Agora

O uso da máscara en exteriores deixou de ser obriogatorio con carácter xeral a primeiros de febreiro.
Agora

A máscara deixa de ser obrigatoria após a publicación no BOE da orde que pon fin á crise sanitaria

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou esta cuarta feira a Orde SND/726/2023 pola que se dá por finalizada a crise sanitaria ocasionada pola Covid-19 e que pon fin á obrigatoriedade do uso das máscaras en centros de saúde, hospitais, farmacias e centros sociosanitarios. A norma entra en vigor tras a reunión do Consello de Ministros desta terza feira que acordou, ao abeiro do ditame do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias, declarar "controlada" a enfermidade xa que, "malia que aínda segue presente, xa non supón unha situación de crise sanitaria", precisou o ministro de Sanidade, José Miñóns.
Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, esta quinta feira na presentación da Festa dos Libros. (Foto: Concello de Pontevedra)
Agora

O Concello de Pontevedra avanza que seguirá "loitando" nos tribunais contra a permanencia de Ence

O Concello de Pontevedra asegurou que xa estuda o seguinte paso xudicial para "seguir loitando" contra a permanencia de Ence na ría após coñecer o último auto do Tribunal Supremo, que desde o Goberno de Miguel Anxo Fernández Lores consideran "contrario" aos intereses municipais tal e como foi a sentenza. "A resolución era previsíbel e incluíase dentro da folla de ruta xudicial elaborada polo Concello", precisaron a última hora desta terza feira desde o consistorio, avanzando que seguirán "loitando coa permanencia de Ence na ría e en Lourizán". O seguinte paso no seu roteiro será o Constitucional "e, de ser o caso, o inicio da vía xudicial europea".
undefined
Agora

Un operario, evacuado en helicóptero tras caer dun tellado en Porqueira (A Limia)

Un traballador autónomo tivo que ser evacuado en helicóptero esta terza feira tras caer dun tellado en Porqueira (A Limia), no lugar do Toxal. Os voluntarios de Protección Civil que acudiron ao lugar dos feitos confirmaron que a persoa estaba ferida pero consciente. A alerta sobre este accidente activouse no 112-Galiza ás 10.20 horas desta mañá após recibir a chamada dunha persoa particular. Para ofrecerlle atención sanitaria, comunicáronse os feitos aos profesionais de Urxencias Sanitarias do 061, que optaron polo traslado da aeronave con base en Ourense. O home foi evacuado ao hospital de referencia para recibir o tratamento urxente necesario.
Jessica Bouzas. (Foto: RFET)
Agora

Jessica Bouzas fai hoxe historia debutando en Wimbledon

A tenista vilagarciá Jessica Bouzas dará na tarde desta terza feira —contra as 18.45 horas— un paso de xigante na súa carreira profesional debutando no seu primeiro grand slam. Após superar na última rolda da fase clasificatoria de Wimbledon a australiana Olivia Gadecki (6-3, 6-3), Bouzas participará no prestixioso torneo británico cunha dura rival, a ucraína Anhelina Kalínina, número 26 do mundo, contra a que espera dar a sorpresa e pasar á seguinte eliminatoria.
Yolanda Díaz e Ada Colau. (Foto: David Oller / Europa Press)
Agora

Yolanda Díaz arrincará a campaña de Sumar na Coruña con Ada Colau

A vicepresidenta segunda do Goberno español e candidata á Presidencia por Sumar, Yolanda Díaz, elixiu Galiza, e nomeadamente A Coruña, para arrincar a campaña electoral e farao acompañada da ex alcaldesa de Barcelona, Ada Colau, coa que participará na tradicional pegada de carteis que dá o disparo de saída da carreira cara ás urnas.
O saxofonista Nicolas Arsenijevic. (Foto: Vigosaxforum)
Agora

Os mellores saxofonistas reúnense esta semana no VigoSaxForum

Esta segunda feira comeza a quinta edición do VigoSaxForum, que reunirá durante toda a semana decenas de saxofonistas e contará con profesores internacionais da talla de Nicolas Arsenijevic. Este curso de saxofón ten como obxectivo complementar e enriquecer as múltiples actividades culturais xa propostas polas diferentes institucións pedagóxicas e artísticas existentes, tales como conservatorios superiores, profesionais ou escolas de música. O festival, que se levará a cabo na escola de música da Unión Musical de Valladares, contará cunha programación conformada por clases individuais, colectivas, conferencias e concertos públicos, así como un recital de clausura.

Unha persoa prende a luz (Foto: Nós Diario).
Agora

A luz marca o prezo máis alto dos últimos dez días, 117,02 euros/MWh

O prezo medio da luz para os clientes e clientas de tarifa regulada vinculadas ao mercado grosista subirá esta segunda feira, 3 de xullo, unha suba de 142,38% a respecto deste domingo, até os 117,02 euros por megawatt hora (MWh). O mes de xullo empezou cos prezos máis baixos desde hai máis dun mes, 48,28 euros/MWh este domingo, mais hoxe disparouse, até o nivel máis alto en dez días. Por franxas horarias, o prezo mínimo, de 88,08 euros/MWh, rexistrarase entre as 16 e as 17 horas, mentres que o prezo máximo será de 22 a 23 horas, con 139,49 euros/MWh.
María Guardiola (PP) será a nova presidenta de Extremadura. (Foto: Europa Press)
Agora

O PP estremeño pacta un goberno con Vox dez días despois de afirmar que non o faría

O PP e Vox alcanzaron esta sexta feira un acordo para gobernar en coalición Estremadura, para que a 'popular' María Guardiola torne en presidenta da Xunta estremeña e o partido de Santiago Abascal asuma unha consellaría, a de Xestión Forestal e Mundo Rural. O pacto de goberno chega logo de que a propia Guardiola, hai só dez días, negase de forma rotunda a entrada da extrema dereita no seu equipo: "Comprométome a non gobernar con Vox. Non podo deixar entrar no goberno a aqueles que negan a violencia machista, a quen usa o trazo gordo, a quen está deshumanizando os inmigrantes e a quen desprega unha lona e tira á papeleira unha bandeira LGTBI", dixera.
A cifra de persoas participantes superou todas as expectativas. (Foto: Manel Méndez)
Agora

Manifestación da afección do Deportivo

A afección branquiazul exixiu na tarde desta quinta feira "respecto para o Dépor" nunha multitudinaria manifestación que partiu desde a herculina praza de Pontevedra, a carón da sede do club, até a do máximo accionista, Abanca, na rúa Nova. A afluencia superou todas as expectativas, congregándose máis de 1.500 deportivistas de todas as idades que obrigaron a Policía a cortar o tráfico na rúa de Santo André. Entre os cánticos máis repetidos estiveron "Abanca, escoita, A Coruña está en loita", "o Dépor somos nós" ou "mercenarios fóra do club", expresións que evidencian o conflito no seo dun conxunto que non ten presidente, Consello ou adestrador. Nin sequera o recente anuncio de que os lendarios Carlos Ballesta e Álex Bergantiños serán conselleiros lograron calmar as revoltas augas branquiazuis.
Capa e contracapa do libro de Manuel Monge.
Agora

'Feijóo, biografía dun farsante', o novo libro de Manuel Monge

A vindeira semana chegará ás librarías do país o último libro do sociólogo e ensaísta Manuel Monge, colaborador na sección de Análise de Nós Diario. A obra, editada por Laiovento, leva por título Feijóo, biografía dun farsante (non autorizada), e o propio autor preséntao como "un libro de consulta, que ten pouco de literatura e que pode ser útil para desmontar o discurso da dereita e ultradereita". "Lectoras e lectores terán información para comprobar que Alberto Núñez Feixoo non ten nada de bo xestor e nada de moderado e que sería un pésimo Presidente do Goberno", afirma.
O presidente da Asociación Empresarial Eólica (AEE), Juan Diego Díaz, intervén en WindEurope Annual Event 2022. (Foto: H. Bilbao / Europa Press)
Agora

A patronal eólica advirte que a electrificación da economía "non vai ao ritmo" dos obxectivos 'verdes'

O presidente da Asociación Empresarial Eólica, Juan Diego Díaz, advertiu esta quinta feira que a electrificación da economía "non está a avanzar ao ritmo necesario" para que poida acompañar aos obxectivos de renovábeis que marca o novo PNIEC a 2030. No seu discurso na inauguración do Congreso Eólico Anual, puxo sobre a mesa este "risco" e asegurou que o desenvolvemento das renovábeis debe ser "obrigatoriamente soportado por unha demanda eléctrica acorde, en dimensión e prazos". O borrador de actualización do PNIEC do Goberno español aspira a alcanzar os 62 xigawatts (XW) de eólica instalados nunha década, con 3 XW correspondentes a offshore e 76 XW de fotovoltaica, incluíndo 19 XW de autoconsumo.
Concentración convocada pola Mesa na Coruña.
Agora

A Mesa convoca unha concentración para defender a toponimia oficial tras o "ataque" de Hablamos Español

Após a colocación dun valado que reza "Bienvenidos a La Coruña, ciudad que en gallego se llama A Coruña", por parte da asociación ultraespañolista Hablamos Español, un día despois de facer o mesmo en Sanxenxo, A Mesa pola Normalización Lingüística convocou unha concentración, no Obelisco da Coruña, para esta sexta feira, 30 de xuño, ás 12 horas. "Atacar e ocultar a nosa toponimia é facelo tamén coa nosa dignidade colectiva e a capacidade de dicirlle ao mundo quen somos e onde estamos", sinalan desde a entidade.
Os delitos contra as liberdades sexuais aumentan (Foto: Europa Press)
Agora

Convocadas as axudas para contratar vítimas de violencia machista en entidades sen ánimo de lucro

O DOG publica hoxe a convocatoria, por terceiro ano consecutivo, do programa de axudas destinado a garantir a independencia económica e laboral das mulleres vítimas de violencia machista para que poidan avanzar no seu proceso de recuperación. Entidades e cooperativas sen ánimo de lucro poderán beneficiarse destas achegas para contratar mulleres que sofren ou sufriron violencia de xénero. O prazo para solicitar os apoios ficará vixente desde esta quinta feira até o próximo 28 de xullo. Esta liña de incentivos conta cun investimento total de 600.000 euros e as axudas a entidades e corporativas sen ánimo de lucro van desde os 1.381 aos 2.763 euros mensuais pola contratación de cada muller a tempo completo, en función dos grupos de cotización.
Futura sede da Aesia na Coruña. (Foto: Xoán Roberes)
Agora

O Supremo estuda a suspensión cautelar da concesión da sede da Aesia á Coruña

O Tribunal Supremo vén de activar os trámites para analizar a suspensión cautelar da concesión da sede da Axencia Estatal de Supervisión da Intelixencia Artificial (Aesia) á Coruña, no marco dun proceso de selección posto en marcha polo Goberno estatal no que tamén participou Granada, unha decisión que chega despois de que o Goberno desta cidade andaluza así o solicitase. A Sala Terceira do contencioso-administrativo do Supremo formou unha peza separada de medidas cautelares, dando ás partes, incluído o Concello da Coruña, cinco días para posicionarse sobre a suspensión.
O senador do PP Manuel Baltar, con Alfonso Rueda en segundo plano. (Foto: Agostime / Europa Press)
Agora

Baltar di que será el mesmo quen decida se aspira ou non a presidir o PP de Ourense

O presidente do Partido Popular de Ourense, Manuel Baltar, advertiu esta terza feira que será el mesmo quen anuncie a súa "decisión" de aspirar ou non a seguir á fronte da formación política provincial unha vez convocado o congreso, unha potestade que, lembrou, depende da dirección galega do PP. "O que está claro é que quen debe anunciar se alguén non se presenta é a persoa que decide presentarse ou non", dixo, reservándose esa decisión. De forma paralela, o vicepresidente da Xunta e líder dos populares na Coruña, Diego Calvo, afirmou que Baltar "vai poder presentarse se o estima oportuno" e defendeu que, "a día de hoxe, non" hai conflito interno no PP da Galiza.
Grupo 1 da Primeira RFEF.
Agora

Os equipos galegos logran o 'grupo norte' na Primeira RFEF

Os catro equipos galegos que o vindeiro curso 2023-24 competirán na Primeira RFEF logran finalmente o seu obxectivo: un 'grupo norte' que facilite os desprazamentos. Así, Lugo, Celta B, Dépor e Arenteiro enfrontaranse na tempada regular aos equipos de Catalunya, Aragón, A Rioxa, Euskadi, Navarra, Castela e León e a metade de Madrid: Teruel, Sabadell, Fuenlabrada, Raio Majadahonda, Osasuna B, CyD Leonesa, Nástic de Tarragona, Barça Athlétic, Real Sociedad B, Real Unión, Logroñés, Ponferradina, Tarazona, Sestao River, Cornellá e Unionistas.
O ex presidente dos EUA, Donald Trump (Foto: C-Span / Zuma Press / Contacto Photo)
Agora

Difunden un audio no que Trump admite posuír documentos "altamente clasificados"

A canle de televisión CNN vén de publicar un audio do ex presidente estadounidense Donald Trump no que admite estar en posesión de documentos "altamente clasificados", desmentindo así as súas afirmacións previas de que desclasificara con anterioridade eses arquivos. Na gravación, que Trump cualificou de "ilegal" e afirmou que está "manipulada" no marco dunha "continua caza de bruxas" que percibe contra el, alude a un suposto plan de Washington para invadir o Irán e que compartía con persoas que non podían acceder a eses documentos por estaren clasificados. "Isto gaña totalmente o meu caso, sabes? Agás por que se trata de algo totalmente confidencial", di no audio.
O ex presidente da Xunta de Andalucía José Antonio Griñán, á saída do xuízo polo caso ERE. (Foto: María José López / Europa Press)
Agora

Suspendida durante cinco anos a pena de cárcere de Griñán pola enfermidade que padece

A Audiencia de Sevilla vén de acordar a suspensión durante cinco anos da pena de seis anos e un día de cárcere imposta ao ex presidente da Xunta de Andalucía José Antonio Griñán, por malversación no procedemento específico de financiamento dos expedientes de regulación de emprego (ERE) fraudulentos, debido ao cancro de próstata que padece —"moi grave incurábel", segundo o informe médico achegado polo Instituto de Medicina Legal (IML) de Sevilla— e ao abeiro do artigo 80.4 do Código penal, que recolle esta posibilidade.
Batea na illa de Arousa. (Foto: Europa Press)
Agora

85% das bateas están xa abertas á extracción

As bateas abertas á extracción de mexillón aumentan a 85% do total na Galiza após as aperturas decretadas nos últimos días polo Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (Intecmar). Así, reabríronse polígonos nas rías de Muros-Noia, Pontevedra e Vigo ao remitir a presenza de toxina lipofílica, segundo as últimas analíticas do Intecmar. Actualmente só hai oito polígonos clausurados no conxunto do país pola presenza de toxina dos máis de 50 existentes: Baiona A; Camariñas A; Muros A; Cangas A e B; Bueu A1, A2 e A3.
O partido de extrema dereita alemán Alternative für Deutschland. (Foto: Europa Press)
Agora

A extrema dereita alemá gobernará por vez primeira un territorio

As eleccións deste domingo en Sonneberg (Turinxia) deron un xiro inesperado aos acontecementos neste cativo distrito alemán, concedendo á extrema dereita de Alternativa por Alemaña (AfD) a maioría absoluta e dándolle, deste modo, a chave para gobernar por vez primeira unha administración do país. O ultradereitista Robert Sesselman, a pesar do cordón sanitario imposto por todas as demais formacións políticas, venceu na segunda volta dos comicios o democristiano Jürgen Köpper, logrando 53% dos votos.