banca

Escotet internas7336
star
ECONOMÍA

Abanca é unha das entidades bancarias da Unión Europea con menores ratios de solvencia

A Autoridade Bancaria Europea acaba de presentar os resultados do exercicio de transparencia de 2023, onde analiza a situación do sistema financeiro europeo. Abanca non sae ben parada do referido estudo, ao aparecer entre as entidades bancarias con menores ratios de solvencia da Unión Europea.

O Banco Santander, presidido por Ana Botín, obtivo a peor nota (Foto: Humberto Bilbao).
Agora

A banca do Estado español é a máis vulnerábel aos riscos xeopolíticos de toda a UE

A banca do Estado español foi a que peor ratio de capital rexistrou de toda a Unión Europea (UE) por segunda vez consecutiva no exercicio anual de transparencia que elabora a Autoridade Bancaria Europea (EBA) e que estuda a solvencia das entidades, o que sitúa o sector financeiro estatal como o máis vulnerábel da UE aos riscos xeopolíticos. Banco Santander foi a que obtivo o peor dato entre as dez entidades do Estado español examinadas neste estudo.
#nadal #oficina #noiteboa #noitevella #traballo (Foto: Nós Diario)
TRABALLO

Saír antes do traballo en Noiteboa e Noitevella, un costume avalado polo Supremo

O alto tribunal rexeita o recurso de BBVA a unha sentenza previa do TSXG que daba a razón á CIG e recoñecía o dereito do persoal do banco na Galiza a reducir a xornada os días 24 e 31 de decembro por costume.
O atraco produciuse nunha sucursal de CaixaBank. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Rouban 300.000 euros a punta de pistola nunha sucursal de CaixaBank en Vigo

Polo momento, non transcenderon detencións nin a identidade dos atracadores e a Policía Nacional despregou un dispositivo na cidade para dar con eles.
Unha muller emprega un dos caixeiros móbeis de Abanca (Foto: Abanca).
ECONOMÍA

O Banco de España demanda acceso ás oficinas bancarias no medio rural

O organismo alerta sobre a exclusión financeira.
#hipoteca #vivenda #xuro #xuros (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)
Vivenda

24 anos a un tipo medio de 3,26%: a sinatura de hipotecas segue en caída cos xuros máis altos en sete anos

En setembro asináronse na Galiza 929 hipotecas, un notábel descenso a respecto de agosto e do mesmo mes de 2022.
Abanca17
star
ECONOMÍA

As caixas galegas, unha historia de espolio, drenaxe do aforro e corrupción

Ourense acolleu esta segunda feira a presentación do libro Caixa Ourense (1933-1999). Sete décadas de aforro popular provincial. O volume percorre a historia da entidade desde a súa fundación en 1933 até a súa fusión en 1999 con Caixa Vigo. Unha viaxe chave para entender o presente do sistema financeiro galego.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, a portavoz do BNG, Ana Pontón; e do PSdeG, Luís Álvarez, hoxe. (Fotos: Nós Diario)
Parlamento

Rueda recoñece que o PP triplicou a débeda pública e defende recorrer á banca privada e non ao FLA

Ana Pontón critica o sobrecusto do endebedamento para "favorecer" a banca.
Abanca boa
star
ECONOMÍA

O 'espolio' do aforro galego, en máximos históricos: 32.290 millóns no primeiro semestre de 2023

32.290 millóns de euros do aforro galego foi expatriado no primeiro semestre deste ano polas entidades financeiras presentes na Galiza, ficando de relevo unha aceleración deste proceso estrutural após a venda das caixas galegas ao grupo venezolano Banesco.

Teléfono móbil coa aplicación de pagamento online. (Foto: Bizum)
Agora

Problemas para pagar con tarxeta e facer bizums pola caída de Redsys

Unha incidencia na plataforma de pagos en liña Redsys impediu durante aproximadamente unha hora que tanto os bancos como as persoas usuarias deste sistema de pago puidesen operar con normalidade. A plataforma de pagamento bancario rexistrou problemas en todo o Estado e dificultades para realizar pagos con tarxeta ou a través do móbil. A incidencia afectou a caixeiros, datáfonos, pagos en comercios ou ao servizo de Bizum. Varios usuarios alertaron a través de redes sociais deste problema e algunhas entidades financeiras tamén informaron a súa clientela. O fallo iniciouse sobre as 13 horas e ficou solucionado unha hora máis tarde, informou Redsys.

Oficina de EuroBic na avenida da Liberdade de Lisboa. (Foto: Joehawkins, CC BY-SA 4.0)
ECONOMÍA

Abanca compra a entidade portuguesa EuroBic

"No marco da nosa estratexia de posicionamento como entidade de vocación ibérica, Portugal foi sempre unha prioridade para Abanca", afirma Escotet.
A maioría dos fogares, ao contrario que o sector das finanzas, atravesan grandes dificultades económicas. (Foto: Fernando Sánchez / Europa Press)
star
Análise

Como as finanzas desangran a economía

Manoel Barbeitos é economista.
Stefanos Kasselakis a pasada semana. (Foto: Nós Diario)
INTERNACIONAL

A grega Syriza sofre unha escisión entre acusacións de "populismo de dereita" contra o novo líder, un ex banqueiro de Goldman Sachs

A facción Paraugas arremete contra Kasselakis por "prácticas trumpianas".
Varias das pertenzas incautadas polas autoridades. (Foto: Policía Nacional)
Vigo

Así era o 'modus operandi' dos atracadores que roubaron máis de 100.000 euros dunha oficina de Abanca

A Policía aínda busca outros dous individuos por un novo atraco, esta terza feira, a unha sucursal de Abanca. Levaron 3.000 euros e varios teléfonos móbiles.
Un home pasa diante dunha oficina de Abanca. (Marta Fernández / Europa Press).
ECONOMÍA

Abanca triplica os beneficios e gaña 428,6 millóns de euros até setembro

A entidade bancaria capta no Estado español e Portugal máis de 96.000 novos clientes e gaña cota de mercado en principais territorios e negocios.
As entidades bancarias derivaron aos caixeiros automáticos a maioría das xestións que antes resolvían de forma presencial na oficina. (Foto: Nós Diario)
ECONOMÍA

A banca fechou case unha de cada catro sucursais na Galiza nestes tres anos

Desde 2020 recortou a rede de ofincias en 22,6%.
O 'phising' é un dos métodos de estafa máis estendidos (Foto: Nós Diario).
Xustiza

Que é o 'phising'? Unha sentenza condena BBVA a indemnizar unha vítima desta estafa

A vítima recibiu unha chamada telefónica de quen afirmou ser un "técnico de Microsoft" na que lle comunicaron que o seu computador presentaba determinados problemas de seguridade.
Abanca anunciou en 2021 que fechaba a sucursal de Campo Lameiro, na comarca de Pontevedra. (Foto: Marta Fernández / Europa Press)
star
ECONOMÍA

67.000 persoas na Galiza están en risco de exclusión financeira pola falta de oficinas

O tamaño da rede comercial das entidades de depósito na Galiza continuou descendendo nos últimos anos en oficinas e en persoal, incrementando a concentración do sector. Con esta situación parte da poboación corre o perigo do non poder acceder ao servizo.
Unha oficina de Abanca en Compostela (Nós Diario)
Agora

Dous homes atracan unha sucursal bancaria no Porriño

Dous homes atracaron na tarde desta quinta feira unha sucursal bancaria na localidade do Porriño (comarca de Vigo), segundo confirmaron fontes da Garda Civil. Os feitos ocorreron pasadas as 14.15 horas, cando dous homes entraron nunha oficina de Abanca do Porriño, polo menos un deles vestido cun chaleco de obra, para saír máis tarde con diñeiro da mesma. A Garda Civil, polo momento, descoñece a cantidade roubada.

Fontes do 112 indicaron que foi un particular o que alertou aos servizos de emerxencia de que dúas persoas estaban a atracar unha sucursal bancaria da Avenida de Bos Aires.O alcalde da localidade, Alejandro Lorenzo, indicou que as primeiras informacións apuntan a que os homes entrarían ao banco cun coitelo e un arma de fogo.

Protesta da CIG na oficina de Abanca da praza da Galiza de Santiago. (Fotos: Nós Diario)
ECONOMÍA

"O seu beneficio, a nosa miseria": delegadas da CIG ocupan oficinas bancarias das cidades galegas

No interior dunha céntrica oficina de Abanca en Santiago varias persoas portaban cartaces que pedían a nacionalización da banca para ficar "ao servizo do pobo".