestas dos traballadores das cociñas dos hospitais públicos vigueses (Foto: CIG).
Agora

Persoal de cociña dos hospitais de Vigo convoca folga indefinida para exixir que se manteñan os postos de traballo

O comité de empresa do servizo de cociña dos tres hospitais públicos de Vigo (Álvaro Cunqueiro, Meixoeiro e Nicolás Peña) anunciou a convocatoria dunha folga indefinida a partir do próximo día 18 de maio, co obxectivo de reclamar o mantemento de todos os postos de traballo. Todo iso, tal como indicou a CIG nun comunicado, ante a posibilidade de que se produzan despedimentos co cambio de concesión. O sindicado, que ten maioría no comité, explicou que a folga pretende tamén renovar a maquinaria das cociñas, polo que lembraron que a obrigación é da concesionaria do hospital.

Tractorada en Lugo, esta quinta feira. (Foto: TVG)
Agora

Unha tractorada de produtores de carne volve colapsar o centro de Lugo para reclamar "prezos xustos"

Produtores de carne colapsaron o centro de Lugo esta quinta feira cunha tractorada formada por uns 400 vehículos, segundo estimación da convocante Asociación de Gandeiros Galegos da Suprema, para reclamar "prezos xustos" e denunciar os "recortes" na nova Política Agraria Común (PAC). O seu presidente, Santiago Rego, denuncia que cobran polo quilo de carne 'Suprema' arredor de 5,70 euros, o que supón un euro menos do que lles custa producir e con prezos "de hai 30 anos", polo que esa cifra debería subir até uns 7 euros para non vender a perdas, o que sería "un prezo razoábel, sen contar loxicamente co beneficio que se pode ter como calquera traballador polo seu traballo".

O ministro español de Seguridade Social, José Luis Escrivá (Foto: Eduardo Parra / Europa Press).
Agora

Sindicatos convocan a primeira folga na historia da Seguridade Social ante a falta de medios

CCOO e CSIF anuncian a convocatoria para o 7 de setembro dunha xornada de folga de 24 horas en todos os centros da Seguridade Social, a primeira na historia deste organismo, ante a falta de efectivos, o atraso na xestión das prestacións e o incumprimento xeral dos acordos de persoal, segundo denuncian ambos os sindicatos. CCOO e CSIF, dando continuidade ao conflito no ámbito da Seguridade Social tras as convocatorias de mobilizacións e concentracións iniciadas ao longo do segundo semestre de 2022 e durante o ano 2023, levarán a cabo tamén paros parciais ao longo do mes de maio, todas as sextas feiras, de 10.30 a 11.30 horas, nos centros das entidades xestoras e servizos comúns.
Gas pementa. (Foto: Nós Diario)
Agora

Detido un veciño de Culleredo por esparexer gas pementa dentro dun autobús

A Garda Civil detivo un veciño de Culleredo (comarca da Coruña) como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria e outro de lesións, por esparexer gas pementa no interior dun autobús o pasado 24 de abril. Segundo informa o Instituto Armado, ocorreu nun autocar que cubría a liña A Coruña-Carral e o condutor viuse obrigado a deter a marcha e desaloxar os viaxeiros en Vilaboa. Algúns deles, de feito, sufriron lesións leves e precisaron asistencia sanitaria por irritación de ollos e gorxa. Dado que o autor dos feitos fuxiu ante a inminente chegada da Policía Local de Culleredo, a Garda Civil iniciou unha investigación para identificalo. A través de recoñecementos practicados a testemuñas prexudicadas, o Instituto Armado conseguiu dar co responsábel.
Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 da Galiza, no municipio da Estrada (Foto: Europa Press).
Agora

Un home resulta ferido en Forcarei tras carlle encima dunha perna o remolque dun tractor

Un home resultou ferido na localidade de Forcarei tras caerlle nunha perna o remolque do seu tractor. Tal como informou o 112 Galiza, o home traballaba na súa leira, situada no lugar de Pontefreixeira, cando sucedeu o accidente. Foi un particular o que alertou aos servizos de emerxencia, polo que á súa vez deron aviso aos profesionais de urxencias sanitarios e á Garda Civil. O home foi trasladado ao Hospital Montecelo.

Exames de oposición. (Foto: Europa Press)
Agora

Publícase o calendario dos exames de oposición para 1.500 prazas

A Xunta deu a coñecer esta cuarta feira o calendario dos exames de oposición para máis de 1.500 prazas ás que aspiran case 69.000 persoas. Os 24 exames das ofertas de emprego público para a Administración galega arrincarán o próximo 10 de xuño e estenderanse até o 9 de xullo.

A elas súmanse os procesos de estabilización que se desenvolverán entre setembro e marzo de 2024. Repartiranse da seguinte forma: cinco en setembro, 11 en outubro, cinco en novembro, dous en decembro, 25 en xaneiro, 12 en febreiro e un en marzo.

Un axente e un vehículo da Policía española. (Foto: Policía).
Agora

Incautan 300 quilos de hachís en Vilanova de Arousa

A Policía Nacional desenvolveu esta terza feira en Arousa un novo operativo contra o tráfico de droga que se saldou con dúas persoas detidas e unha importante cantidade de droga incautada.

En concreto, a intervención da Brigada Central de Estupefacientes tivo lugar na localidade de Vilanova de Arousa, unha área que hai só dúas semanas viviu outro grande operativo de loita contra o tráfico de cocaína, nese caso con 10 detidos.

Sinatura do acordo esta cuarta feira entre patronal e sindicatos (Foto: Ricardo Rubio / Europa Press).
Agora

CCOO e UXT asinan coa Patronal o acordo para a suba dos salarios até 2025

Os secretarios xerais Dos sindicatos CCOO e UXT, Unai Sordo e Pepe Álvarez, e os presidentes de CEOE e Cepyme, Antonio Garamendi e Gerardo Cuerva, respectivamente, subscribiron esta cuarta feira o V Acordo para o Emprego e a Negociación Colectiva (AENC) que recomenda unha sua salarial de 10% entre 2023 e 2025. O acordo deixou fóra o ano 2022, no cal os salarios perderon poder adquisitivo pola subida da inflación.

Camilo Franco, novo director do Culturgal.
Agora

Camilo Franco, novo director da feira Culturgal

Culturgal arrinca este 2023 cunha nova persoa á fronte: Camilo Franco. O xornalista cultural e escritor, "cun perfil transversal que engloba tamén a xestión cultural", destacan desde a organización, asume o posto de director cunha folla de ruta que responde ás bases da convocatoria lanzada pola directiva da feira o pasado febreiro, segundo a cal o cargo poderá prorrogarse varios anos. A 16ª edición da Culturgal —do 1 ao 3 de decembro—, adiantan, promete ser fiel á esencia da feira como un "escaparate integrador das culturas galegas orientado aos públicos".
Manifestación do funcionariado de Xustiza o pasado 4 de maio, en Madrid.
Agora

Funcionarios de Xustiza dan dez días ao Goberno español para evitar unha "folga total"

O funcionariado da administración de Xustiza acordou "endurecer" a súa postura de paros parciais diarios e de xornada completa puntuais que comezaron o pasado 17 de abril de forma indefinida para reclamar melloras salariais, advertindo agora de que pasarán a facer unha "folga total" a partir do 22 de maio se o Goberno español, nos próximos dez días, "non pon enriba da mesa unha proposta económica". Afirman que o seguimento das protestas segue a medrar e, consecuentemente, os xulgados acumulan milleiros de procedementos pendentes.
#alcol #alcolemia O condutor non tiña a idade legal para conducir. (Foto: Nós Diario)
Agora

Interceptado un menor que conducía baixo os efectos do alcol canda o seu pai, tamén ebrio

A Garda Civil de Ourense interceptou a pasada sexta feira un menor de idade que conducía un vehículo a pesar de carecer de permiso e que, ademais, estaba baixo a influencia do alcol. Ao mozo acompañábao o seu pai, que non puido facerse cargo do coche dado que tamén estaba ebrio. Os feitos sucederon contra as 23.45 horas no quilómetro 580 da estrada N-120, nas proximidades de Santa Cruz de Arrabaldo, en Ourense. Ao deter o coche, que se dirixía á localidade de Punxín, os axentes observaron que o seu condutor presentaba "síntomas evidentes de encontrarse baixo a influencia de bebidas alcólicas". De feito, arroxou un resultado positivo de 0,52 mg/l na primeira proba e de 0,51 mg/l na segunda.
Unidade móbil para a doazón de sangue. (Foto: ADOS)
Agora

O Sergas chama á doazón de sangue coas reservas de 0- e B- baixas

O Sergas fai esta cuarta feira un chamamento á doazón de sangue, tras constatar que ten en nivel baixo as reservas dos tipos 0 negativo e B negativo. Ademais, segundo traslada a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) nun comunicado, están en nivel normal os grupos A+, A- e 0+, mentres que só os B+, AB+ e AB- están nun bo nivel. Para poder atender todas as persoas doentes que, por calquera motivo, precisen unha transfusión, o Sergas estima que son necesarias unhas 500 doazóns diarias.
Donald Trump (Foto: C-Span / Zuma Press / Contactophoto)
Agora

Donald Trump é declarado culpábel de abusar sexualmente da escritora E. Jean Carroll

O xurado de Manhattan vén de declarar o ex presidente dos EUA Donald Trump como culpábel de abusar sexualmente da escritora E. Jean Carroll, aínda que non considera que houbese violación. O ex mandatario terá que pagar, por tanto, 2 millóns de dólares como indemnización. Trump, que rexeitou acudir ao xuízo, estaba acusado de agredir sexualmente a a columnista e de difamala despois afirmando que se inventou a historia. 

Tramo do circuíto de 'Mountain Bike' na Fracha, Pontevedra (Foto: Wikiloc).
Agora

Falece un ciclista de 51 anos tras sufrir unha caída nun circuíto de 'Mountain Bike' en Pontevedra

Un home faleceu esta terza feira ao sufrir unha caída cando practicaba ciclismo de montaña nuns circuítos situados no parque forestal da Fracha, en Pontevedra. O falecido é un home de 51 anos veciño de Cambados que saíu da súa casa pola mañá para realizar ciclismo, segundo confirmaron fontes dos servizos de emerxencia. Ante a tardanza, os seus achegados comezaron a buscalo e presentaron unha denuncia ante a Garda Civil. Unha persoa deu a voz de aviso tras localizar o seu corpo sen vida no circuíto de mountain bike da Fracha.