Agora

Cadea de montaxe da factoría de Stellantis en Vigo, onde 
se ten recortado a produción nos últimos tempos (Foto: Europa Press).
Agora

A falta de aprovisionamentos provoca novas paradas en Stellantis

A planta do grupo automobilístico Stellantis en Vigo volverá suspender parte da súa produción esta semana por problemas de subministración de compoñentes, segundo trasladou a dirección da factoría ao persoal. Nesta ocasión, a falta de aprovisionamentos obriga a suspender as quendas de tarde e noite desta cuarta feira, así como a de mañá desta quinta, todos eles no sistema 1, o que monta os modelos Peugeot 2008, Peugeot 301 e Citroën C-Elysée. Desde a reincorporación ao traballo despois das vacacións de verán, o pasado 21 de agosto, rexistráronse continuas alteracións na produción debido aos problemas de subministracións. Tanto o sistema M1 como o M2 furgonetas— viron suspendidos quendas en máis de media ducia de xornadas.
Montse Tomé, nova adestradora da selección española de fútbol (Foto: Oscar J. Barroso / AFP7 / Europa Press).
Agora

A asturiana Montse Tomé substitúe Jorge Vilda á fronte da selección española de fútbol

Após a destitución de Jorge Vilda como adestrador da selección española de fútbol, a Real Federación Española de Fútbol anunciou que será a asturiana, Montse Tomé quen tome as rendas do conxunto. Ex xogadora de equipos como o Barcelona ou o Levante, Tomé convértese na primeira muller en dirixir o combinado estatal.Tomé convértese na primeira muller en dirixir o combinado estatal. Tomé encabezou o comunicado de dimisión de parte do corpo técnico polo caso Rubiales sinalando o apoio ás xogadoras e denunciando ter que asistir obrigatoriamente á asemblea extraordinaria da federación.

Un exemplar de polbo. (Foto: Nós Diario)
Agora

O Parlamento pide á Xunta estudos sobre as causas da escasez de polbo na costa galega

O Parlamento insta o Goberno galego a levar a cabo os estudos necesarios para determinar as causas da escaseza de polbo nas augas galegas. Tamén pide que, de acordo co sector, o Executivo galega proceda á revisión das condicións para estabelecer no plan experimental (número de nasas, cotas máximas de captura, período de veda e control, medidas de loita contra o furtivismo, etcétera). Por último, reclama dispor e incrementar as medidas de cobertura económica que permitan estabelecer paralizacións temporais, extensión da veda ou atender ao sector ante calquera outra decisión de recuperación da especie.

En Galicia, en 2021 houbo 487 concursos de acredores, dos que 235 foron de empresas. (Foto: Nós Diario)
Agora

En agosto creáronse 260 novas empresas na Galiza

A constitución de sociedades mercantís situouse en 260 en agosto de 2023 na Galiza, que son 16 menos que en xullo pero oito máis que no mesmo mes do ano anterior, segundo os datos que publica hoxe o Instituto Galego de Estatística (IGE). O capital medio subscrito por estas sociedades ascendeu a 25.250,79 euros. Por outra parte, en agosto ampliaron capital social 77 empresas, e o capital total alcanzou os 37,93 millóns. As circunscricións da Coruña e Pontevedra rexistraron o maior número de creacións, con 40% das sociedades mercantís creadas no primeiro caso e 45,38% no segundo. Aliás, 6,92% das novas empresas constituídas fixaron a súa sede en Lugo, e o 7,69% restante, en Ourense.
Coches afundidos onte á beira da autovía A-42 á altura de Bargas, na provincia española de Toledo. (Foto: Mateo Lanzuela / Europa Press)
Agora

Cinco falecementos polas chuvias no Estado español

As predicións meteorolóxicas apuntaban que esta segunda feira sería o último día no que o Estado español padecería os efectos das chuvias torrenciais provocadas por unha depresión illada en niveis altos, que comezou o sábado e provocou no mínimo cinco mortes, tres na provincia de Toledo e dúas na de Huesca. Ao tempo, hai tres persoas desaparecidas. O fenómeno meteorolóxico obrigou a evacuar centos de persoas nas zonas afectadas, rachou pontes e forzou a interrupción do tráfico por estradas e vías de ferrocarril.
Camión accidentado en Mos (Foto: DXT).
Agora

Un accidente de camión sen feridos provoca grandes retencións en Puxeiros, Mos

Un accidente de tráfico cun camión implicado, e no cal non se rexistraron feridos, provocou retencións na autovía A-55 á altura de Mos (comarca de Vigo) desde media tarde desta segunda feira. Segundo informaron fontes do 112 Galixa, o sinistro tivo lugar pasadas as 17.30 horas da tarde, e foi un particular o que chamou a Emerxencias para alertar de que un camión saíuse da vía e encaixouse contra a mediana da autovía. O camión, que transportaba bebidas, ficou atravesado nun dos carrís, pero non houbo que lamentar feridos. De feito, o 112 foi informado de que o seu condutor saíra do vehículo polos seus propios medios, ileso.

Vivenda vella e nova na cidade de Santiago de Compostela. (Foto: Arxina)
Agora

O prezo da vivenda de segunda man sobe 4,2% en agosto na Galiza

O prezo da vivenda de segunda man subiu na Galiza un 0,1% en variación mensual e un 4,2% na súa variación interanual en agosto, situando o seu prezo en 1.697 euros o metro cadrado, segundo os datos que achega hoxe o Índice Inmobiliario de Fotocasa. O prezo medio da vivenda de segunda man sobe en até 79% dos 38 municipios con variación interanual analizados por Fotocasa. En tres deles sobe o valor interanual da vivenda por riba de 20% e son Foz, con 26,3%; Oleiros, con 24,7%, e Cee, con 22,5%. Por outra parte, os dous municipios cos maiores descensos son Betanzos, con -12,4%, e Culleredo, con -7,7%.
Cortes de tráfico na A-55.
Agora

Afectacións ao tráfico na autovía A-55 polo saneamento e estabilización de noiros en Tui

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana está a executar as obras de saneamento e estabilización de noiros entre os quilómetros 27,735 e 28,025 da calzada sentido Portugal da autovía A-55, na contorna de Tui (Baixo Miño). Tras a finalización dos traballos da primeira fase comezan agora os traballos da segunda. Por este motivo, desde esta mesma segunda feira, 4 de setembro, será necesario o corte do tráfico da calzada con sentido Tui/Portugal entre os quilómetros 27,600 e 28,200. Os vehículos desviaranse pola calzada oposta —sentido Vigo—, e habilitarase na devandita calzada o tráfico en dobre sentido de circulación. As afectacións ao tráfico prolongaranse previsibelmente até finais de setembro.
Gonçalo Paciência, nun partido da pretempada.
Agora

O Celta despréndese de Carreira e Paciência mentres agarda polas últimas fichaxes

Feche frenético deste mercado de fichaxes estival. O Real Club Celta chegou á derradeira xornada con demasiados deberes pendentes e, a falta de tres horas para o remate, aínda non foi confirmada ningunha das fichaxes que xa se daban por feitas, nomeadamente as chegadas do porteiro Vicente Guaita e o lateral esquerdo Mihailo Ristic, quen xa foi visto hoxe na sede celtiña. O que si é oficial é a saída, en calidade de cedidos, de Sergio Carreira e Gonçalo Paciência, ao Elche o primeiro —con opción de compra— e ao Bochum alemán o segundo.
Centro de atención de emerxencias do 112 Galiza (Foto: Xunta).
Agora

Un morto e dous feridos tras envorcar a súa embarcación na costa de Arteixo

Tres persoas foron rescatadas, unha delas en estado moi grave e finalmente falecido, polos servizos de emerxencias despois de envorcar a embarcación na que se atopaban fronte á costa de Arteixo (comarca da Coruña). O achado dun barco na praia de Suevos ao redor das 14.45 horas desta sexta feira motivou a activación dun dispositivo de emerxencias que culminou coa recuperación da auga do tres tripulantes, segundo trasladaron desde o 112-Galiza. Os dous sobrevivintes estaban en bo estado cando foron sacados do mar polos profesionais de Salvamento Marítimo.
Cadea de montaxe da factoría de Stellantis en Vigo, onde 
se ten recortado a produción nos últimos tempos (Foto: Europa Press).
Agora

A planta de Stellantis en Vigo parará de novo a súa produción por falta de subministros

A dirección da planta do grupo Stellantis en Vigo comunicou ao persoal novas alteracións na actividade, con novas paradas que afectarán os dous sistemas de produción, debido aos problemas de subministracións. Así, esa falta de aprovisionamentos obriga a suspender a actividade na quenda de noite desta sexta feira e do domingo no sistema M1, que monta os modelos Peugeot 2008, C-Elysée e Peugeot 301. Mentres, o sistema M2, que monta as furgonetas nas súas diferentes versións, parará na xornada do sábado e na quenda de noite do domingo. A produción na factoría viguesa xa estivo parada en varias quendas antes esta semana, e tamén houbo alteracións xusto despois do regreso do persoal do período vacacional.

Centro de atención de emerxencias do 112 Galiza (Foto: Xunta).
Agora

Morre un home en Sober após envorcar o tractor que conducía

Un home faleceu en Sober (comarca de Lemos) ao envorcar o tractor que conducía nunha zona de monte, nun accidente para o que foi mobilizado un helicóptero medicalizado do 061. Tamén foi movilizda unha ambulancia de soporte vital básico, segundo precisan fontes do 061, que sinalan que o persoal facultativo confirmou o falecemento no punto dos feitos. O 112 informou de que despois do acidente un particular contactou con emerxencias para informar de que unha persoa tivera un accidente cun tractor e que o vehículo envorcara, atopándose inconsciente o seu condutor.

Porto de Cangas (Foto: Turismo da Galiza).
Agora

Unha batería estoupa e provoca feridas a un mariñeiro no porto de Cangas

Un mariñeiro resultou ferido ao explotar a batería que manipulaba para a súa carga no porto da localidade de Cangas do Morrazo. Segundo trasladou o CIAE 112 Galiza, o incidente aconteceu na mañá desta quinta feira na zona das casetas dos pescadores do porto cangués. Até o lugar desprazáronse dúas ambulancias de Urxencias Sanitarias 061 para atender o ferido, que foi trasladado ao hospital Povisa da cidade de Vigo.

Persoal de Metalships concentrado fronte á sede do Círculo de Empresarios en Vigo (Foto: Europa Press).
Agora

Persoal de Metalships maniféstase en Vigo para exixir a readmisión dos traballadores despedidos

Os traballadores do estaleiro vigués Metalships&Docks saíron á rúa esta quinta feira, na cuarta xornada de folga indefinida, para denunciar a "represión sindical" e o "desmantelamento" da empresa, e volveron exixir a readmisión dos traballadores despedidos (entre eles dous membros do comité de persoal), á vez que advertiron de que a actuación da parte patronal neste conflito "non vai quedar impune". Decenas de traballadores e delegados da CIG, CCOO e UXT do sector naval saíron en manifestación desde as instalacións de Metalships e finalizaron a marcha fronte á sede do Círculo de Empresarios da Galiza, cuxo presidente, Manuel Rodríguez, é tamén o propietario do grupo Rodman, ao que pertence o estaleiro de Teis.

O prezo da luz aumenta alcanzou o máximo deste mes de setembro (Foto: Nós Diario).
Agora

O prezo da luz repunta 2% esta quinta feira e fecha agosto como o mes máis caro desde febreiro

O prezo medio da luz para os clientes de tarifa regulada vinculados ao mercado almacenista subirá esta quinta feira, 31 de agosto, 2% con respecto á cuarta feira, até os 110,57 euros por megawatt hora (MWh), e fará fechar agosto como o mes máis caro desde o pasado mes de febreiro. Por franxas horarias, o prezo máximo, de 136,66 euros/MWh, rexistrarase entre as 20 e as 21 horas, mentres que o prezo mínimo darase entre as 15 e as 16 horas, con 88 euros/MWh, segundo os datos provisionais do Operador do Mercado Ibérico de Enerxía (OMIE). Desta maneira, o prezo da luz repunta por cuarto día consecutivo e mantense por encima da cota dos 100 euros/MWh, aínda que lonxe dos 134,94 euros/MWh que alcanzou a pasada semana, o seu nivel máis alto do verán para unha xornada e o máximo desde principios de marzo.

Varios axentes de emerxencias observan o incendio forestal de Palas de Rei. (Foto: Carlos Castro/Europa Press).
Agora

Estabilizado o incendio forestal da Mezquita, que suma xa 90 hectáreas afectadas

A Consellaría de Medio Rural dá por estabilizado o incendio forestal que afecta desde a noite da pasada terza feira o municipio de A Mezquita, na comarca de Viana. As últimas estimacións ofrecidas pola Xunta da Galiza cifran en 90 as hectáreas afectadas polo lume. O fogo iniciouse na parroquia de Santigoso, zona onde os equipos de emerxencia continúan a traballar para extinguir o lume. Ao longo da mañá contribuíron ao control das chamas tres axentes, 13 brigadas, oito motobombas e dúas pas, ademais dun helicóptero que se incorporou co paso das horas. Este é o segundo incendio máis grande declarado no mes de agosto despois do de Palas de Rei (A Ulloa), activo entre os días 18 e o 21 con 126 hectáreas queimadas, 117,5 de monte raso e 8,5, arborado.

Turistas nunha rúa céntrica da zona vella de Santiago. (Foto: Arxina)
Agora

Os viaxeiros aloxados en apartamentos turísticos creceron case un 15% en xullo

Os viaxeiros aloxados nos apartamentos turísticos galegos creceron case un 15% o pasado mes de xullo con respecto ao mesmo mes do ano anterior. Segundo datos do Instituto Nacional de Estatística, as persoas visitantes que fixeron esta escolla incrementaron a súa estancia media até os 3,81 días, co que as durmidas no mesmo período creceron perto dun 18%. A enquisa de ocupación de aloxamentos turísticos extrahoteleiros evidencia, ademais, que fronte ao mellor comportamento para os apartamentos turísticos no mes de xullo, tanto cámpings como casas rurais caeron en número de usuarios. Os apartamentos aloxaron 39.532 persoas, 5.113 máis que no mesmo mes de 2022. Estas viaxeiras realizaron 150.000 durmidas, o que supón un 17,8% máis que hai un ano.

Pedro Sánchez e Alberto Núñez Feixoo reúnense no Congreso. (Foto: Jesús Hellín / Europa Press).
Agora

Reunión no Congreso entre Pedro Sánchez e Alberto Núñez Feixoo de cara á investidura

A reunión entre o presidente do Goberno español en funcións, Pedro Sánchez, e o líder do PP, Alberto Núñez Feixoo, comezou pouco despois das dez da mañá desta cuarta feira nunha sala do edificio de ampliación do Congreso. Na axenda, o debate de investidura do 26 de setembro. Sánchez chegou en coche desde Moncloa pouco antes das dez. No Congreso xa o esperaba Núñez Feixoo, que exerce como anfitrión tras pedir este encontro como primeira escala da súa rolda de contactos con outras formacións. Esta é a terceira entrevista coñecida entre os dous líderes. En abril de 2022 foi a primeira vez que o presidente do Goberno recibiu en Moncloa a Feixoo como líder do PP. En outubro pasado, tras a dimisión de Carlos Lesmes como presidente do CXPX Sánchez convocouno de novo.

Varios axentes de emerxencias observan o incendio forestal de Palas de Rei. (Foto: Carlos Castro/Europa Press).
Agora

Activo na Mezquita, Viana, un incendio forestal que xa calcinou 70 hectáreas

Permanece activo no municipio da Mezquita, na comarca de Viana, un incendio forestal que, segundo a Consellaría de Medio Rural, tras as primieras medicións sobre o terreo, xa queimou 70 hectáreas. O fogo iniciouse contra as 22 horas da pasada terza feira na parroquia de Santigoso, onde os equipos de extinción continúan a traballar para controlar o lume. Desde o Goberno galego informan de que neste momento están operativos na zona tres axentes, 13 brigadas, oito motobombas e dúas pas. Medio Rural lembra que, desde o pasado 24 de xuño, as queimas de restos agrícolas e forestais realizadas por particulares na Galiza están prohibidas até novo aviso.

Tanxugueiras. (Foto: Rocío Cibes)
Agora

Tanxugueiras despedirá dous anos de viaxe musical cun concerto "único" no Coliseum da Coruña

Tanxugueiras fechará a súa xira no Coliseum da Coruña o próximo 16 de decembro con 'O derradeiro diluvio', un concerto "único" que contará con artistas convidados como Rayden, Rozalén, Mordo, Guadi Galego, Valeria Castro, Mondra e "moitas sorpresas". Após dous anos de concertos, Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro anunciaron a despedida da súa viaxe musical acompañadas pola alcaldesa da cidade, Inés Rei. "Vai ser algo único e especial", destacou Tarrío, "con temas novos e moitas sorpresas".  As entradas poranse á venda esta sexta feira, primeiro de setembro, partir das 11 horas para todo o público. Esta cuarta feira, terá lugar unha prevenda dirixida a medio muller de entidades e asociacións de música tradicional, cun desconto do 10%.