![Nós Diario](/media/nosdiario/images/2023/01/10/2023011017211925549.png)
Redacción
08/maio/23 - 13:51
O cuarto mes de 2023 foi entre seco e normal a nivel de precipitacións na Galiza e extremadamente cálido, con temperaturas até 2,5 graos centígrados superiores á media no leste do país, segundo informou a Axencia Estatal de Meteoroloxía. No abril máis caloroso e con menos choiva no Estado desde que hai rexistros, Galiza foi a excepción en precipitacións aínda que, en todo caso, estiveron por baixo da media dos últimos anos.