Agora

Estado no que quedou o balcón. (Foto: Europa Press)
Agora

Permanece en estado moi grave un dos catro mozos feridos tras caer dun balcón en Sanxenxo

Un dos catro mozos que caeu dun balcón en Sanxenxo segue en estado moi grave na unidade de coidados intensivos (UCI) do Hospital Clínico de Santiago. Así o informaron fontes hospitalarias consultadas despois de que este mozo, de 18 anos, fose trasladado ao citado hospital mentres que outros dous, de 19 anos, fosen transladados ao Hospital Montecelo. Un cuarto foi dado de alta no mesmo punto dos feitos. O suceso ocorreu na madrugada da pasada quinta feira nun primeiro piso dun edificio da rúa Madrid cando os mozos, segundo explicou o consistorio, estaban apoiados na varanda do balcón e se precipitaron cara a un patio.

Unha vaca pasta con fondo de bosque queimado no lugar do Sollío, en Baleira (A Fonsagrada). (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
Agora

Galiza rexistra varios terremotos nas últimas horas, o último na Fonsagrada

Varios municipios galegos rexistraron movementos sísmicos, en concreto o último esta madrugada na Fonsagrada, segundo datos publicados polo Instituto Xeográfico Nacional (IGN). O sismo, de magnitude 1,6 na escala Ritcher, produciuse ás 04.07 horas. O tremor orixinouse a 11 quilómetros de profundidade, nas coordenadas 43.1804 de latitude norte e 7.0674 de lonxitude oeste. Nos últimos días, rexistráronse tamén sismos noutras localidades galegas. Así, o sábado día 29 notificouse un tremor no municipio de Malpica de Bergantiños ás 22.19 horas, cunha intensidade de 1,7 na escala Ritcher a unha profundidade dun quilómetro.

O empresario Amancio Ortega, nunha imaxe de arquivo. (Foto: Europa Press).
Agora

Pontegadea, de Amancio Ortega, gañou 2.092 millóns en 2022, un 30% máis, cunha carteira inmobiliaria de 18.154 millóns

O Grupo Pontegadea, que reúne todas as sociedades de carteira propiedade de Amancio Ortega, as súas filiais dedicadas ao negocio inmobiliario e outras participacións de carácter financeiro, fechou o exercicio 2022 cun beneficio neto de 2.092 millóns de euros, o que supón un incremento de 30,2% a respecto do obtido un ano antes, que se situara en 1.606 millóns de euros. A adquisición de novos activos, especialmente no sector loxístico e residencial, executados ao longo do ano 2022, fixeron aumentar o valor da súa carteira inmobiliaria até os 18.156 millóns de euros, 19% máis respecto aos 15.264 millóns de valoración a 31 de decembro de 2021.
#cervexa #alcol #bebida (Foto: Nós Diario)
Agora

Denuncian un posíbel caso de sumisión química en Redondela

Unha moza denunciou o pasado 19 de xullo sufrir unha posíbel submisión química nunha discoteca de Redondela (comarca de Vigo), segundo confirmaron fontes policiais consultadas por Europa Press en relación a un caso duns días antes, o 16. A denunciante, que asegurou non sufrir "agresión, violencia física ou sexual", afirmou que consumira distintas substancias ao longo desa xornada, feito que confirma un informe médico, e explicou que os efectos derivados desa inxesta "non son os que deberían ser". A muller fíxose eco do sucedido en redes sociais, onde outras mozas tamén manifestaron ser drogadas botándolles substancias nas súas bebidas, se ben as mesmas fontes confirmaron que "non hai máis denuncias" neste sentido. A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, rexeitou facer declaracións sobre estas denuncias.
Detalles da nova camiseta do Dépor. (Foto: RC Deportivo)
Agora

A nova camiseta do Dépor, unha homenaxe á emigración galega

'ADÉmigración' é a nova camiseta coa que o Real Club Deportivo presumirá polos campos da Primeira RFEF da "estreita relación entre Galiza e o outro lado do Atlántico" a raíz da emigración. O novo deseño evoca a histórica primeira viaxe do Dépor ao continente americano hai xa 70 tempadas, en 1954, nunha xira na que disputou sete encontros amigábeis en tres países, Uruguai, Arxentina e Brasil, ante Nacional, Peñarol, Rampla Juniors, River Plate de Montevideo, San Lorenzo de Almagro, Flamengo e Fluminense, nunha viaxe que se prolongou durante un mes e medio. Na expedición participaron varias lendas deportivistas, como Otero, Lestón, Zubieta, Cuenca, Botanita, Lechuga, Pahíño, Arsenio, o arxentino Corcuera ou o uruguaio Moll.
Restos arqueolóxicos de Santa Trega. Ao fondo, A Guarda. (Foto: Nós Diario)
Agora

Activo un incendio en Santa Trega, no concello da Guarda

Un incendio no monte de Santa Trega, no municipio da Guarda, permanece activo e xa calcinou sobre 1.000 metros cadrados, 0,1 hectáreas, e prevese "que non vaia a aumentar moito máis". Segundo fontes da Consellsría do Medio Rural, o aviso de incendio saltou sobre as 18.30 horas na parroquia de Camposancos. Até o lugar mobilizáronse dous axentes, seis brigadas, catro motobombas e dous helicópteros que traballan para tentar sufocalo.

Vista dunha parta da vila de Taboada (Foto: Concello de Taboada).
Agora

Rexístranse unha decena de terremotos no concello de Taboada

O Instituto Xeográfico rexistrou unha decena de terremotos nos últimos días no municipio de Taboada (comarca de Chantada), segundo informa na súa páxina web. A maioría foron entre os días 21 e o 22, en concreto nesta xornada nun tramo de 20 minutos, e o último esta mesma segunda feira, día 24, pola tarde, un de magnitude 1,8. No caso dos rexistrados na xornada do sábado, día 22, foron entre as 03.27 horas e as 03.45 horas, chegando a contabilizarse un total de oito tremores, cunha magnitude nalgún caso de 1,6 e noutros de 2,3.

Elías Bendodo, Alberto Núñez Feixoo, Cuca Gamarra e Isabel Díaz Ayuso. (Foto: Alberto Ortega / Europa Press)
Agora

Feixoo reúne esta tarde á Xunta Directiva Nacional do PP, onde reivindicará o seu "dereito a formar goberno"

O líder do PP e candidato á Presidencia do Goberno español, Alberto Núñez Feixoo, reúne esta segunda feira (ás 17 horas) á Xunta Directiva Nacional do PP para analizar os resultados electorais, un encontro no que reivindicará o seu "dereito a formar goberno" após ser a forza máis votada. A Xunta Directivaé o máximo órgano do partido ente congresos e está composto polos membros do membros do comité de dirección, os 'baróns' territoriais' e os deputados e senadores. Feixoo xa se erixiu na noite do domingo en vencedor e dixo que sería "unha anomalía" que non puidese gobernar.
explosion taller santiago
Agora

Unha explosión nun taller de Santiago de Compostela sáldase sen danos persoais

Unha explosión nun taller mecánico da rúa Doutor Teixeiro de Santiago de Compostela saldouse sen feridos, malia que con abundantes danos materiais. Varios particulares púñanse en contacto co 112-Galiza contra as 17.40 horas alertando de que houbera unha forte explosión nun taller situado á altura do número 31 desta céntrica rúa do Ensanche compostelán. Até o lugar desprazáronse axentes da Policía Nacional e da Policía Local, así como Bombeiros, que traballan na extinción do lume provocado pola explosión e que, segundo fontes do 112 consultadas por Europa Press, ocasionou o incendio dun vehículo no interior do local. Polo de agora descoñécense as causas deste suceso e a rúa Doutor Teixeiro fica cortada ao tráfico, o que está a ocasionar retencións no centro da capital galega.
Traballador de Correos na praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela. (Foto: Europa Press)
Agora

O voto por correo poderá depositarse até a sexta feira ás 14 horas

A Xunta Electoral Central decidiu atender a petición de Correos e dar unhas horas máis de marxe para poder depositar o voto postal para as eleccións do próximo domingo. En concreto, ampliou o prazo, que acababa esta quinta feira, até a sexta ás 14 horas. A empresa solicitara esa ampliación para poder facilitar a xestión das reexpedicións das documentacións electorais ás persoas que indicaron na súa solicitude un enderezo de entrega e logo pediron recibir as súas papeletas noutro distinto. Segundo os datos ofrecidos polos sindicatos, até 91% dos máis de 2,6 millóns de persoas que solicitaron esta modalidade de voto xa exerceron o seu dereito, e esta mañá aínda había unhas 170.000 documentacións electorais pendentes de ser recollidas polos electores nas oficinas postais.
Centro de atención de emerxencias do 112 Galiza (Foto: Xunta).
Agora

Falece un motorista tras impactar contra un camión á altura de Sarria

Un motorista faleceu na noite da cuarta feira no termo municipal de Sarria, despois de chocar cun camión no quilómetro 2 da estrada LUP-5701. O persoal sanitario mobilizouse nun helicóptero médico ao recibir unha chamada na noite da cuarta feita, pero non puido salvarlle a vida, segundo os datos achegados por 112 Galiza. Até o lugar do accidente, ademais, acudiron a Garda Civil de Tráfico e a Policía Local de Sarria.

Exames de ABAU en Compostela (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press).
Agora

Dous de cada tres alumnos superan as probas extraordinarias da ABAU na Galiza

Dous de cada tres alumnos galegos que se presentaron ás probas extraordinarias de selectividade este ano aprobaron, segundo os datos feitos públicos esta cuarta feira pola Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG). En concreto, dos 2.758 matriculados á fase extraordinaria das probas de avaliación de Bacharelato para acceso á universidade (ABAU), presentáronse finalmente 95,14%, isto é 2.624 alumnos -1.942 á parte obrigatoria- Deles, 1.283 alumnos resultaron aptos, é dicir, 66,07% dos presentados.

A droga e a pistola intervida pola Garda Civil (Foto: Garda Civil),
Agora

Detidas tres persoas por tráfico de drogas na localidade de Arteixo

A Garda Civil detivo tres persoas por tráfico de drogas e tenencia ilícita de armas en Arteixo (comarca daCoruña), nun operativo no cal foi intervido un quilo de MDMA en roca e unha pistola. Unha patrulla da Garda Civil observou dous homes en Meicende que, ao decatarse da presenza dos axentes, tiraron unha bolsa debaixo dun contedor e tentaron fuxir. Así, procedeuse a identificalos e, debido ao seu "nerviosismo", realizouse un cacheo en que se atopou unha arma corta cargada, así como munición a ambos os individuos.

O accidente produciuse na SC-20 á altura de Volta do Castro. (Foto: Google / Arquivo)
Agora

Morre un home ao sufrir unha indisposición mentres conducía en Santiago

Un home faleceu ao sufrir unha indisposición mentres conducía en Santiago, ao seu paso por Conxo, no quilómetro 8 da SC-20. Segundo informa o 112-Galiza, un particular avisou contra as 11.50 horas desta terza feira dunha leve colisión por alcance. Un dos condutores implicados permanecía inconsciente no interior do seu vehículo. Así, solicitouse a colaboración do 061, Bombeiros e Policía Local de Santiago, alén dos servizos de mantemento da estrada. Unha vez no lugar, os servizos sanitarios confirmaron que a persona sufrira unha indisposición ao volante e perdera a consciencia. Após tentar reanimala durante un longo período de tempo, finalmente confirmaron o seu falecemento.
Un helicóptero antiincendios nunha imaxe de arquivo (Foto: Nós Diario).
Agora

Un incendio forestal calcina tres hectáreas en Carballeda de Valdeorras

Un incendio forestal iniciado a pasada segunda feira queima tres hectáreas na parroquia de Casaio, no municipio de Carballeda de Valdeorras. Segundo informa Medio Rural , este incendio, que se iniciou na tarde da segunda feira, quedou estabilizado -aínda sen controlar- ás 23.10 horas desa mesma xornada. Nas tarefas de extinción traballan cinco helicópteros, dous avións, seis axentes, 13 brigadas, seis motobombas, unha pa e un técnico.

O Celta enfróntase ao Al Nassr.
Agora

O Celta de Benítez bota a andar contra o Al Nassr de Ronaldo

Exame de alto nivel para comezar unha tempada histórica. O Celta do ano do centenario comeza a pretempada contra o Al Nassr de Cristiano Ronaldo, no marco do Troféu do Algarve. Rafa Benítez forma de inicio co 4-4-2 habitual con Iván Villar na portaría; Kevin e Fontán nos laterais, acompañados no centro da defensa por Carlos e Aidoo; Fran Beltrán e o canteirán Hugo Sotelo no centro do campo; De la Torre e Carles Pérez nas bandas, e, na punta de ataque, Iago Aspas e Paciência. Estes primeiros tests ante Al Nassr e Benfica servirán ao técnico madrileño para facer unha primeira criba de xogadores de cara ao curso entrante.
Unha persoa asinando a solicitude de voto por correo. (Foto: Gabriel Luengas / Europa Press)
Agora

Correos xa entregou 98% dos votos e destaca o "normal desenvolvemento" ante as acusacións de Feixoo

A práctica totalidade dos votos solicitados por correo (98,2) para as eleccións estatais do vindeiro 23 de xullo, un total de 2.575.597 millóns, xa se puxo ao dispor dos cidadáns e cidadás que demandaron exercer o dereito ao sufraxio de forma anticipada, segundo os datos ofrecidos hoxe por Correos. Do total de votos, 2.124.990 foron entregados directamente ao elector ou electora e 450.607 están xa dispoñíbeis nas súas oficinas tras realizar dous intentos de entrega en man ao propio destinatario, tal e como marca a lei. Correos salienta o "normal desempeño de todo o proceso electoral", aínda producíndose "situacións puntuais de elevada carga de traballo". "En ningún momento existiu risco sobre o seu correcto desenvolvemento", puntualizou, ao tempo que rexeitou "todas aquelas insinuacións ou informacións que puxeron en dúbida o traballo dos profesionais de Correos, que debilitan a nosa democracia", após as críticas de, entre outros, o líder do PP, Alberto Núñez Feixoo.
Estudantes universitarios na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. (Foto: Arxina) #universidade #universidades #xornalismo #facultade #abau #selectividade
Agora

A USC impartirá desde o vindeiro curso un novo Mestrado en Xornalismo e IA

RTVE Instituto, a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Fundació Universitat Politécnica de Catalunya lanzan, a través da plataforma 'Haz', o Mestrado de Formación Permanente en Xornalismo e Intelixencia Artificial, unha proposta educativa que aborda as demandas actuais do sector. O programa, que ten como obxectivo "cubrir un baleiro" e preparar o alumnado para enfrontar os novos retos do xornalismo na era dixital e a intelixencia artificial, ten unha duración dun ano e comezará o próximo 16 de outubro. O período de preinscrición ficará aberto até o 31 de agosto e a matriculación será do 15 ao 30 de setembro. O mestrado, que se imparte na modalidade híbrida —10% presencial—, está aberto a un máximo de 40 estudantes e diríxeno por Miguel Túñez, da USC, e Pere Vila Fumas, de RTVE Instituto.
Un axente e un vehículo da Policía española. (Foto: Policía).
Agora

Morre acoitelado un home en Vigo e deteñen o suposto autor do homicidio

Un home faleceu acoitelado na mañá desta segunda feira en Vigo, polo que a Policía Nacional xa detivo o suposto autor dos feitos, outro home que cometería o crime cunha arma branca. Tal como informaron fontes policiais, o home apareceu morto na vía pública. En concreto, na rúa Coruña. A partir de aí, comezaron as xestións para esclarecer o ocorrido. Así, detívose o suposto autor dos feitos e localizouse hai uns minutos nas inmediacións do lugar a arma homicida.

Compostela é das cidades que máis turistas recibirá (Foto: Arxina)
Agora

Galiza é o destino 'favorito' dos turistas españois e será a que máis turismo reciba en 2023

69% de cidadáns do Estado español apostará por viaxar ao estranxeiro para gozar deste verán, mentres que 31% asegura que quedará no Estado onde aproveitará para coñecer tanto destinos costeiros como urbanos, segundo as estatísticas internas de Civitatis. De entre todos os territorios do Estado, Galiza é a 'favorita' este ano. En concreto, Vigo é o destino máis reservado polos españois na compañía de distribución en liña de visitas guiadas e excursións, seguida doutra cidade galega como é Santiago de Compostela.