star
POLÍTICA
O PSOE apura os contactos cos nacionalistas tras o fracaso de Núñez Feixoo na investidura
29/set./23
Alberto Núñez Feixoo volveu fracasar. O candidato dos populares á Presidencia do Executivo do Estado español non conseguiu os apoios necesarios para formar Goberno, polo que o reloxo da investidura comeza a correr contra Pedro Sánchez. Arranca un novo capítulo na loita polo Executivo.