Agora

O equipo de cirurxía que usou o rotob para a extraccioón do páncreas (Foto: Chuac).
Agora

Extirpan por primeira vez na Galiza un cancro de páncreas con tecnoloxía robótica

O persoal do equipo de cirurxía xeral do Complexo Hopitalario Universitario da Coruña (Chuac) extirparon por primeira vez na Galiza un cancro de páncreas con tecnoloxía robótica. A paciente, unha muller de 60 anos, foi dada de alta e evoluciona de forma "moi satisfactoria" no seu domicilio, segundo informaron fontes hospitalarias. O médico adxunto do servizo de cirurxía xeral do Chuac Javier Aguirre explicou que esta operación é a técnica cirúrxica "máis complexa" de toda a patoloxía hepato-biblio-pancreática.

Un dos buses urbanos de Vigo calcinado o pasado 1 de maio (Foto: Policía Nacional).
Agora

Detidas dúas persoas pola queima de buses urbanos en Vigo, unha delas empregada de Vitrasa

A Policía Nacional detivo un home e unha muller como presuntos autores de dous delitos de incendio e estragos pola queima de dous autobuses urbanos en Vigo, sendo ela empregada da concesionaria municipal Vitrasa, dona dos vehículos calcinados. Tal e como informou devandito corpo de seguridade, os feitos remóntanse á madrugada do domingo 1 de maio, cando un autobús comezou a arder nunha céntrica rúa da cidade olívica, ficando totalmente calcinado.

Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 da Galiza, no municipio da Estrada (Foto: Europa Press).
Agora

Ferido un motorista tras impactar contra un vehículo en Vigo

Un motorista resultou ferido na mañá desta cuarta feira en Vigo tras impactar contra un coche na rúa Aragón, segundo informaron fontes do 112 Galiza. Os feitos ocorreron minutos antes das 11 horas á altura do número 221 da devandita vía. Foron os servizos de urxencias sanitarias os que alertaron ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias. A partir de aí deuse aviso á Policía Local de Vigo e aos Bombeiros da cidade olívica.

Recollida de probas no lugar no que foi asasinada a muller. (Foto: Gustavo de la Paz / Europa Press)
Agora

O detido polo asasinato dunha muller en Pontevedra pasa a disposición xudicial esta cuarta feira

O home detido na madrugada desta pasada segunda feira por supostamente matar unha muller cunha arma branca en Pontevedra pasará a disposición xudicial previsibelmente esta cuarta feira, segundo informaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG). Será o Xulgado de Instrución número 2 de Pontevedra, en funcións de garda, o que se encargue dos feitos.

A Deputación de Pontevedra devolveu estas pezas de Bouts a Polonia. (Foto: Rafa Estévez)
Agora

O espolio nazi dos cadros de Bouts e a devolución do Museo de Pontevedra a Polonia, ao cinema

Os cadros da Dolorosa e o Ecce Homo da escola de Dieric Bouts, espoliados polos nazis, e a súa devolución a Polonia por parte do Museo de Pontevedra saltarán ás pantallas proximamente. A produtora polaca Mewa Film vén de solicitar colaboración tanto ao Museo como á Deputación no proceso de documentación para elaborar esta peza audiovisual. Desde esta empresa cualificaron a actuación do ente provincial de "exemplar e respectábel" e quixeron incluíla no seu relato da historia destas pinturas.
Xuntanza de mulleres organizada polo BNG de Narón (Foto: Nós Diario).
Agora

O BNG de Narón organiza conversas sobre políticas de igualdade no ámbito municipal

A candidata á Acaldía polo BNG de Narón, Olaia Ledo, presentou as súas propostas en canto ás políticas de igualdade no Concello de Narón nunhas conversas nas cales estaban presentas mulleres da Marcha Mundial de Mulleres da comarca de Ferrolterra, doutras entidades que loitan a prol dos dereitos das mulleres, e veciñas do concello de Narón. Todas elas falaron das cuestións que é preciso mellorar para chegar a unha igualdade real. “As políticas de igualdade deben ser transversais e máis na administración máis próxima, por iso a a necesidade dunha técnica de igualdade”, comentou Ledo.

Lourenzo Fernández Prieto (Foto: Miguel Grandío / RAG).
Agora

O historiador Lourenzo Fernández Prieto ingresará o 3 de xuño na RAG como membro de número

Lourenzo Fernández Prieto (A Devesa-Ribadeo, 1961) ingresará o vindeiro sábado 3 de xuño na Real Academia Galega (RAG) como membro de número, ocupando a vacante producida no ano 2020 polo falecemento da poeta Luz Pozo Garza. A sesión extraordinaria pública terá lugar no teatro Jofre de Ferrol, a cidade onde creceu, a partir das 12 horas. A entrada é libre até completar o aforo do teatro e poderá seguirse tamén en directo na páxina web da Academia.

Entrada a estación de Autobuses de Lugo (Foto: Google Maps).
Agora

Interceptan un home cun paquete de cocaína na estación de buses de Lugo

A Policía Nacional detivo a fin de semana un home tras ser interceptado cun paquete de cocaína, de 160 gramos de peso, oculto na roupa na estación de autobuses de Lugo. Segundo informa o Corpo de Policía, ocorreu durante uns controis habilitados nas terminais da cidade. Nun destes dispositivos, os axentes observaron como unha persoa, ante a presenza policial, trataba de saír do seu campo de visión. Polo que foi identificado polos axentes.

Un temporal no pasado mes de decembro deixou ondas de até catro metros de altura. (Foto: Gustavo de la Paz / Europa Press)
Agora

Alerta amarela por vento na Costa da Morte esta terza e cuarta feira

Meteogaliza activa un aviso amarelo por vento no mar na Costa da Morte para as xornadas desta terza e cuarta feira días 23 e 24 de maio. Na xornada da terza feira prevese que o aviso estea activo a partir de mediodía e até a medianoite por un forte vento do nordeste, que será de forza 7. Xa na cuarta, o aviso amarelo estará activo durante as 24 horas tamén na Costa da Morte.

A ex presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva (Foto: Xan Carballa).
Agora

Carmela Silva gaba o Goberno PSOE-BNG e confía en repetilo: "Fixemos máis en oito anos que o PP en 40"

A presidenta do PSdeG e titular da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, asegurou esta segunda feira que "non hai ningunha dúbida" de que a Administración provincial "vai seguir gobernada polo Partido Socialista". "Que eu poida seguir sendo a presidenta da Deputación de Pontevedra é unha honra, estaría encantada. Non hai nada que me guste máis que ser a presidenta desta provincia", engadiu. Carmela Silva subliñou, aliás, que o do Partido Socialista e o BNG na Deputación de Pontevedra é "un modelo de goberno en toda Europa" no que foron "capaces de pór a provincia de Pontevedra por riba de todo". "Fixemos máis nós en oito anos que o Partido Popular en 40. Sería un drama para a provincia de Pontevedra que volvesen os caciques que gobernaban a Deputación", rematou.
Manuel Baltar
Agora

PSdeG e BNG volven exixir a "inmediata dimisión" de Baltar após coñecerse unha segunda multa

O PSdeG e o BNG volveron exixir esta segunda feira "a inmediata dimisión" do presidente da Deputación de Ourense e líder do PP neste territorio, Manuel Baltar, após coñecerse que o mesmo día en que foi interceptado en Zamora a 215 quilómetros por hora ao volante do coche oficial, o vehículo fora tamén multado por circular a 173 km/h pola mesma estrada (a autovía A-52) e aquel mesmo día, á altura de Allariz. O pasado día 11 de maio, o propio Baltar declaraba no xuízo rápido polo primeiro incidente despois de ter que aprazarse en até dúas ocasións. Finalmente declarou de maneira telemática ante a titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Poboa de Seabra.
Imaxe da Alameda de Compostela. (Imaxe: Arxina).
Agora

O menor acoitelado nas festas da Ascensión de Compostela recibe a alta

O menor agredido a pasada quinta feira nas inmediacións da Igrexa de Santa Susana, en Santiago de Compostela, recibiu esta fin de semana a alta médica. O mozo acudira ás Festas da Ascensión e resultou ferido cunha navalla na coxa esquerda. Por estes feitos, a Policía Nacional detivo o sábado o presunto autor dos feitos, un varón coñecido da vítima e tamén menor de idade. A Fiscalía de Menores foi informada dos feitos e, á espera do informe definitivo, decretou que o menor permaneza baixo a custodia dos seus pais.

Un helicóptero dos Gardacostas da Galiza. (Foto: Gustavo de la Paz / Europa Press).
Agora

Rescatados dous tripulantes dunha embarcación á deriva en Bueu

Dous tripulantes dunha embarcación que quedou á deriva na tarde deste pasado domingo foron rescatados polo helicóptero Pesca 1 do Servizo de Gardacostas da Galiza na localidade de Bueu. Tal como informou o 112 Galiza, os feitos ocorreron pasadas as 21.30 horas, cando un particular alertou de que unha embarcación pneumática estaba á deriva e se achegabaa unha zona de rochas de Bueu. Por iso, deuse aviso a Salvamento Marítimo e a Gardacostas, que desprazou a aeronave e un barco á zona.

O prezo da luza aumnenta esta segunda feira (Foto: Europa Press).
Agora

O prezo da luz triplica esta segunda feira e sitúase en 88,85 euros MWh

O prezo media da luz para os clientes de tarifa regulada vinculados ao mercado almacenista subirá esta segunda feira un 181,88% con respecto a este domingo, até os 88,85 euros por megawatt hora (MWh). Por franxas horarias, o prezo mínimo, de 73,64 euros/MWh, darase entre as 15 e 16 horas, mentres que o prezo máximo rexistrarase entre as 8 e 9 horas, cando será de 113,42 euros/MWh.

Oficina de Correos en Santiago de Compostela. (Foto: Nós Diario)
Agora

56.878 persoas solicitaron o voto por correo na Galiza para o 28-M

56.878 persoas ás que corresponde votar na Galiza nas eleccións municipais do 28 de maio solicitaron exercer este dereito por correo. Nos anteriores comicios locais, foran algo máis de 62.000. Por outra parte, a Xunta Electoral Central (XEC) accedeu á solicitude da Dirección Xeral de Dereitos das Persoas con Discapacidade de que se fagan chegar ás comunidades os kits de voto accesíbel para as persoas con discapacidade visual.
Voto en braille.
Agora

A Xunta Electoral garante o envío de 'kits' para votar en braille

A Xunta Electoral Central accedeu á solicitude da Dirección Xeral de Dereitos das Persoas con Discapacidade de que se fagan chegar a todos os territorios do Estado os kits de voto accesíbel para persoas con discapacidade visual. Estes kits deben chegar aos domicilios das persoas solicitantes con motivo das eleccións municipais do próximo 28 de maio, pois serán indispensábeis para que poidan exercer axeitadamente o seu dereito ao voto.
Rubén Pérez encabeza a lista de Podemos-Marea de Vigo. (Foto: Nós Diario)
Agora

Marea pide ao Concello de Vigo que se poña "do lado" das familias do 'Pitanxo'

A coalición Podemos-Marea de Vigo reclamou esta sexta feira ao Concello "que se poña ao lado das familias do Vila de Pitanxo, ante a neglixente xestión do Ministerio", en relación coa saída do buque Ártabro, que realizará a inspección do pecio en augas de Terranova. O cabeza de lista da Marea, Rubén Pérez, fixo estas declaracións durante unha repartición de propaganda electoral no barrio do Calvario, un polo de atracción de poboación migrante, "poboación que tamén traballa no sector do mar". Previamente acompañou os traballadores de Vitrasa na súa protesta diante do Concello: "Nin control público, nin exixencias para cumprir o prego en materia laboral, nisto si que falan os feitos do alcalde de Vigo".
Protesta de avogados de oficio esta sexta feira ante o Parlamento galego (Foto: Nós Diario).
Agora

Avogados de oficio protestan ante o Parlamento galego para reclamar "quendas dignas"

Esta sexta feira un grupo de avogados de oficio levou a cabo unha concentración ante o Parlamento galego en protesta por uns “quendas de oficio dignas”. Nas pancartas que este grupo de avogados portaba podíanse ler lemas como “sen avogados de oficio non hai xustiza gratuíta”. Axentes da Policía Nacional e da Policía Local achegáronse ao lugar pouco despois do inicio da protesta.

Veciños do nécleo de Parteme en Quiroga (Foto: Asociación de veciños de Parteme).
Agora

Traballos veciñais para pór en valor o rural esta fin de semana en Parteme, Quiroga

A Asociación de Veciños de Parteme, no Concello de Quiroga, convida este sábado 20 de maio a colaborar en traballos veciñais que culminarán cun xantar popular. O núcleo rural de Parteme, en Quiroga, está sendo coñecido estes últimos anos por noticias en que se dá a coñecer a súa situación de abandono municipal e a desatención. Os traballos consistirán en mantemento e limpeza no núcleo rural.
O prezo da luz aumenta alcanzou o máximo deste mes de setembro (Foto: Nós Diario).
Agora

O prezo da luz repunta esta sexta feira 16,4% até os 60,27 euros MWh

O prezo media da luz para os clientes de tarifa regulada vinculados ao mercado almacenista repuntará esta sexta feira 16,4% con respecto á xornada anterior, até os 60,27 euros por megawatt hora (MWh). Por franxas horarias, o prezo mínimo, de 30,87 euros/MWh, darase ao longo de tres horas do día, entre as 14 e as 17 horas, mentres que o prezo máximo rexistrarase entre as 22 e 23 horas, cando será de 95,17 euros/MWh.