![Nós Diario](/media/nosdiario/images/2023/01/10/2023011017211925549.png)
Redacción
20/xul./23 - 09:06
Un motorista faleceu na noite da cuarta feira no termo municipal de Sarria, despois de chocar cun camión no quilómetro 2 da estrada LUP-5701. O persoal sanitario mobilizouse nun helicóptero médico ao recibir unha chamada na noite da cuarta feita, pero non puido salvarlle a vida, segundo os datos achegados por 112 Galiza. Até o lugar do accidente, ademais, acudiron a Garda Civil de Tráfico e a Policía Local de Sarria.