POLÍTICA
Anxo Quintana acode a Xinzo de Limia para abeirar a candidatura do BNG
07/feb./24
Afirma que o BNG ten "o mellor programa e candidata" e cre que "a política debe servir para tentar convencer a quen non pensan" igual
Afirma que o BNG ten "o mellor programa e candidata" e cre que "a política debe servir para tentar convencer a quen non pensan" igual
O ex vicepresidente da Xunta recoñece que segue a campaña electoral “desde a distancia”. Unha campaña, engade, “moi españolizada” e na que está a ser “difícil” introducir unha “axenda galega”. Sitúa o seu interese nas votacións do 28 de abril en ”saber até que punto Galiza vai ter ou non representación propia”.
O ex portavoz nacional do BNG e ex vicepresidente do Goberno galego reapareceu esta quinta feira nun acto público -a apresentación dunha tese de doutoramento sobre a campaña que desembocou na derrota do bipartito- e atendeu a imprensa sobre os temas de actualidade política.