Carballo

'O que é o raio, nin maldita idea', de Souvenir.
CULTURA

A 7ª edición do Certame Metro Cadrado do FIOT de Carballo xa ten finalistas

O concurso pioneiro na Galiza para proxectos escénicos de pequeno formato, promovido polo Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, recibiu un total de 28 propostas.
elezisou rexenera fest
Máis

Pintura para transformar as rúas

A arte urbana estase gañando un oco entre as expresións culturais con máis acollida na Galiza. Desde os festivais espallados polo país até o recoñecemento de organismos como a plataforma Street Art Cities. Estas obras de grandes dimensións pintan con cores as rúas para combater o paso do tempo sobre algúns edificios e para fomentar a creación artística das vilas.
Monte Neme. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

O Concello de Carballo presenta un recurso contra a autorización do parque eólico do monte Neme

Para o Executivo local, o proxecto constitúe “un claro exemplo de fragmentación artificial de proxectos”

euquerorazobaldaiodixital
Máis

Razo-Baldaio no corazón

Carballo pon en valor a súa biodiversidade.
 
Público nos postos das librarías na edición da Festa dos Libros do ano pasado, Pontevedra.
star
CULTURA

A literatura máis alá dos libros

A lectura vai máis alá do libro. As feiras do libro comezan a decatarse de que os comportamentos culturais do século XXI son pouco propicios a dividir en compartimentos as diferentes disciplinas que entran en xogo no acto de ler. Por iso, o protagonismo dos libros, que segue sendo central, comeza a ser compartido por outros xéneros da creación que debuxan un panorama da cultura moito máis completo e complexo nas súas relacións internas.
O espectáculo 'Give it a spin', de Pisando Ovos, en Mazaricos. (Foto: Carlota Mosquera)
star
CULTURA

A Costa da Morte mergúllase na danza actual

A área de Cultura da Deputación da Coruña puxo en marcha a segunda edición do proxecto Escora que, até o 18 de xuño, achegará a danza contemporánea aos concellos de Carnota, Mazaricos, Camariñas, Ponteceso e Carballo. A iniciativa permitirá que a veciñanza da Costa da Morte poida gozar do traballo de varias compañías galegas de danza contemporánea en espazos públicos e, ademais, participar en obradoiros e charlas.
Mural de Alba Fabre realizado en 2022 (Foto:
star
CULTURA

A revolución da arte urbana regresa a Carballo

Até o 11 de xuño, seis proxectos artísticos liderados por sete creadoras e creadores farán que medre o número de obras murais en Carballo ao abeiro do Rexenera Fest, unha iniciativa que suma nove anos mostrando en directo como se transforman os espazos públicos. A vila, convertida en “museo público”, é xa un referente turístico internacional da arte urbana.
Habitantes de cada concello (datos do IGE de xaneiro).
28-M

Bergantiños, Fisterra e Soneira: o corazón da Costa da Morte

O corazón da Costa da Morte está formado polas comarcas de Bergantiños, Fisterra e Terra de Soneira. Con distinta sorte, segundo sexan da costa ou do interior, os 15 municipios que integran esta área dividen a súa actividade entre o sector mar-industria e a agricultura (en horas baixas na zona), pero fundamentalmente o comercio e o sector servizos están a ser importantes motores económicos nunhas comarcas que miran cara ao turismo como fonte de futuro. O Parador de Muxía, prometido no Plan Galiza do PP logo do 'Prestige', está funcionando 20 anos despois do prometido. Na comarca de Fisterra, con Muxía como zona cero do 'Prestige', levan perdido en 20 anos 20% da poboación.
Ana Pontón apoiou o alcalde e candidato nacionalista Evencio Ferreiro en Carballo. (Foto: Nós Diario)
28-M

Pontón pon Carballo de exemplo do "bo facer" do BNG nos concellos

Evencio Ferreiro incide en que "o mellor está por vir".
Nuria Prims e Thais García en 'Sica'.  (Foto: Mario Llorca)
CULTURA

Carballo acolle a preestrea de 'Sica', de Carla Subirana

O filme, dirixido por Carla Subirana e rodado na Costa da Morte, chega ás salas de todo o Estado en versión orixinal galega o día 19.
'Tabú' de Colectivo Glovo poderase ver hoxe en Carballo.
CULTURA

O espectáculo 'Tabú' abre o ciclo Primavera en Danza

Carballo programa cinco espectáculos na edición deste ano. 
Un coche da Policía (Foto: Europa Press).
SOCIAL

Desmantelan un punto de venda de droga en Carballo a raíz dun aviso por violencia de xénero

Os feitos ocorreron cando a patrulla actuante acudiu a un domicilio da localidade de Carballo tras recibir un aviso dun caso de violencia de xénero.
O festival de contidos dixitais decorreu en Carballo (Bergantiños) esta semana. (Foto: Aigi Boga)
CULTURA

‘It's fine, I'm fine’ e ‘A arte de ser mal pai’ conquistan o Carballo Interplay

It's fine, I'm fine conquistou o premio á Mellor serie e A arte de ser mal pai fíxose co premio á Mellor serie galega e co Premio do público. O galardón á Mellor dirección foi para Fake Live e o xurado novo premiou a belga Frangine$.

'Nó', de Elahood.
CULTURA

A Primavera en Danza de Carballo comeza o 14 de abril

Catro das cinco propostas que pasarán polo escenario do Pazo da Cultura entre o 14 e o 29 de abril son producións galegas
 
Regueifeiras do Proxecto Regueifesta
VÍDEOS NO INTERIOR

Así se regueifa na Galiza: o Enreguéifate 2022-23 xa ten gañadoras

Os galardóns entregaranse na 'Regueifesta' que decorrerá en Compostela o 14 de abril.
Adrián Lede, Carme D. Prol e Nico Carreira, creadores de 'Café Derby'.
CULTURA

O Carballo Interplay suma a súa décima edición

Os contidos galegos e en galego estarán presentes ao longo de toda a programación, pero especialmente ca estrea de “Dando a turra”, o talk show xeración Z de Belén Puime e Uxía Vázquez.
Miguel Portela Parada, pontevedrés do Club Sotavento, na edición de 2022 (Foto: Fegas).
DEPORTES

Carballo tornarase en capital da apnea

Unha das especialidades menos coñecidas  e de máis risco dos deportes subacuáticos é a apnea. Na Galiza, anualmente, reúnense as súas principais figuras nos campionatos galegos. Este ano o municipio bergantiñán de Carballo será o escenario escollido para tentar bater as mellores marcas.
'Amantis', dirixida por Tamara canos, estará no FIOT 2022.
Encabeza a lista de mellores iniciativas culturais da Galiza que anualmente elabora a Fundación Contemporánea

O FIOT, recoñecido como o mellor proxecto cultural da Galiza de 2022

O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo (FIOT) foi distinguido polo ‘Observatorio da Cultura’ da Fundación Contemporánea como o mellor proxecto cultural galego de 2022. O FIOT recibiu, ademais, a distinción de ‘Insignia Cultural’ de honra da comunidade galega e sube nove postos respecto da clasificación do pasado ano.
ef
Entrevista

Evencio Ferrero, alcalde de Carballo: "Transformamos o municipio e queremos seguir a facelo"

A Asemblea Local do BNG de Carballo elixiu Evencio Ferrero (Carballo, 1955) para optar como candidato nacionalista a un sexto mandato. Un "reto", en palabras do propio alcalde, que incide en que mantén que 20 anos como rexedor non minguaron "a ilusión" e as ganas de "traballar" por Carballo.

Carlos Díaz, 'o Xestal', no centro da imaxe, coa pandeireta (Foto: Xurxo Lobato).
star
Música

Ano do Xestal en Carballo