Agora

Pleno Infantil no Parlamento da Galiza organizado por Aldeas Infantís SOS, ao abeiro do programa 'Deputados por un día'. (Foto: Nicolás Gómez Carballo)
Agora

Estudantes de Primaria votan como 'deputados' no Parlamento a favor da loita contra o cambio climático

A organización Aldeas Infantís SOS organizou esta segunda feira a xornada de 'Deputados por un día' no Parlamento da Galiza. 80 alumnos e alumnas de Primaria tornaron en 'parlamentarios' e proclamaron as súas propostas para sometelas a votación do hemiciclo infantil. En concreto, as e os estudantes, de catro centros educativos distintos —San Pelayo-Emma, de Santiago; Poeta Uxío Novoneyra, de Seoane do Courel; Pai Feijoo Zorelle, de Ourense, e Nazaret, de Cangas—, realizaron 12 propostas que logo votaron en urna para levalas a cabo na súa contorna. O compromiso máis apoiado polos alumnos foi a loita contra o cambio climático, reivindicando que se utilice máis o transporte público ou a bicicleta. Aliás, reflexionaron sobre a importancia e a responsabilidade na aplicación dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentábel (ODS) de Nacións Unidas, coa intención de fomentar o valor da Axenda 2030.

As últimas semanas de choivas e saraiba esnaquizaron a produción de cereixas. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
Agora

Os produtores de cereixa de Chantada perden as súas colleitas polas tormentas

Os produtores de cereixa da zona de Chantada e doutros municipios da zona como O Saviñao perderon as súas colleitas polas tormentas da última semana. Alfonso Regal, produtor de Pincelo, en Chantada, lamenta en declaracións á axencia Europa Press que a climatoloxía "fixo moito dano" en diferentes variedades desta froita, pois "abriu todas, non se puido coller nada e quedaron todas nas árbores". Explica que, "por desgraza, en parte da ribeira, en Santiago de Arriba e na Sariña, tamén caeu pedra", xusto nun momento de recollida no que a cereixa "estaba en condicións". Agora trasladarán a súa situación ao Concello de Chantada para que as diferentes administracións poidan axudar aos produtores pola campaña perdida.
Pasaxeiros no aeródromo santiagués. (Foto: Europa Press)
Agora

Os aeroportos galegos superan 2,2 millóns de pasaxeiros no que vai de ano

Os tres aeroportos galegos moveron entre xaneiro e maio máis de 2,2 millóns de pasaxeiros, 31,1% máis que no mesmo período do ano anterior, e operaron máis de 22.000 voos, o que supón un incremento de 13,6%. Así o reflicten os datos estatísticos feitos públicos por Aena, que apuntan datos positivos no cómputo xeral de usuarios. En conxunto, os tres aeródromos do país moveron até maio 2.204.208 pasaxeiros,

Ángela Rodríguez, secretaria de Estado de Igualdade. (Foto: Ricardo Rubio / Europa Press)
Agora

Yolanda Díaz 'veta' Ángela Rodríguez 'Pam' das listas de Sumar

A secretaria de Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero, Ángela Rodríguez ‘Pam’ foi, segundo avanzou a Cadena Ser na mañá desta segunda feira “vetada” por Yolanda Díaz para ir nas listas de Sumar pola circunscrición de Pontevedra. Nas anteriores eleccións estatais, ‘Pam’ ocupou o segundo posto nesa circunscrición precisamente detrás da actual líder de Sumar.

O prezo da luz aumenta alcanzou o máximo deste mes de setembro (Foto: Nós Diario).
Agora

O prezo medio da luz aumenta esta segunda feira 39% e marca o seu récord en xuño

O prezo medio da luz para os clientes de tarifa regulada vinculados ao mercado almacenista subirá esta segunda feira 39,26% con respecto a este domingo, até os 93,58 euros por megawatt hora (MWh), o nivel máis alto desde o pasado 29 de maio. Por franxas horarias, o prezo mínimo, de 78,70 euros/MWh, darase entre as 15 e as 16 horas, mentres que o prezo máximo rexistrarase entre as 21 e 22, cando será de 116,93 euros/MWh.No que vai de mes de xuño, o prezo medio do 'pool' sitúase nunha media de algo máis de 82 euros/MWh, menos da metade dos 195,45 euros/MWh do mesmo mes do ano pasado.

Vehículo da Garda Civil. (Foto: Europa Press)
Agora

Dous homes atrinchéiranse nun piso en Boiro tras presuntamente agredir unha moza

Dous homes permanecen atrincheirados nun piso da avenida de Barraña, na localidade de Boiro (comarca da Barbanza), após agredir, presuntamente, á parella dun deles. Segundo puido confirmar a axencia Europa Press, a muller logrou saír da vivenda, mentres no interior aínda se atopan atrincheirados os presuntos agresores, dous irmáns.Nestes momentos, nos exteriores do inmóbel hai varias patrullas da Garda Civil e un equipo de negociación para que abandonen voluntariamente o piso.

Imaxe do accidente mortal en Poio (Foto: Garda Civil).
Agora

Falece en Poio unha muller tras envorcar o seu vehículo nun accidente de tráfico

Unha muller, M.T.R.B. de 67 anos de idade e veciña de Zaragoza, faleceu na tarde desta sexta feira na localidade de Poio tras saír da vía o vehículo en que viaxaba. Tal como informou a Garda Civil, os feitos ocorreron no punto quilométrico 9 da estrada PO-308, que une Pontevedra con Sanxenxo, ao seu paso por Poio. O vehículo saíu da vía e chocou, polo que terminou envorcando tras o impacto.

O ministro Alberto Garzón, nun acto decorrido o pasado decembro. (Foto: Europa Press)
Agora

Esquerda Unida confirma que concorrerá xunto con Sumar ás eleccións estatais

O ministro de Consumo do Goberno español e coordinador da formación Izquierda Unida, Alberto Garzón confirmou mediante un comunicado que a súa organización alcanzou un acordo para concorrer xunto con Sumar ás eleccións estatais do 23 de xullo. Garzón indica no comunicado que a formación que coordina terá deputadas e deputados no futuro grupo parlamentario e que “traballarán con autonomía”.

As organizacións agrarias advirten de que dentro das poligonais eólicas hai terras de cultivo e pastoreo afectadas. (Foto: Arxina)
Agora

Adega inicia unha recollida de fondos para recorrer os parques eólicos Campo das Rosas e Porto Vidros

A asociación ecoloxista Adega chama esta sexta feira á colaboración cidadá no marco da campaña Ti podes paralos, destinada a recadar fondos para recorrer ante o Tribunal Superior de Xustiza da Galiza "boa parte" dos 75 parques eólicos autorizados pola Xunta nos últimos meses. Os últimos que sitúa no albo son os proxectos Campo das Rosas, na Estrada, Cerdedo-Cotobade e Campo Lameiro, e Porto Vidros, nestes dous últimos concellos, aprobados esta semana polo Goberno galego. Alerta de que forman un 'macroparque' que "poñen en risco o fogar e o patrimonio cultural e natural das bestas de Sabucedo".
A vicepresidenta segunda e ministra de Traballo e Economía Social do Estado español, Yolanda Díaz. (Foto: Fabián Simón Europa Press)
Agora

Sumar estampará o rostro de Yolanda Díaz nas súas papeletas

As papeletas electorais de Sumar ás eleccións estatais do próximo 23 de xullo levarán unha imaxe do rostro da vicepresidenta segunda e candidata á Presidencia do Goberno español, Yolanda Díaz. Optouse por esta estratexia para todas as circunscricións tanto nas eleccións ao Congreso como ao Senado. Sumar recorre así a esta práctica que no seu día usaron o ex líder de Podemos, Pablo Iglesias, nos seus primeiros comicios; o deputado e líder de Máis País, Íñigo Errejón, en 2019; a ex deputada andaluza Teresa Rodríguez, ou a ex alcaldesa de Madrid, Manuela Carmena.
Lilith Verstrynge, Ione Belarra e Idoia Villanueva, de Podemos. (Foto: Fernando Sánchez / Europa Press)
Agora

A militancia de Podemos avala negociar a confluencia con Sumar

Até 92,92% dos rexistrados de Podemos que votaron na consulta exprés do partido avalaron que a Executiva teña plenos poderes para decidir sobre as negociacións e posíbel acordo con Sumar, o partido impulsado pola vicepresidenta Yolanda Díaz, segundo vén de informar a formación morada. Concretamente, un total de 49.089 persoas rexistradas votaron 'si' a esta opción, mentres que outros 3.568 (6,75%) opuxéronse, con unicamente 177 votos en branco. En total, participaron 52.829 simpatizantes e militantes de Podemos.
Pérez Xácome durante unha rolda de prensa (Foto: Agostime / Europa Press).
Agora

A Democracia Ourensá de Xácome non concorrerá ás eleccións estatais

Democracia Ourensá, o partido do alcalde en funcións de Ourense, Gonzalo Pérez Xácome, non concorrerá ás eleccións estatais do próximo 23 de xullo. Nun comunicado, a formación sinala que, igual que xa sucedera en convocatorias anteriores, deixará pasar de longo estes comicios. Aliás, non pedirá o voto para ningún outro partido, malia que aposta por que gañe "aquela formación que máis defenda os intereses de Ourense" ao considerar que "é, por desgraza, a eterna cincenta". A formación de Xácome non concorreu tampouco ás eleccións galegas do 2020 após acordalo co PP, que o investiu alcalde.
Parque eólico na serra do Xistral. (Foto: Luís Vilanova)
Agora

A Xunta publica novas autorizacións a parques eólicos nas comarcas de Pontevedra e o Deza

O Diario Oficial da Galiza (DOG) publicou esta quinta feira novas autorizacións para parques eólicos nas comarcas do suroeste do país, sumándose así ás recollidas tamén esta semana noutras zonas do territorio galego. En concreto, publicouse a resolución da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais para parques eólicos. Trátase das autorizacións administrativas previas e autorización de construción, nun caso para as instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Monte Peón, na Lama (comarca de Pontevedra), un proxecto promovido por Naturgy Renovables S.L.U., mentres que tamén se publica o solicitado por Aldesa Enerxías Renovables de Galicia en Mesada, no concello de Vila de Cruces (comarca do Deza).
Un xendarme francés (Foto: Nós Diario).
Agora

Un home acoitela seis persoas nun parque en Francia, entre elas catro crianzas

Polo menos seis persoas resultaron feridas, entre elas catro crianzas, por un apuñalamento múltiple perpetrado esta quinta feira nun parque da localidade francesa de Annecy, no sueste do país, segundo fontes policiais que confirmaron tamén a detención do principal sospeitoso. O ataque tivo lugar nun parque e os menores agredidos tiñan entre 22 meses e tres anos e, segundo as fontes citadas por Franceinfo,

Ione Belarra e Yolanda Díaz. (Foto: Isabel Infantes / Europa Press)
Agora

Podemos lanza unha consulta ás súas bases sobre confluír con Sumar e que a Executiva tome a decisión final

Podemos vén de lanzar unha consulta exprés ás súas bases para que se pronuncien sobre a forma na que concorrerán nas eleccións e se comparten a negociación e posibilidade de acordo con Sumar, así como que a última decisión recaia na dirección estatal. A votación estará aberta desde esta quinta feira e até as 10 horas desta sexta, segundo apuntou a líder do partido morado e ministra de Dereitos Sociais, Ione Belarra. "Aceptas que o Consello de Coordinación de Podemos, seguindo o criterio de unidade que marcou o Consello Cidadán Estatal, negocie con Sumar e, no seu caso, acorde unha alianza electoral entre Podemos e Sumar?", expón a pregunta trasladada á militancia.
Pazo de Raxoi
Agora

O Ateneo de Santiago pide un goberno "sólido e maioritario" na capital

A Xunta Directiva do Ateneo de Santiago vén de difundir un manifesto no que aposta pola conformación na capital galega dun goberno municipal "sólido e maioritario" que permita "liderar e afrontar os retos de futuro dunha cidade que non pode quedar paralizada por un goberno en minoría", algo que considera que aconteceu cos últimos gobernos de PP, CA e PSdeG. O Ateneo chama a "pór os intereses da cidade por riba dos propios das distintas forzas" e pactar "un programa de goberno consensuado, un xusto reparto de responsabilidades e un compromiso de solidariedade e lealdade que xere confianza nos composteláns".
A presidenta do Perú, Dina Boluarte. (Foto: Goberno do Perú)
Agora

Boluarte nega ser responsábel dos asasinatos pola represión policial e militar no Perú

A presidenta peruana Dina Boluarte rexeitou na madrugada desta cuarta feira na Fiscalía calquera responsabilidade pola morte de arredor de 50 persoas froito da represión militar e policial das protestas que pedían eleccións inmediatas, chegando a afirmar que tivo coñecemento delas polos medios de comunicación. Pola súa parte, o equipo legal das vítimas denunciou que o interrogatorio da Fiscalía "deixou moito que desexar".
#celta Unai Núñez seguirá en Vigo un ano máis en calidade de cedido. (Foto: Europa Press)
Agora

Celta: Unai Núñez, 'dentro'; Hugo Mallo, 'fóra'

Confirmada a permanencia hai menos dunha semana, o foco da actividade do único conxunto galego na Primeira División concéntrase nos despachos. En apenas 24 horas coñeceuse a marcha do director xeral e man dereita do presidente Mouriño, Antonio Chaves, así como a saída —aínda non oficializada— do capitán Hugo Mallo e a continuidade do central Unai Núñez. Este último seguirá na entidade olívica en calidade de cedido, abrindo a porta a que o defensa de Sestao de 26 anos pase definitivamente a ser propiedade do Celta ao remate da tempada 2023/24. Esa será a primeira, salvo cambio radical de última hora, na que Hugo Mallo non milite no club no que se formou desde o seu debut na 2009/10, pois Iago Aspas anticipou que "marcha unha parte do escudo".
Marta Fernández-Tapias encabezou a lista do PP en Vigo. (Foto: Nós Diario)
Agora

Marta Fernández-Tapias rexeita liderar a lista do PP ao Congreso

A presidenta do PP de Vigo, candidata á Alcaldía e delega da Xunta da Galiza nesta cidade rexeitou nesta cuarta feira liderar a lista do PP ao Congreso español pola circunscrición electoral de Pontevedra. Fontes populares sinalan que Fernández-Tapias renunciaría a ser candidata ao Congreso para "centrarse no traballo en Vigo", se ben é certo que acceder a ser deputada apartaríaa de vez da carreira para ser presidenta da Deputación de Pontevedra, un posto polo que compite con Luís López 'Lugués'.
Rafael Zas Arregui, novo director da Misión Biolóxica da Galiza. (Foto: CSIC)
Agora

Rafael Zas Arregui, novo director da Misión Biolóxica de Galicia

A Presidencia do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) nomeou Rafael Zas Arregui (Santiago, 1971) como novo director da Misión Biolóxica da Galiza. Este é o instituto de investigación máis antigo do CSIC no país e conta con sedes en Compostela e Pontevedra. Zas Arregui releva no cargo, tras permanecer desde xullo de 2022 como director provisional, a Elena Cartea González, quen nesa data foi nomeada vicepresidenta adxunta de Áreas Científico-Técnicas do CSIC.