Agora

Unha protesta recente da veciñanza de Recimil e Coeo diante do paso a nivel. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
Agora

Veciñanza de Recimil e Coeo en Lugo exixe nunha nova protesta un semáforo no paso a nivel onde morreron dous mozos

Veciñanza de Recimil e Coeo en Lugo secundaron unha nova mobilización ante a Subdelegación do Goberno español para exixir a colocación dun semáforo no paso a nivel onde faleceron, en xullo, dous mozos. A protesta foi convocada polas representacións veciñais co obxectivo de reclamar a Adif que coloque un semáforo, á espera de suprimir o citado paso a nivel, principal demanda dos veciños. Fano despois de que protagonizasen diversas protestas para denunciar a falta de seguridade no paso a nivel sen barreiras e no que dous mozos, de 19 e 21 anos, faleceron cando o seu coche foi alcanzado por un tren de viaxeiros durante e arrastrado uns 200 metros.

Alberto Níñez Feixoo (Foto: Eduardo Parra / Europa Press).
Agora

Feixoo reune esta cuarta feira todos os deputados e senadores do PP antes da constitución das Cortes

O presidente do PP, Alberto Núñez Feixoo, convocou os deputados e senadores do seu partido a unha reunión esta cuarta feira pola tarde no Congreso, un día antes das sesións constitutivas desa Cámara e do Senado, previstas para a quinta feira. Esta será a primeira reunión do líder do PP con todos os seus parlamentarios tras as eleccións xerais do 23 de xullo e mentres se desenvolven as negociacións para a elección da Mesa do Congreso e a Presidencia da Cámara Baixa. A incógnita sobre quen presidirá o Congreso pode manterse ata o último momento xa que Junts convocou unha comisión executiva telemática para decidir a posición do partido na votación da Mesa do Congreso dos Deputados.

Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 da Galiza, no municipio da Estrada (Foto: Europa Press).
Agora

Dous evacuados ao hospital tras un accidente entre tres coches en Foz

Dúas persoas resultaron feridas e tiveron que ser evacuadas ao hospital tras sufrir un accidente con tres coches implicados en Foz (A Mariña). Segundo informa o 112 Galiza, ocorreu na estrada que conecta Rapadoira e Llas. Un dos implicados contactaba coa central de emerxencias para alertar do ocorrido e precisar que había outros dous vehículos implicados. No operativo participaron Urxencias Sanitarias-061, que se encargou da evacuación en ambulancia ao hospital de Burela; así como a Garda Civil de Tráfico e a Policía Local de Foz. Así mesmo, informouse aos bombeiros de Barreiros, ao GES de Cervo e a Protección Civil.

O prezo da luz aumenta alcanzou o máximo deste mes de setembro (Foto: Nós Diario).
Agora

O prezo da luz sobe esta cuarta feira 10,7% até os 105,84 euros/MWh

O prezo medio da luz para os clientes de tarifa regulada vinculados ao mercado almacenista subirá esta cuarta feira, 16 de agosto,10,68% con respecto á xornada da terza feira e situarase en 105,84 euros por megawatt/hora (MWh). Por franxas horarias, o prezo máximo, de 136,1 euros/MWh, rexistrarase entre as 21 horas e as 22 horas, mentres que o prezo mínimo darase entre as 13 e 14 horas, con 86 euros/MWh, segundo os datos provisionais do Operador do Mercado Ibérico de Enerxía (OMIE). Nestes 16 primeiros días do mes, a media do mercado eléctrico sitúase nos 84,4 euros/MWh, fronte aos 145,13 euros/MWh que rexistrou no mesmo período de agosto de 2022.

Vista da cidade de Vigo. (Foto: Nós Diario)
Agora

Investigado un home en Vigo tras provocar un accidente mentres conducía drogado, sen permiso e sen ITV

Un home foi interceptado na cidade de Vigo tras provocar un accidente mentres conducía baixo os efectos do cannabis, sen carné e cun vehículo que non pasara a inspección técnica (ITV). Segundo informou a Policía Local produciuse un choque na rúa García Barbón. Unha vez no punto, realizóuselle unha proba de tóxicos a un dos implicados no mesmo, dando resultado positivo en cannabis e comprobándose que conducía sen carné porque nunca o obtiña e que o vehículo non tiña ITV. Por iso, foi citado para comparecer en xuízo rápido polos delitos cometidos contra a seguridade viaria.

Axente da Garda Civil nunha imaxe de arquivo (Foto: Garda Civil).
Agora

Detido un veciño de Lourenzá por violencia machista e ao que se lle interviron varias armas

A Garda Civil detivo en Mondoñedo a un veciño de Lourenzá, comarca da Mariña, de 58 anos, como suposto autor dos delitos de violencia doméstica, acoso, ameazas e contra a seguridade viaria. Os axentes trasladáronse ás inmediacións do domicilio da vítima após ter constancia de que o presunto infractor atopábase no lugar. Este, ao observar a presenza policial, fuxiu no seu vehículo sen deterse até a chegada á vivenda que ocupa na actualidade, onde tratou de esconder un arma de fogo entre a maleza. Ao ser recuperada, comprobouse que estaba cargada con tres cartuchos. Como o home presentaba síntomas evidentes de atoparse baixo os efectos do alcol, realizáronlle as probas de alcoholemia lanzando unha taxa de 0,75 miligramos. Así mesmo, interviuse no interior da vivenda outras tres armas de fogo e munición diversa. A persoa detida foi posta a disposición xudicial.

 

Centro de atención de emerxencias do 112 Galiza (Foto: Xunta).
Agora

Unha muller e dous menores resultan feridos en Tui ao envorcar o vehículo no que viaxaban

Unha muller e os seus dous fillos menores, un deles un bebé, resultaron feridos nun accidente de tráfico ocorrido a última hora deste domingo na localidade de Tui (Baixo Miño). Segundo a información trasladada pola central de emerxencias do 112-Galiza, ocorreu pasadas as 21.30 horas, cando o vehículo no que viaxaban envorcou lateralmente, a escasos metros dunha pendente, á altura de Pazos de Reis. Foi o concesionario o que avisou a emerxencias ao ter coñecemento do sinistro polo servizo de alertas. Até a zona desprazáronse efectivos sanitarios do 061, así como unha dotación dos Bombeiros de Ribadumia e os GES-Bombeiros de Ponteareas. Tamén foron avisados os membros do GES de Mos, os Bombeiros de Vigo, os axentes de Tráfico, da Policía Local e os efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade. O persoal sanitario trasladou os tres feridos ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, mentres os membros do GES-Bombeiros de Ponteareas procederon a estabilizar o vehículo.
Produtos de Gadisa (Foto: Gadisa).
Agora

Gadisa Retail xa conta con máis de 8.000 traballadoras e traballadores no seu persoal

Gadisa Retail conta cun persoal que supera os 8.000 traballadores e traballadoras, en concreto 8.216 persoas a peche do exercicio 2022, segundo informa. Nun comuncicado, indica que busca tamén "xerar riqueza sostíbel a través da captación e retención de talento, sumando 571 novos traballadores no últimos tres anos"."O propio modelo de negocio implantado pola compañía, coa atención personalizada no mostrador tradicional como aceno de identidade de Supermercados Gadis, actúa de panca xeradora de emprego cunha elevada profesionalización", indican.

Centro de atención de emerxencias do 112 Galiza (Foto: Xunta).
Agora

Morre un home en Cariño ao envorcar o tractor que conducía

Un home morreu na mañá desta sexta feira en Cariño (Ortegal), após envorcar o vehículo que conducía e quedar atrapado debaixo. Segundo informa o 112-Galiza, ocorreu antes das 8 horas da mañá na estrada que dá acceso á canteira de Landoi, na parroquia de Feáns. A alerta deuna un particular que atopou á vítima debaixo do vehículo. Seguidamente, o 112 avisou aos bombeiros do Eume e ao GES de Ortigueira para que o puidesen liberar e facilitar a atención dos sanitarios, que non puideron facer nada por salvarlle a vida. Até o lugar dos feitos tamén acudiron axentes da Garda Civil, que colaboraron cos equipos de emerxencias para tratar de solicitar toda a información do suceso.
Interior da discoteca Ruta (Foto: Discoteca Ruta).
Agora

Precintan a compostelá discoteca Ruta por incumprir a normativa de ruídos

O Concello de Santiago volveu decretar o feche e o precintado da discoteca Ruta, situada no ensanche compostelán, esta vez como sanción por incumprir a normativa de ruídos. Así o confirmaban fontes do Goberno local, que detallan que permanece fechada desde o 27 de xullo, unha vez pasadas as Festas do Apóstolo. Pese ao precintado, aínda está aberto o trámite da sanción por incumprimento da normativa de ruídos, á espera de que a empresa encargada do local (Apolo Universal SL) alegue o que estime oportuno e se resolva definitivamente.

Sardiñas incautadas en Laxe.
Agora

Incautadas en Laxe máis de sete toneladas de sardiñas capturadas en zona prohibida á pesca

A Garda Civil incautouse no porto de Laxe (Bergantiños) dun total de 7.010 quilos de sardiñas que foron pescadas nunha zona prohibida e que, ademais, superaban a contía máxima diaria que se pode capturar. Segundo informa o Instituto Armado, os feitos ocorreron cando efectivos do Servizo Marítimo Provincial da Coruña observaron como introducían a bordo dunha embarcación as capturas procedentes dunha rede no Anexo II da ría de Corme, onde non está permitida a actividade pesqueira. Esta embarcación permaneceu na zona e achegóuselle outro pesqueiro, que se arrimou para que a tripulación puidese traspasar dun a outro máis capturas da rede. Tras isto, ambos abandonaron o lugar. Cando atracaron no porto de Laxe, procederon a descargar a mercadoría: 3.636 quilos de sardiña nun e 3.374 quilos noutro. A Garda Civil procedeu á incautación de todas as sardiñas, que se entregaron ao Banco de Alimentos Rías Altas.
Avistamento de baleas fronte á praia de Rodas, nas Cíes.
Agora

Os arroaces boto volven deixarse ver fronte ás Illas Cíes

Mar de Ons, unha das navieiras que realiza transporte de pasaxeiros nas rías galegas, informou esta cuarta feira dun novo avistamento de arroaces na contorna das Illas Cíes (Vigo), tras o rexistrado a finais do pasado xullo. A tripulación de Mar de Ons informou desta volta de que albiscara un pequeno grupo de baleas Globicephala, en concreto na tarde desta terza feira, 8 de agosto, en augas da praia de Rodas. Porén, posteriormente desde a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma) matizaron que se trataba realmente de arroaces boto (Grampus griseus).
Centro de atención de emerxencias do 112 Galiza (Foto: Xunta).
Agora

A explosión dun cadro eléctrico provoca un incendio nun bar de Ribeira

Os equipos de emerxencias interviron esta madrugada nun incendio nun bar de Aguiño, en Ribeira (Barbanza), ocasionado pola explosión nun cadro eléctrico. Unha persoa tivo que ser atendida in situ ao presentar dificultade respiratoria. Segundo informa o 112-Galiza, ocorreu pouco antes das 3h da mañá, cando un veciño escoitou un estoupido e viu como saía fume do interior do local. Deseguido, o 112 pasou o aviso ao persoal de Urxencias Sanitarias-061, a Policía Nacional e a Local, alén de Protección Civil e técnicos da empresa subministradora do gas. Tras acabar a intervención e extinguir as chamas, que consumiron o cadro eléctrico, o servizo contra incendios procedeu a ventilar o local para recuperar as condicións de habitabilidade.
Manuel Lens, o mozo desaparecido.
Agora

Achan desorientado o mozo de 30 anos desaparecido desde a segunda feira no Milladoiro (Ames)

A Garda Civil informou da localización esta cuarta feira de Manuel Lens, o mozo de 30 anos que levaba desaparecido desde a segunda no Milladoiro (Ames, comarca de Santiago). Apareceu desorientado contra as 5.30 horas da madrugada na urbanización Brandía, en Santiago de Compostela, a escasos quilómetros de onde se lle perdera a pista. O mozo, que conta cunha discapacidade, saíra da súa casa na tarde da segunda feira para pasear mais non regresou, polo que a súa familia puxo unha denuncia ante a Garda Civil. Esta terza despregouse pola contorna do seu domicilio un dispositivo de procura que se estendía tamén cara á zona de Brión.
Pérez Xácome durante unha rolda de prensa (Foto: Agostime / Europa Press).
Agora

BNG e PSOE urxen a Xácome medidas ante o "caos" na execución de obras en Ourense

O grupo municipal socialista no Concello de Ourense denunciou "improvisación" e "caos" nas obras promovidas polo goberno local, mentres que o BNG reclámalle exixir que se cumpra con "rigor" os plans de seguridade na execución de obras. "Gran parte da cidadanía verá impedido o acceso en vehículo aos seus domicilios padecendo, por outra parte, o ruído derivado das obras e un colapso do tráfico sen precedentes", sinalan os socialistas sobre obras en marcha no centro da cidade. Á súa vez, o BNG demanda ao alcalde, como responsábel de Infraestruturas, "que obrigue ás empresas adxudicatarias das obras a que apliquen con rigor o plan de seguridade".

Encoro de Cecebre, en Cambre. (Foto: Nós Diario)
Agora

A alcaldesa da Coruña garante a subministración de auga mais apela ao consumo responsábel

A alcaldesa da Coruña, Inés Rei, asegurou esta terza feira que o subministración da auga na cidade está "garantida" ao estar o encoro de Cecebre "a máis de 60%" da súa capacidade. Díxoo, a preguntas dos xornalistas, despois de que a Xunta declarase a situación de seca prolongada nas concas hidrográficas da Coruña, Arteixo e Betanzos, alén de Ferrolterra e A Mariña, ante a ausencia de precipitacións. Rei apelou, con todo, a facer un "uso responsábel da auga". "Teriamos garantida a subministración até finais de ano aínda que no último trimestre sexa época de menos choiva. Se se complicase a situación veriamos as medidas para tomar", engadiu.
O polbo comisado en Bueu.
Agora

Incautados 80 quilos de polbo conxelado en Bueu e 59 quilos de ameixas capturadas ilegalmente en Ferrol

Axentes do Servizo de Gardacostas e da Policía Autonómica de Pontevedra e Santiago de Compostela incautaron 80 quilos de polbo conxelado de maneira irregular en Bueu (O Morrazo) e 59 quilos de ameixas capturadas de forma furtiva en Graña, no concello de Ferrol. A operación do polbo incautado realizouse nos almacéns no peirao de Bueu. Alí gardaban os aparellos e cebos, onde atoparon un conxelador con 118 polbos que sumaban 80 quilos, repartidos en máis de 50 bolsas, e cada unha das pezas pesaba 0,677 quilos en media, o que esta por baixo do tamaño e peso regulado na normativa vixente.
Buque 'Salvamar Deneb' de Salvamento Marítimo, que participa na procura do tripulante desaparecido do 'Vilaboa Un'.
Agora

Salvamento Marítimo reflota un pesqueiro que quedou varado perto da Torre de Hércules, na Coruña

Salvamento Marítimo reflotou esta madrugada un pesqueiro que quedou varado perto da Torre de Hércules, na Coruña, segundo informaron fontes deste departamento á axencia Europa Press. O aviso deuno outro barco, o Novo Cazador, contra as 3h da madrugada, e explicaba que unha embarcación, o Pombo Seis, estaba varada na costa coruñesa, nunha zona próxima ao faro. Desde o Centro de Salvamento Marítimo, mobilizouse a Salvamar Betelgeuse, que se encargou de reflotalo e escoltalo até o porto coruñés, dado que o pesqueiro aínda podía navegar. No barco que se produciu o incidente había oito tripulantes e o operativo deuse por finalizado ao fío das 5h, precisaron desde Salvamento.

Centro de atención de emerxencias do 112 Galiza (Foto: Xunta).
Agora

Liberan un home que quedou atrapado debaixo do tractor que conducía en Muras

Os servizos de emerxencias liberaron esta segunda feira un home que quedou atrapado debaixo do tractor que conducía nunha zona de monte na parroquia da Balsa, no municipio de Muras (Terra Chá). Os servizos sanitarios contactaron co 112 Galiza para informar dun accidente cunha máquina agrícola no monte cun home atrapado. Ademais, o 061 informaba de que o helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela se desprazaba neses momentos cara ao lugar no que posteriormente foi evacuado o ferido.

Un helicóptero antiincendios nunha imaxe de arquivo (Foto: Nós Diario).
Agora

Un incendio forestal no concello do Rosal obrigou a cortar a estrada CG 4.2, xa co tránsito restabelecido

Un incendio forestal que permanece activo no municipio do Rosal (Baixo Miño) obrigou a cortar en ambos os sentidos a vía rápida CG 4.2 para facilitar os traballos dos medios de extinción. O fogoiniciouse  na parroquia de Tabagón e calcinou 0,8 hectáreas, segundo confirmaron fontes da Consellaría do Medio Rural. Para tratar de extinguir este incendio, mobilizáronse até o lugar dous axentes, un técnico, seis brigadas, tres motobombas e dous helicópteros.