![Nós Diario](/media/nosdiario/images/2023/01/10/2023011017211925549.png)
Redacción
18/xul./23 - 11:25
Actualizado: 18/xul./23 - 11:37
Un incendio forestal iniciado a pasada segunda feira queima tres hectáreas na parroquia de Casaio, no municipio de Carballeda de Valdeorras. Segundo informa Medio Rural , este incendio, que se iniciou na tarde da segunda feira, quedou estabilizado -aínda sen controlar- ás 23.10 horas desa mesma xornada. Nas tarefas de extinción traballan cinco helicópteros, dous avións, seis axentes, 13 brigadas, seis motobombas, unha pa e un técnico.