BNG e PSOE urxen a Xácome medidas ante o "caos" na execución de obras en Ourense

O grupo municipal socialista no Concello de Ourense denunciou "improvisación" e "caos" nas obras promovidas polo goberno local, mentres que o BNG reclámalle exixir que se cumpra con "rigor" os plans de seguridade na execución de obras. "Gran parte da cidadanía verá impedido o acceso en vehículo aos seus domicilios padecendo, por outra parte, o ruído derivado das obras e un colapso do tráfico sen precedentes", sinalan os socialistas sobre obras en marcha no centro da cidade. Á súa vez, o BNG demanda ao alcalde, como responsábel de Infraestruturas, "que obrigue ás empresas adxudicatarias das obras a que apliquen con rigor o plan de seguridade".

Pérez Xácome durante unha rolda de prensa (Foto: Agostime / Europa Press).
photo_camera Pérez Xácome durante unha rolda de prensa (Foto: Agostime / Europa Press).
Comentarios