star
SESIÓN DE INVESTIDURA
O Parlamento proclama Rueda presidente da Xunta co único apoio do PP e a crítica da oposición pola falta de proxecto propio
11/abr./24
Alfonso Rueda xa é presidente da Xunta da Galiza. Case dous meses despois das eleccións e nunha sesión na que o candidato á Presidencia non parou de reprochar ao BNG e ao PSdeG que "non asumisen" os resultados dos comicios. Porén, a man tendida na sesión por Ana Pontón e Gómez Besteiro para alcanzar acordos en temas como vivenda ou industria foi ignorada.