Vaquedano ten a importancia histórica de ter sido o primeiro compositor peninsular do século XVII cuxa música foi coñecida, analizada e interpretada, e que, polo tanto, abriu o camiño para o coñecemento daquel século que, musicalmente, fora ignorado.
Este sábado, o mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes acollerá unha conferencia concerto na que Andrés Díaz explicará as características que fan de Bartolomé de Olagüe -o compositor compostelán recentemente descuberto polo propio Díaz- unha das figuras máis sobresalientes do Barroco musical da península. O compositor e organista Fernando Buíde interpretará algunhas das obras de Olagüe que perviven.
No último Congreso da Sociedade Española de Musicoloxía: o musicólogo Andrés Díaz Pazos revelou a existencia dun compositor barroco galego, Bartolomé Olagüe, nado en Santiago de Compostela.