asasinato

Concentración de familiares e amizades da muller asasinada en Baiona. (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press)
SOCIAL

Familiares, amizades e veciñanza concéntranse para condenar o asasinato machista de Baiona

A Xunta envía un equipo de psicológos ao IES Pedro Floriani de Redondela, onde traballa como profesor o presunto asasino, que se entregou á Policía Nacional esta segunda feira.

O Goberno español confirma o asasinato de Baiona como violencia de xénero, a vítima mortal machista 1.190 desde 2003 no conxunto do Estado.

Entrada da vivenda na que se achou o corpo sen vida da muller asasinada en Baiona. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

Detido en Ourense o home acusado de asasinar a súa ex parella en Baiona diante dos fillos

A Garda Civil apunta á ex parella da vítima como presunto autor dun crime de violencia machista.

 

Miguel G. R., no xuízo decorrido o pasado ano. (Foto: Javier Vázquez / Europa Press)
SOCIAL

Ratificada a condena de 40 anos de prisión para o home que asasinou a irmá e a sobriña en Soutomaior

O TSXG desestima o seu recurso, no que alegara que actuou en "lexítima defensa" e movido por un "medo insuperábel" cando disparou á queimarroupa ás vítimas, que foran ao seu domicilio para reclamarlle unha escaleira.
Asistencia médica a unha muller afectada polo lanzamento de bombas lacrimóxenas por parte da Policía do Perú, onte en Lima. (Foto: Luis Javier Maguila)
INTERNACIONAL

A Coordinadora peruana de dereitos humanos denuncia violacións masivas por parte do Estado

Defensores dos dereitos humanos conclúen que a represión no Perú trátase dunha "política de Estado".
Efectivos sanitarios e policiais cobren o cadáver do sancristán falecido nun ataque a diferentes igrexas en Alxeciras. (Foto: Nono Rico / Europa Press)
INTERNACIONAL

Un sancristán morto e varios feridos en dous ataques en igrexas de Alxeciras

O ataque desta quinta feira na localidade gaditana investígase como presunto ataque terrorista por parte da Audiencia Nacional.
Soldados do exército de Israel (Foto: Ilia Yefimovich / dpa).
INTERNACIONAL

O exército israelí asasina máis un civil palestino, o número 17 no que vai de 2023

Jawad Bouaqneh, pai de seis fillos, foi asasinado fronte á casa da súa familia no campo de refuxiados de Xinín.
O exército de Isreal detén un mozo palestino durante unha das súas redadas (Foto: Ilia Yefimovich / dpa).
INTERNACIONAL

Tres palestinos, un deles de 18 anos, son asasinados a mans de forzas israelís durante unha nova redada

No medio dun clima de tensión, dous mozos morreron por feridas de bala no municipio de Qabatiya, preto da cidade de Xinín. Habib Mohamed Abdulrahman Kamil, de 25 anos de idade e Abd ao Hadi Fakhri Youssef Nazzal, de 18 anos faleceron mentres eran hospitalizados.
Axentes israelís patrullan as rúas de Xerusalen. (Foto: Europa Press)
INTERNACIONAL

O exército de Israel asasina unha rapaza palestina de 16 anos durante un ataque á cidade de Xinín

No que vai de 2022 as forzas sionistas asasinaron 210 palestinos, entre eles 50 menores de idade.
Un home vendo as flores que lembran a asasinada no valado da tenda en que traballaba. (Imaxe: Carlos Castro / Europa Press)
SOCIAL

O detido polo feminicidio de Lugo confesa ser autor do asasinato

O detido polo crime da muller luguesa de 42 anos confesou ser o autor do homicidio que se produciu no domicilio da vítima, na rúa Quiroga, en Lugo.

Concentración da pasada cuarta feira polo asasinato da muller no Carballiño. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Estes son os lugares e horas das concentracións en repulsa do asasinato de Cristina Cabo

"As últimas informacións que coñecemos parecen indicar que o asasinato pode ter tintes machistas e entendemos que cómpre dar resposta!”, indican desde a Marcha Mundial as Mulleres.
Un axente da Policía Nacional, na mañá desta terza feira, diante da porta do edificio onde foi asasinada Cristina Cabo. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
SOCIAL

Detido un home polo asasinato de Cristina Cabo: "Con isto o caso quedaría resolto"

Seguen abertas todas as hipóteses en relación con este crime.
Un coche da Policía (Foto: Europa Press).
SOCIAL

Asasinan unha muller na súa vivenda de Lugo

O corpo sen vida da vítima foi achado con claros signos de violencia. A Policía, que está a tomar declaracións, mantén abertas todas as hipóteses.
Tiroteo en Chesapeake. (Foto: El Liberal)
INTERNACIONAL

Un novo tiroteo nun supermercado dos EUA deixa varios mortos

Máis de 2.700 persoas morreron desde 2006 en ataques masivos no país do mundo con máis armas de fogo por habitante, 120 por cada 100 persoas.
O Club Q, en Colorado Springs (Foto: Club Q).
INTERNACIONAL

Polo menos cinco persoas son asasinadas nun club LGBT en Colorado

Un home, agora hospitalizado e en custodia policial, tería asasinado cando menos cinco persoas no Club Q, en Colorado, nos Estados Unidos de América.
Alejandra Ironici, nun acto. (Foto: Instagram)
INTERNACIONAL

Asasinan Alejandra Ironici, activista pioneira na loita polos dereitos das persoas trans en Arxentina

Ironici era recoñecida por ser a primeira muller trans en obter o recoñecemento legal en Arxentina.
Diego Bello participou dunha campaña de márketing do Dépor. (Foto: RC Deportivo)
SOCIAL

O caso de Diego Bello, sen resolver dous anos e medio despois

O equipo de letrados que defende a familia do mozo coruñés asasinado en xaneiro de 2020 en Manila, presuntamente a mans da Policía filipina, quere que o xuízo decorra na capital do país e urxen evitar "presións sobre o xuíz".
Concentración en repulsa do asasinato de Mila Marchetti, o pasado 18 de marzo, en Ourense. (Foto: Rosa Veiga / Europa Press)
SOCIAL

A Galiza rexistrou 4.703 denuncias por violencia de xénero no último ano

A Galiza rexistrou 4.703 denuncias por violencia de xénero en 2021, 1.375 menos que na anualidade anterior. A maioría, concretamente 81,8%, teñen a súa orixe en atestados policiais con denuncia das vítimas. Nesta dirección, o colectivo de mulleres entre 25 e 44 anos concentra 57,7% do total dos casos de violencia.
Militares do Exército birmano, que en febreiro de 2021 deu un golpe de Estado que tombou o réxime democrático. (Foto: Alexey Maishev / Sputnik)
INTERNACIONAL

Drama humanitario en Myanmar: a ditadura militar executa opositores e activistas por vez primeira en décadas

"Que máis ten que facer a Xunta Militar para que a comunidade internacional responda?", pregunta o relator especial da ONU en Myanmar.
Manobras de soldados británicos, esta terza feira. (Foto: Ben Birchall / PA Wire)
INTERNACIONAL

Soldados británicos competían en Afganistán por ver quen asasinaba máis persoas en incursións nocturnas

Militares do corpo de elite das Forzas Armadas mataban a sangue frío tanto persoas detidas como civís totalmente desarmados, e altos cargos do Exército tentaron ocultalo, segundo informa a 'BBC'.
O ex primeiro ministro do Xapón, Shinzo Abe, recibiu un disparo nas costas. (Foto: Asahi Shimbun)
Xapón

[VÍDEO] Falece o ex primeiro ministro nipón Shinzo Abe após recibir un disparo nun mitin electoral

Quen ostentou o cargo entre 2012 e 2020 recibiu un disparo polas costas cando participaba nun mitin electoral na cidade de Nara e entrou en parada cardiorrespiratoria. Faleceu horas despois no hospital. O principal sospeitoso, un varón de 41 anos, utilizou unha escopeta de fabricación caseira e xa foi detido pola Policía.