O custo medio da crianza por filla ao mes ascende a 630,34 euros e aumenta coa idade

O custo da crianza dun fillo ou unha filla ao mes ascende, de media en toda a Galiza, a 630,34 euros e conforme aumenta a faixa de idade que se ten en conta, o diñeiro que se precisa tamén sobe, segundo os datos do informe elaborado polo Observatorio Galego de Dinamización Demográfica. Desta maneira, dos 521,23 euros do intervalo 0-3 anos, chégase até os 690,17 euros de criar una filla ou un fillo entre os 13 e os 17 anos.
Fabiola García, conselleira de Política Social en funcións (no centro). (Foto: Nós Diario)
photo_camera Fabiola García, conselleira de Política Social en funcións (no centro). (Foto: Nós Diario)
Comentarios