Calviño nega "discriminación" ao galego após priorizar o catalán e Ana Miranda replica que "non hai linguas de segunda"
- Nadia Calviño, vicepresidenta do Goberno español: "Tense que propor unha solución de compromiso para ir avanzando con aquela lingua que ten máis número de falantes, pero non hai ningún tipo de discriminación"
- Ana Miranda, eurodeputada do BNG: "Non hai linguas de primeira e de segunda, senón que son todas de primeira, polo que pedimos igualdade de trato"