Feixoo reúne esta tarde á Xunta Directiva Nacional do PP, onde reivindicará o seu "dereito a formar goberno"

O líder do PP e candidato á Presidencia do Goberno español, Alberto Núñez Feixoo, reúne esta segunda feira (ás 17 horas) á Xunta Directiva Nacional do PP para analizar os resultados electorais, un encontro no que reivindicará o seu "dereito a formar goberno" após ser a forza máis votada. A Xunta Directivaé o máximo órgano do partido ente congresos e está composto polos membros do membros do comité de dirección, os 'baróns' territoriais' e os deputados e senadores. Feixoo xa se erixiu na noite do domingo en vencedor e dixo que sería "unha anomalía" que non puidese gobernar.
Elías Bendodo, Alberto Núñez Feixoo, Cuca Gamarra e Isabel Díaz Ayuso. (Foto: Alberto Ortega / Europa Press)
photo_camera Elías Bendodo, Alberto Núñez Feixoo, Cuca Gamarra e Isabel Díaz Ayuso. (Foto: Alberto Ortega / Europa Press)
Comentarios