O BNG defende o concerto económico para Galiza como “única opción de autonomía real”
A portavoz nacional do Bloque asegura que esta fórmula aportaría preto de 3.500 millóns de euros adicionais que permitirían blindar os servizos públicos. “Galiza non lle debe nada ao Estado, é o Estado quen ten unha débeda con nós”, apunta Ana Pontón.