![Nós Diario](/media/nosdiario/images/2023/01/10/2023011017211925549.png)
Redacción
26/maio/23 - 17:51
Actualizado: 01/xuño/23 - 09:10
Un total de 52.469 persoas votaron por correo na Galiza para nas eleccións muncipais do próximo 28 de maio —16% menos que en 2019, segundo os datos facilitados esta sexta feira por Correos. Formalizaran a súa petición un total de 55.179 persoas, malia que non se materializaron todas. Aliás, aceptouse o voto de 103 galegos e galegas que residen temporalmente no estranxeiro. Do total de votos emitidos por correo, 18.460 correspóndense coa circunscrición da Coruña; 8.941, coa de Lugo; 9.201, coa de Ourense, e 15.867, coa de Pontevedra.