Agora

O suceso produciuse nas inmediacións da praza de América de Vigo. (Foto: Google)
Agora

Detido un veciño de Vigo acusado de agredir a súa parella na vía pública

A Policía Local de Vigo detivo un veciño da cidade, J.A.N.C., de 50 anos, como presunto autor dun delito de violencia machista, tras agredir supostamente a súa parella na vía pública. Os feitos ocorreron á primeira hora da mañá desta terza feira, cando unha patrulla policial que se atopaba na contorna da praza de América foi requirida por un viandante que explicou que, a escasos metros, unha parella estaba a ter unha forte discusión. Os policías dirixíronse ao lugar e alí atoparon unha moza que afirmou que o home lle propinara varios tortazos e puñadas na cara. De feito, presentaba marcas de golpes na cara e o pescozo, e tamén restos de sangue. O presunto autor da agresión fuxiu e foi interceptado a uns 100 metros. Ao identificalo, recoñeceu que agredira a súa parella, segundo fontes policiais.
Persoal de enfermaría nunha instalación sanitaria gala. (Foto: Lub Nobout / Zuma Press / ContactoPhoto) #saúde #sanidade #sergas #enfermaría #coronavirus #hospital
Agora

Máis de 80% das enfermeiras aseguran atender máis pacientes dos que deberían

Até 84,83% do persoal de enfermaría considera que o número de pacientes que ten asignado no seu hospital, centro de saúde ou centro sociosanitario "non é o axeitado" para prestar unha atención "segura e de calidade", segundo unha enquisa realizada polo Sindicato de Enfermaría Satse no mes de maio a un total de 6.260 profesionais de todo o Estado español. No caso dos hospitais, mentres que os estudos determinan claramente unha ratio máxima de entre 6 e 8 doentes por enfermeira, a maioría delas —7 de cada 10— aseguran superar os 10 pacientes.
Sede do Tribunal Supremo, en Madrid. (Foto: Nós Diario)
Agora

O Supremo avala as rebaixas de penas nas condenas firmes pola lei do 'só si é si'

A Sala do Penal do Tribunal Supremo deu esta cuarta feira o seu aval ás rebaixas de penas aplicadas nas revisións de condenas firmes tras a entrada en vigor da lei do 'só si é si'. Deste modo, acordou rexeitar os recursos expostos pola Fiscalía, que postulaban o incremento das penas, coa excepción das penas accesorias dos dereitos á patria potestade, tutela e curatela.
Cordón policial en San Antonio, Texas, nos EUA. (Foto: Europa Press / Contacto / Nick Wagner)
Agora

Un tiroteo na graduación dun instituto de Virxinia (EUA) deixa no mínimo dous mortos

No mínimo dúas persoas morreron —dous homes de 18 e 36 anos de idade— e outras cinco resultaron feridas de diversa gravidade nun novo tiroteo nos Estados Unidos. Aconteceu esta terza feira durante a cerimonia de graduación dun instituto de Richmond, no estado de Virxinia. A Policía detivo un mozo de 19 anos que posuía catro pistolas como presunto autor do crime, e sospeita que coñecía cando menos unha das vítimas.
O emérito na súa última visita a Sanxenxo (Foto: José Ramón Hernando / Europa Press).
Agora

O ciclón Óscar fai cancelar os plans do rei emérito español para voltar a Sanxenxo

O ciclón Óscar empezará esta terza feira a se deixar notar na Galiza, cunha suba de temperaturas considerábel e que nas seguintes xornadas irá acompañado nas xornadas seguintes de borrascas, precipitacións fortes e vento. Unhas condicións meteorolóxicas que, entre as súas consecuencias, provocaron xa que o rei emérito español, Juan Carlos de Borbón, non poida voltar esta fin de semana a Galiza para participar nunha regata en Sanxenxo. Estaba previsto que esta sexta feira comezase unha nova rolda do quinto circuíto da liga estatal da clase seis metros de vela, á que pertence o Bribón, o barco que capitanea Juan Carlos de Borbón, mais a proba foi suspendida pola organizadora, o Real Club Náutico de Sanxenxo.
Lara Méndez, do PSdeG, e Rubén Arroxo, do BNG.
Agora

PSOE e BNG iniciarán esta quinta feira as negociacións para reeditar o goberno de coalición en Lugo

O PSOE e o BNG de Lugo cítanse esta quinta feira para dar os primeiros pasos nas negociacións encamiñadas a reeditar un acordo de goberno para a cidade e artellar o programa marco que rexerá no novo mandato municipal. O portavoz dos socialistas lugueses, Miguel Fernández, sinala que nesta reunión abordarán a estratexia do novo goberno tras cumprir "case na súa totalidade" o programa marco do anterior. Tamén se negociarán as áreas que corresponderán aos integrantes da coalición. Pola súa parte, o portavoz do BNG, Rubén Arroxo, detallou que, polo de agora, "o único" que se puxo sobre a mesa foi o calendario de xuntanzas e o esquema sobre o que traballarán, e puntualizou que a intención do Bloque é "crear o mellor goberno e proxecto para Lugo, para que a cidade siga camiñando tal e como decidiron os veciños".

Centro de atención de emerxencias do 112 Galiza (Foto: Xunta).
Agora

Tres feridos nun accidente múltiple en Ribadumia

Tres persoas tiveron que ser evacuadas a un centro sanitario tras un accidente de tráfico ocorrido no municipio de Ribadumia (O Salnés) no que se viron implicados tres vehículos. Segundo informou o CIAE 112-Galiza, sucedeu na noite deste domingo, no quilómetro 4 da PO-300, á altura da parroquia de Lois. Varios particulares avisaron do accidente e relataron que unha das persoas implicadas sufrira unha indisposición debido a un problema médico e que ficaba inconsciente. As testemuñas tamén indicaron que as persoas feridas non podían saír dos coches. Os servizos de emerxencias colaboraron para retirar a unha das persoas do seu vehículo, mentres que as outras xa se liberaron por si mesmas. O persoal sanitario trasladou os tres feridos ao hospital.
Carga policial contra os bombeiros en Lugo. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
Agora

Bombeiros comarcais decidirán esta segunda feira se convocan folga en todo o país

A asemblea xeral de bombeiros comarcais da Galiza reunirase este segunda feira, 5 de xuño, coa fin de valorar "medidas de presión a tomar", coa proposta de folga a nivel galego encima da mesa. Esta asemblea, que decorrerá en Santiago, está convocada pola mesa intersindical de bombeiros -que conforman CIG, Comisións Obreiras, UXT e o sindicato independente de bombeiros, aínda que tamén conta con delegados de CSIF e USO-. O portavoz da mesa intersindical, Anxo Moldes (CIG), explica que se baralla a opción da folga "debido á inoperancia dos diferentes consorcios para a conversión de persoal laboral fixo de todos os bombeiros da Galicia, segundo a doutrina do Supremo do ano pasado".

Núcleo de vivendas na Coruña. (Foto: Álvaro BAllesteros / Europa Press).
Agora

As execucións hipotecarias sobre vivendas caen 50% no primeiro trimestre

No primeiro trimestre deste ano rexistráronse no conxunto da Galiza un total de 66 execucións hipotecarias sobre vivendas, o que se traduce nun descenso de 50,7% en comparanza co mesmo período de 2022, cando se contabilizaron 134. Con base nas cifras publicadas esta sexta feira polo INE, esta caída é superior á media estatal, pois no conxunto do Estado español producíronse 3.693 execucións hipotecarias entre xaneiro e marzo, un 31,1% menos. Das 66 execucións na Galiza, 65 eran sobre vivendas de persoas físicas e unha sobre un domicilio de persoa xurídica. Aliás, houbo 128 execucións sobre leiras no país, das que 31 eran leiras rústicas.
O incendio en Crecente declarado o 18 de maio (Foto: Brigada de Marroxo).
Agora

A Xunta fixa o alto risco de incendios forestais entre o 1 de xullo e o 30 de setembro

A Consellaría do Medio Rural declarou a época de alto risco de incendios forestais entre o 1 de xullo e o 30 de setembro, tal e como estabelece o plan de loita contra o lume (Pladiga) como período fixo para o verán. Así figura na resolución do Diario Oficial de Galicia (DOG) publicada esta quinta feira, 1 de xuño de 2023, e que asina o conselleiro de Medio Rural, José González. Así mesmo, con esta orde facúltase ao director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, para "ditar cantas instrucións sexan precisas para modificar estas datas e declarar como perigo alto outras épocas do ano, cando as condicións meteorolóxicas ou outras circunstancias agraven o risco de incendios".

Transporte da compañía Gadis. (Foto: Gadisa)
Agora

Gadis reciclou en 2022 máis de 9.500 toneladas de residuos

O grupo de distribución alimentaria Gadis reciclou en 2022 máis de 9.500 toneladas anuais de residuos na súa aposta, asegura, pola "circularidade". Nun comunicado, sinala que a súa actividade baséase nun modelo de negocio "100% sostíbel" e cunha estratexia ambiental "ao redor da xestión responsábel dos residuos, a eficiencia enerxética, a optimización loxística e o impulso á produción sostíbel e de proximidade". "Máis de 95% dos residuos que xera na plataforma loxística central de Betanzos reciben unha nova vida útil aplicando un modelo de economía circular de forma transversal en toda a cadea de valor", engade a empresa.

 

Os grandes concellos galegos, como A Coruña ou Vigo (na imaxe) non teñen políticas de alugueiro de vivenda de titularidade pública. (Foto: Nós Diario)
Agora

O metro cadrado da vivenda de segunda man ascende até os 1.347 euros

A vivenda de segunda man na Galiza encareceu 3,39% en maio a respecto do mesmo mes de 2022, segundo o último informe do portal inmobiliario Pisos.com, que sitúa o prezo do metro cadrado en 1.347 euros, o mesmo que en abril. No conxunto do Estado español subiu o seu custo por volta de 6,47% en maio, até os 2.053 euros o metro cadrado. Por circunscricións, Pontevedra foi a que rexistrou un maior incremento, subindo 7,55%, até os 1.601 euros o metro cadrado. Na Coruña só creceu 0,07%, até 1.378 euros, mentres que en Lugo o incremento foi de 2,18%, con 910 euros, e en Ourense, de 0,74%, até 951 euros o metro cadrado.

Liña de montaxe da fábrica de Stellantis en Vigo (Foto: Víctor Cameselle).
Agora

Stellantis volve parar a súa actividade hoxe por falta de compoñentes

A factoría viguesa do grupo automobilístico Stellantis parará parte da súa actividade na tarde desta quinta feira pola falta de compoñentes. Tal e como informou a compañía aos seus traballadores, o Sistema 2 da fábrica, onde se ensamblan as furgonetas das diferentes marcas do grupo, deterase na quenda de tarde e de noite. Isto sucede días despois de que a firma anunciase que contratará unhas 700 persoas a partir de setembro para reactivar a súa quenda de fin de semana no propio Sistema 2 xa que, ao seu xuízo, existen as condicións necesarias para operar porque no que vai de ano esta liña só parara en dúas ocasións.
Intervención de Joe Biden fronte á Cámara de Representantes dos EUA. (Foto: Evelyn Hockstein / Pool via Zuma Press)
Agora

O Congreso estadounidense dá luz verde ao acordo sobre o teito de endebedamento

A Cámara de Representantes dos Estados Unidos aprobou na madrugada da cuarta á quinta feira [hora da Galiza] o pacto sobre o teito de endebedamento acordado previamente entre o presidente, Joe Biden, e o líder do Partido Republicano no órgano lexislativo, Kevin McCarthy. A reforma foi aprobada con 314 votos a favor e 117 en contra e ten por obxectivo evitar o estoupido dunha gran crise económica no país norteamericano. "Este é un compromiso bipartidista. Ningún dos lados conseguiu o que quería, e esa é a responsabilidade que implica gobernar", dixo Biden.
Oficina de Correos en Santiago de Compostela. (Foto: Nós Diario)
28-M

Case 52.500 persoas votaron por correo na Galiza, 16% menos que en 2019

Un total de 52.469 persoas votaron por correo na Galiza para nas eleccións muncipais do próximo 28 de maio —16% menos que en 2019, segundo os datos facilitados esta sexta feira por Correos. Formalizaran a súa petición un total de 55.179 persoas, malia que non se materializaron todas. Aliás, aceptouse o voto de 103 galegos e galegas que residen temporalmente no estranxeiro. Do total de votos emitidos por correo, 18.460 correspóndense coa circunscrición da Coruña; 8.941, coa de Lugo; 9.201, coa de Ourense, e 15.867, coa de Pontevedra.

Momentos posteriores ao choque frontal en Allariz (Foto: Garda Civil).
Agora

Tres feridos tras unha colisión frontal entre dous coches en Allariz

Tres persoas resultaron feridas leves na colisión frontal entre dous turismos rexistrada na mañá desta sexta feira no polígono de Chorente, no concello de Allariz. Segundo informou a Garda Civil de Ourense, o suceso tivo lugar no quilómetro 216.700 da estrada OU-525, que permaneceu cortada uns minutos para facilitar o traballo dos equipos de emerxencias.Os tres feridos, entre eles os dous condutores dos vehículos implicados, foron evacuados en ambulancias do 061 de Urxencias Sanitarias até o CHUO.

A ex presidenta arxentina, Cristina Fernández de Kirchner, saúda a terza feira desde un balcón do Senado os seus seguidores. (Foto: Leo Vaca / telam / dpa)
Agora

Fernández de Kirchner: "Ódianme e perséguenme porque son do pobo"

A vicepresidenta da Arxentina, Cristina Fernández de Kirchner, dixo  nun acto masivo en Bos Aires que é perseguida e odiada pola elite do seu país porque é "do pobo". "Por que cren que me odian, perseguen e proscriben? Porque nunca fun deles nin o vou a ser, fagan o que fagan, quéiranme matar ou meter présa, eu son do pobo e de aí non me movo", expresou Fernández no acto que se realizou para conmemorar os 20 anos da chegada ao poder de Néstor Kirchner (2003-2007).

Centro de atención de emerxencias do 112 Galiza (Foto: Xunta).
Agora

Falece un operario en Quiroga tras caerlle un piñeiro enriba mentres realizaba labores forestais

Un traballador faleceu na mañá desta quinta feira no municipio de Quiroga ao caerlle encima un piñeiro mentres realizaba tarefas forestais. O accidente produciuse minutos despois das 10.30 horas no lugar das Covas, que pertence á parroquia de Augas Mestas, segundo informou o CIAE 112 Galiza. Até o lugar mobilizáronse profesionais de Urxencias Sanitarias 061, que só puideron confirmar a morte do operario.

O encoro de Vilasenín, en Ordes (Foto: Turismo da Galiza).
Agora

Aparece nun encoro de Ordes o cadáver dun home que saíra pescar o día anterior

Os servizos de emerxencia recuperaron dun encoro de Ordes (comarca de Ordes) o corpo sen vida dun home que saíra pescar na tarde da pasada cuarta feira. Segundo informou o CIAE 112 Galiza á primeira hora desta quinta feira, o cadáver foi rescatado durante a mañá no encoro Vilasenín. O corpo corresponde a un home que saíra a practicar a pesca na tarde do mércores, como apunta a Axega a través da súa conta de Twitter.

bng
Agora

Lores expresa o seu "enfado" co Goberno español pola paralización de proxectos en Pontevedra

O alcalde de Pontevedra e candidato á reelección polo BNG, Miguel Anxo Fernández Lores, acompañado do deputado nacionalista no Congreso, Néstor Rego, trasladou esta cuarta feira o seu "enfado" co Goberno estatal pola "paralización de proxectos" na cidade. Referiuse, en concreto, ao proxecto para construír un vial que conecte a vella estrada de Marín coa autovía de entrada á cidade, unha infraestrutura que permitiría atender a "demanda histórica" da veciñanza de Mollavao de "lograr unha mellor calidade urbana e de vida".