Agora

Presentación do SolporSon, en Ames.
Agora

A Quinkillada, Jinetes del Trópico e Señora DJ protagonizan un novo SolporSon en Ames

A parroquia de Biduído, en Ames (comarca de Santiago) celebra o próximo 8 de xullo máis unha edición do SolporSon, cun cartel protagonizado este ano pola Quinkillada, Jinetes del Trópico e Señora DJ. Entre as 22 e as 3 horas da madrugada, a veciñanza gozará deste evento con entrada libre e gratuíta no campo da festa de Biduído. O Concello habilitará un servizo de autobús para se desprazar desde O Milladoiro e Bertamiráns, ida e volta.
Xulgados de Santiago (Foto: Nós Diario).
Agora

Un home é condenado a cinco anos e 11 meses de prisión por acoitelar un veciño en Silleda

Un veciño da localidade de Silleda (comarca do Deza) aceptou unha condena de 5 anos e 11 meses de prisión tras recoñecer ser autor dun delito de tentativa de homicidio, por asestar dúas puñaladas a outro home en xullo de 2021. Ademais deberá pagar unha indemnización de 15.000 euros á vítima e abonar os gastos ocasionados ao Servizo Galego de Saúde (Sergas). O Ministerio Público ha incluíu a atenuante de alteración psíquica e rebaixou a súa petición de pena.

A alerta desactivada pola desaparación de Vanesa Asorey (Foto: SOS Desaparecidos).
Agora

Localizan a muller de 35 anos desaparecida desde a terza feira en Compostela

SOS Desaparecidos desactivou na noite da cuarta feira a alerta pola desaparición de Vanesa Asorey Méndez, a muller de 35 anos de idade que estivo en paradoiro descoñecido desde a terza feira en Santiago. A Policía Nacional abrira unha investigación por mor da denuncia da súa parella, despois de voltar á casa do traballo constatar que a parella non estaba no domicilio. Non se descartaba "ningunha hipótese", tampouco a marcha voluntaria.

Forno de fundición en Megasa, cuxa produción está paralizada polos custos da luz. (Foto: Nós Diario)
Agora

A planta de Megasa carece de data de reapertura após a fuga radioactiva

O presidente do comité de empresa de Siderurxia Megasa en Narón, Carlos Bascoy (UXT), destacou esta cuarta feira a tranquilidade entre o persoal, despois de que se coñecese que o día 8 a planta sufriu unha fuga dunha fonte radioactiva de Cesio-137, o que obrigou a paralizar a produción. Bascoy sinalou que o comité "estivo informado en todo momento, tanto pola dirección de empresa como polas reunións que se mantiveron co Consello de Seguridade Nuclear (CSN)", do incidente. "Agora o CSN fala das medicións dos traballadores, mais nun primeiro momento, nas reunións mantidas non se nos falaba de que fose nada relevante, todo o contrario". "No noso caso ninguén está exposto, o material que deu alarma, cuns valores moi baixos, está perfectamente illado, polo que non se pode achegar ninguén", destacou. Polo momento, a produción está paralizada e hoxe cumprirase unha semana sen actividade, descoñecéndose por agora cando se poderá retomar.
Alfonso Rueda e Manuel Ruiz, nun acto de campaña.
Agora

Manuel Ruiz será candidato ao Senado e afástase da Alcaldía de Ribeira para facilitar que o PP goberne

O alcalde de Ribeira, o popular Manuel Ruiz Rivas, deu un paso atrás esta cuarta feira, a tres días de se constituíren as corporacións locais, co obxectivo de facilitar que o PP poida manter o bastón de mando no municipio. Malia que aínda non hai acordo, cre que a súa renuncia permitirá que se viabilice o pacto cos independentes do PBBI, creado por disidentes do Partido Popular desconformes con Ruiz. Este anuncio prodúcese no mesmo día en que se coñeceron as listas do PP, nas que foi incluído para o Senado.
Diego Luis Díaz Méndez, do PSOE, e Antonio Negreira Noya, de Anova, serán as cabezas visíbeis do goberno do Val do Dubra.
Agora

PSOE e Anova gobernarán xuntos en Val do Dubra

O Concello de Val do Dubra (comarca de Santiago) terá durante os próximos catros anos un Goberno bipartito formado por PSdeG-PSOE e Anova liderado polo socialista Diego Luís Díaz Méndez. Nas eleccións municipais, PSdeG e Anova obtiveron tres edís cada un e o PP, cinco. Os socialistas, encabezados por Díaz, e Anova, con Antonio Negreira Noya, anunciaron esta cuarta feira en rolda de prensa un acordo para conformar o Executivo. Dividiron as responsabilidades de goberno de forma equitativa: tres áreas para cada formación.

Visitantes nos xardíns do pazo de Meirás. (Foto: Concello de Sada).
Agora

Suspendidas as visitas ao pazo de Meirás mentres os Franco retiran os bens autorizados polo xulgado

As visitas ao pazo de Meirás quedan suspendidas desde esta quinta feira, día 15, e até novo aviso debido ás dilixencias xudiciais polas que a familia Franco poderá retirar a partir do 26 de xuño os bens autorizados polo xulgado. Vén de notificalo o Concello de Sada, que é o encargado de xestionar as visitas despois de que a propiedade pasase, de maneira provisional, ao Estado. Recibirán un aviso as persoas que xa tiñan feita a reserva e o Concello pide desculpas por esta situación. O Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña fixou o 26 de xuño como a data a partir da cal os Franco poderán retirar os bens autorizados, alén daqueles sobre os que non estivo en discusión a propiedade ou que non se reclamaron.
Agarimoso saúdo entre a conselleira do Mar saínte, Rosa Quintana, e o portavoz do PP na Cámara, Pedro Pui. (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press)
Agora

Pedro Pui, "encantado" de "botar unha man" a Feixoo no Congreso

O portavoz parlamentario do PP da Galiza, Pedro Pui, mostrouse esta cuarta feira "encantado" de poder "botar unha man" ao líder do Partido Popular a nivel estatal, Alberto Núñez Feixoo, e asegurou que traballará no Congreso "en defensa da Galiza". En declaracións aos medios nos corredores da Cámara galega, logo de coñecerse que concorrerá nas listas do PP ao Congreso como número tres pola circunscrición de Pontevedra, Pui recoñeceu que lle dá "mágoa" deixar o Pazo do Hórreo, mais tamén se mostrou ilusionado co "novo reto" que ten diante.
Os nacementos baixan con respecto ao ano pasado (Foto: Nós Diario)
Agora

Os nacementos na Galiza aumentan 2,5% en abril mais baixan 2,1% no que vai de ano

Galiza rexistrou 1.126 nacementos o pasado mes de abril, o que supón 2,5% máis que os 1.098 bebés contabilizados no mesmo mes de 2022, segundo datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE). Desta maneira, os nacementos crecen no país, a pesar de que a nivel estatal diminuíron 1% en abril, con 25.141 nenos. No que vai de ano, rexistráronse na Galiza 4.474 bebés, 2,1% menos que no mesmo período do exercicio previo, mentres que no total do Estado esta caída foi de 1,75%, ata 103.443 nenos.

A droga e armas incautadas en Compostela (Foto: Policía Nacional).
Agora

Dous detidos após a desarticulación dun punto de venda de droga en Compostela

A Policía Nacional desarticulou un punto de venda de drogas en Santiago de Compostela nun operativo no cal foron detidas dúas persoas por tráfico de estupefacientes, concretamente cocaína e heroína. A unha delas impútaselle tamén tenencia ilícita de armas. O corpo policial, segundo informa, detectou a presenza dun posíbel punto negro de venda na capital galega grazas a un dispositivo dentro do plan de resposta contra o tráfico retallista e consumo de drogas.

Verónica Martínez Barbero
Agora

A directora xeral de Traballo con Díaz, Verónica Martínez Barbero, número un de Sumar en Pontevedra

A até esta terza feira directora xeral de Traballo con Yolanda Díaz no Ministerio, Verónica Martínez Barbero, será a cabeza de lista de Sumar pola circunscrición de Pontevedra e, xunto a ela, confírmase a doutora en Ciencia Política e presidenta do partido que auspicia a candidatura, Marta Lois, para liderar a candidatura da Coruña. Os números un da Coruña e Pontevedra estaban 'reservados' para Sumar, ao que hai que engadir o posto número 2 da provincia coruñesa tamén.
Os equipos de PSOE e BNG reuníronse esta terza feira no Pazo de Raxoi. (Foto: Concello de Santiago)
Agora

O PSOE confirma que non entrará no Goberno de Goretti Sanmartín en Santiago

O PSOE de Santiago confirmou formalmente ao BNG que non entrará no Goberno local nunha reunión mantida esta terza feira, logo de que a alcaldábel nacionalista, Goretti Sanmartín, destacase que conta cun "equipo sólido" para dirixir a cidade e insistise en que a porta queda "aberta" para os socialistas. "Temos un equipo de goberno sólido e cohesionado que marcará un cambio de rumbo para transformar a capital galega, que traballará en diálogo cos axentes sociais e cos veciños para adoptar as decisións estratéxicas de Santiago de Compostela a partir de agora", defendeu, reiterando a súa vontade de formar un goberno "o máis amplo posíbel, atendendo ao resultado do sentir maioritario dos veciños".
Caranguexo americano. (Foto: CSIC)
Agora

Retiran do encoro de Cecebre 1.000 cangrexos americanos, unha das especies invasoras "máis perigosas"

A Xunta colabora na retirada de máis dun milleiro de caranguexos americanos (Procambarus clarkii) do encoro de Cecebre, situado na reserva da biosfera Mariñas e Terras do Mandeo, co fin de pór coto a esta especie exótica invasora, unha das "máis perigosas" da Galiza, e controlar o seu impacto sobre a biodiversidade autóctona. O obxectivo é comprobar se con esta actuación poden diminuírse localmente as densidades da especie invasora e se esta redución ten un efecto apreciábel na mellora das condicións das zonas onde se realizaron, tales como a recuperación das poboacións de macroinvertebrados acuáticos (libélulas) e de anfibios, a rexeneración da flora nas beiras da zona húmida e a atenuación dos efectos erosivos nas ribeiras.
Pleno da Deputación da Coruña (Foto: Deputación da Coruña)
Agora

Os premios literarios da Deputación da Coruña reciben máis de 470 obras

A Deputación da Coruña recibiu un total de 473 obras nos seis premios literarios convocados este ano. Estes son Manuel Murguía de Ensaio, Castelao de Banda Deseñada, Rafael Dieste de Teatro, Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil e Torrente Ballester de Narrativa. Entre os meses de xuño e novembro, reuniranse os xurados de cada un dos certames para conceder os galardóns. Os premios contan cunha dotación económica de 62.500 euros.

Unha alfombra do corpus con desperfectos en Gondomar (Foto: Garda Civil).
Agora

Identifican un mozo que destrozou co seu coche as alfombras do Corpus en Gondomar

A Garda Civil de Gondomar identificou un mozo de 20 anos acusado de esnaquizar co seu coche as alfombras florais preparadas na localidade con motivo da festividade do Corpus Cristi. Os feitos sucederon na madrugada do domingo, cando o mozo pasou co seu vehículo sobre as alfombras tras saltar un sinal de prohibido o paso, outro de dirección obrigatoria e varios valos metálicos que protexían as alfombras florais do Corpus na Rúa Eduardo Iglesias.

Centro de atención de emerxencias do 112 Galiza (Foto: Xunta).
Agora

Dúas evacuadas, unha con síntomas de inhalación de fume, por un incendio nun piso en Lugo

Dúas mulleres tiveron que ser evacuadas, unha delas con síntomas de inhalación de fume e outra cunha crise de ansiedade, ao producirse un incendio nunha das vivendas dun edificio en Lugo. Todo ocorreu pasadas as 19.30 horas da tarde do luns, cando varios veciños puxéronse en contacto co 112 Galiza para alertar deste fogo rexistrado no quinto piso dun inmóbel da Avenida de Garabolos. De feito, un dos alertadores explicaba que os ocupantes permanecían no interior do domicilio, do que saía un fume negro pola porta.

Entrada ao Valle de Cuelgamuros (Comunidade de Madrid), esta segunda feira. (Foto:  Gustavo Valiente / Europa Press)
Agora

Inician os traballos forenses para exhumar 128 vítimas da Guerra Civil española

Esta segunda feira comezaron no Valle de Cuelgamuros, en Madrid, os traballos de exhumación de 128 vítimas da Guerra Civil española, a maioría asasinadas polas forzas franquistas, reclamadas polas súas familias, despois de que o 13 de marzo o Tribunal Supremo rexeitara un recurso da extrema dereita e avalara os traballos forenses. Estas exhumacións estaban contempladas na Lei de Memoria Democrática de 2022.
Estado no que quedou o autobús após o sinistro. (Foto: Gustavo de la Paz / Europa Press)
Agora

O Goberno español asigna melloras á estrada N-541, na que accidentou un autobús en Noiteboa

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma) vén de formalizar por 7,7 millóns de euros un contrato para a execución de conservación en estradas do Estado na provincia de Pontevedra. Entre esas actuacións inclúese a mellora da estrada N-541 que une Ourense con Pontevedra, vía na que accidentou un autobús na Noiteboa de 2022, deixando sete falecidos, ao seu paso por Cerdedo-Cotobade (comarcas de Terra de Montes e Pontevedra). Esta traxedia deu lugar a que diferentes Alcaldías polas que discorre a vía impulsasen un pacto para reclamar a súa reforma ao Goberno estatal. Agora, haberá reforzo de firmes e implantación de sistemas de contención, entre outras accións.
Pedro Blanco, avogado de UXT. (Foto: TVG)
Agora

O avogado de UXT, Pedro Branco, será o novo delegado do Goberno, segundo a 'SER'

A obrigada remuda na Delegación do Goberno español na Galiza por mor da saída de José Ramón Gómez Besteiro, que deixará o cargo tres meses despois para encabezar a lista do PSOE ao Congreso por Lugo, ten xa un protagonista. O novo delegado, segundo vén de avanzar a Cadena SER, sería o avogado e asesor xurídico do sindicato UXT na Galiza, Pedro Branco. Unha decisión que ratificaría esta mesma terza feira o Executivo de Pedro Sánchez na reunión semanal do seu Consello de Ministros.
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, durante a noite electoral. (Foto: César Arxina / Europa Press)
Agora

Pontón: "A irrelevancia política de Rueda é tal que até lle cambian o Goberno desde Madrid"

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, afirmou esta segunda feira nas súas redes sociais que o presidente da Xunta e do PPdeG, Alfonso Rueda, é "irrelevante" politicamente falando, até tal punto, dixo, "que lle cambian o Goberno desde Madrid". Pontón fixo este comentario logo de coñecerse que o vicepresidente primeiro e titular de Economía de Rueda, Francisco Conde, vaia encabezar a lista do PP ao Congreso por Lugo nas vindeiras eleccións estatais, o que obriga a unha crise de goberno na Xunta. A dirixente nacionalista concluíu: "Se non é capaz de dirixir o seu partido nin é capaz de marcar os tempos no seu Executivo, menos é capaz de dirixir Galiza".