07/maio/23 - 19:17
Actualizado: 07/maio/23 - 20:04
Sada acollerá do 3 ao 6 de agosto o XVI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galiza
A xunta directiva da Federación Galega de Cultura Marítima e Fluvial (Culturmar) organizará o XVI Encontro de Embarcacións Tradicionais no porto de Sada (A Coruña) que terá lugar entre os días 3 e 6 de agosto. En colaboración con Portos de Galiza, Culturmar levará a cabo este evento co obxectivo de promover a defensa do patrimonio marítimo material e inmaterial.
![embarcacións tradicionais](/asset/thumbnail,1280,720,center,center/media/nosdiario/images/2019/07/09/2019070911234685586.jpg)