CULTURA
A "poesía do pobo" será a protagonista do Día das Letras Galegas en 2025
05/xul./24
A música e as cantigas son un dos principais vehículos da lingua e as que conteñen a súa memoria sentimental. A Real Academia Galega aposta en 2025 polo cultivo popular do idioma, ao dedicar o Día das Letras Galegas ao cancioneiro galego.