Rajoy cobrou sobresoldos cando era ministro: 42.000 euros anuais dentro dunha caixa de puros
Os orixinais dos papeis de Bárcenas mostran que de 1997 a 1999, cando era ministro de Aznar, Mariano Rajoy recibía cartos en metálico “dentro dunha caixa de puros”. Uns sobresoltos que son ilegais. A nova documentación de pagamentos en B, xa en poder da Audiencia Nacional, afectaría tamén a Arenas, Cascos e Rato