Betanzos

O monte do Gato, na reserva das Mariñas-Mandeo, onde se proxectan seis parques eólicos (Foto: Aire Limpo nas Mariñas-Mandeo).
SOCIAL

A Unesco estudará o impacto dos eólicos nas reservas da biosfera

A reserva das Mariñas-Mandeo, onde están proxectados sete parques, celebra o anuncio e amosa o seu "rexeitamento absoluto" a estas construcións en espazos naturais protexidos.
vvv
star
Viños

Pioneiros e viños de finca

Analizamos dous caldos galegos: un de Betanzos e outro da Ribeira Sacra.

Cabeceira d´A Fuliada. (Foto: Arquivo municipal de Betanzos)
star
CULTURA

Os primeiros xornais en galego: A Fuliada

Continuador de O Antroido e na mesma liña satírica, crítica e literaria, aparece pouco despois outro semanario en galego que leva o nome de A Fuliada. De feito, fai constar na cabeceira “Ano II”, cousa que unicamente se xustifica considerando os dous semanarios como un só. Ademais, o grupo editor era o mesmo, arredor do impresor Amenedo Ponte, co tipógrafo A. Vázquez Taboada de armadanzas e director, se ben non figura como tal. Entre os colaboradores aparecen os poetas Bieito Losada e Roque Pesqueira, que xa publicaran en O Antroido. No número oito aparece colaborando Pondal co poema “A fada dos montes”, versión moi corrixida do que o ano anterior incluíu –sen título– na súa obra Queixumes dos pinos.
Cabeceira de  'O Antroido'. (Foto: Arquivo municipal de Betanzos)
star
CULTURA

Os primeiros xornais en galego: 'O Antroido'

A prensa betanceira iniciárase en 1883 con El Censor, da man dos estudantes Fernando García Acuña (autor do poemario Orballeiras) e Roque Ponte Peña. Tres anos despois, no outono de 1886, saía O Antroido, que foi o cuarto dos periódicos que apareceron na antiga capital da provincia do seu nome. Este periódico semanal sería o primeiro publicado en Betanzos integramente en lingua galega, incluídos os anuncios, seguindo o roteiro de O Tío Marcos d'A Portela (Ourense, 1876), que continuaba a publicarse, ao igual que o pontevedrés O Galiciano. Outra novidade, á parte da lingua, é a incorporación dun gravado fixo na cabeceira, que quizais faga alusión ás carautas e disfraces do Antroido.
Paderne, ponte do Pedrido
star
Andar e Ver

Entre o Lambre e o Mandeo, da Ponte do Porco á Ponte do Pedrido

Un curto traxecto entre dúas pontes singulares: a ponte do Porco, de orixe medieval e historia coñecida, e a ponte do Pedrido, representación icónica da primeira metade do século XX.
Parque do Pasatempo de Betanzos
star
Reportaxes

O Pasatempo: Ruínas dunha utopía filantrópica

Dicía Castelao que o galego non pide, emigra. Esta crónica que recolle Sermos Galiza expón un relato sobre migración, sobre cultura, pero moi especialmente, trátase dunha historia sobre Galiza e as galegas e galegos. Unha historia cuns protagonistas claros: Juan e Jesús García Naveira, mozos betanceiros que decidiron fuxir da miseria e buscar fortuna "nas Américas". Acompañándoos, iniciaremos unha viaxe que durante estas páxinas deitará luz sobre unha das mostras máis maltratadas do noso patrimonio, o parque do Pasatempo, pero tamén sobre a nosa propia realidade.
Manifestación en Betanzos o 15 de abril de 1931 para celebrar a proclamación da II República.  (Foto: Arquivo Ricardo Migal Naveira)
MEMORIA E HISTORIA

Vítimas e vitimarios no Betanzos de 1936

Nun concello de pequena extensión como o de Betanzos, con apenas 24 quilómetros cadrados, e cunha poboación próxima aos 10.000 habitantes en 1936, a maioría aveciñados na cidade, a represión franquista-falanxista deixou un balance fúnebre de 36 vítimas.
Ramón Serra Suñer, Francisco Franco, Carmen Polo e o gobernador civil, Múñoz de Aguilar no pazo de Meirás en 1938. Arquivo Biblioteca Nacional de España
MEMORIA E HISTORIA

O aparello represivo na Sada da Guerra Civil

O panorama de Sada entre xullo de 1936 e marzo de 1938 non é demasiado diferente do doutras localidades galegas. Ao rápido control do municipio por parte dos sublevados sucédelle a posta en marcha dun complexo aparello represivo. Logo, o exercicio da represión sobre as persoas consideradas desafectas, cun carácter sistemático e co estabelecemento de mecanismos deseñados desde os diferentes ámbitos do poder. 
Capa Gozar 24 xullo
SOCIAL

O caderno 'Gozar' cóntache á vida cotiá nas Illas Atlánticas

O suplemento, que estará dispoñible co teu Nós Diario nos quiosques esta sexta feira, tamén inclúe unha interesante reportaxe sobre o viño Branco Lexítimo de Betanzos e un artigo sobre o potencial das hortas que existen baixo o mar.
Test rápido da COVID-19  (Europa Press).
SOCIAL

O brote de Betanzos suma un novo positivo e o total sobe a 10

Ilustración antiga de Betanzos que se atopa como cabeceira na web do 'Anuario Brigantino'.
Cultura

O 'Anuario Brigantino', pioneiro na rede

A revista histórica é unha das máis recoñecidas a nivel galego
800px-Estanque_del_Retiro
CULTURA

O Parque do Pasatempo xa é Ben de Interese Cultural

O proceso de deterioro que levaba sufrindo o Parque do Pasatempo de Betanzos desde o golpe de Estado de 1936 parecía inexorábel, mais a iniciativa cidadá presentada en marzo de 2017 para que fose declarado BIC abriu a posibilidade de que hoxe comece reverterse a situación dun patrimonio único na Galiza.
2019090112220586464
No aniversario do seu nacemento

Homenaxe ao Antolín Faraldo excluído da historia de Betanzos

A tradicional homenaxe do BNG das Mariñas a un dos seus máis destacados veciños, Antolín Faraldo (1822-1853) tivo este ano un carácter aínda máis reivindicativo pola súa exclusión da mostra sobre os 800 anos de historia da vila. 
bng betanzos photocall feira
POLÍTICA

O goberno de Betanzos “desmantela” María Balteira e o líder irmandiño Xohán Branco

O Photocall gratuíto instalado polo BNG na Feira Franca para dar a coñecer persoeiros históricos da época tivo que retirarse por orde do Concello, denuncian as nacionalistas, que lembran que até agora nunca houbo problemas.

meiras 19
CONTINÚAN AS DECLARACIÓNS DOS 19 DE MEIRÁS PERANTE A XUÍZA DE BETANZOS

“Hai que seguir traballando por sacar de Galiza todo resto de franquismo"

Integrantes dos ’19 de Meirás’, declararon esta quinta feira perante a xuíza de Betanzos que instrúe a causa derivada da denuncia contra eles formulada pola familia Franco pola ‘toma simbólica’ do pazo.

toponimia
Denunciara a Carlos Callón

O xuíz que deturpaba o topónimo da Coruña, pregoeiro en Betanzos

O ex xuíz decano da Coruña, Antonio Fraga Mandián, será o pregoeiro das festas de Betanzos. Unha elección non exenta de polémica, pois "foi o maxistrado que fixo gala de empregar o topónimo da Coruña deturpado", lembra o BNG.

cartaz ofrenda
MEMORIA E HISTORIA

Eira Vella homenaxea as vítimas do fascismo en Betanzos

Á entrada do Museo das Mariñas de Betanzos este sábado 14 de abril, ás doce da mañá, a asociación cultural Eira Vella renden homenaxe ás vítimas betanceiras do fascismo.
 

DSC_1193
Ana Martínez, ourive

“A xente séntese identificada cos rosetóns, á marxe do relixioso”

Ana Martínez (A Coruña, 1961) ábrenos as portas do seu obradoiro de ourivaría, ao final da Rúa dos Prateiros, en Betanzos. Tradición e modernidade comparten espazo nos expositores, onde atopamos desde a reprodución do rosetón do mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil (s. XIII) ou do triforio da catedral de Santiago até brazaletes con forma de garfo ou unha pulseira con iluminación diminuta con leds. Ana Rosetón, como se coñece no mundo do oficio, é hoxe unha das ourives de maior prestixio da Galiza.

Betanzos,_Pasatiempo_01-29b
CULTURA

O Pasatempo: a pelota da súa recuperación, ao tellado da Xunta

Deputación da Coruña e Concello de Betanzos van propoñerlle á Xunta un plan para recuperar o emblemático Parque do Pasatempo. 

sementes
Comarcas

Betanzos acolle un encontro para trocar sementes á marxe das multinacionais

A Rede Galega de Sementes organiza o vindeiro día 21 a súa segunda xornada en Betanzos. O obxectivo: intercambiar sementes que se obteñen coma sempre, do propio agro.