André Mauricio
21/feb./24 22:08
A Xunta de Fiscais do Tribunal Supremo español avalou na xuntanza na que defendeu imputar o ex presidente catalán Carles Puigdemont por terrorismo os argumentos do maxistrado Manuel García-Castellón, vinculado co PP e impulsor da acusación. Ao tempo, o xuíz arremeteu contra Suíza por deixar entrever que existen motivacións políticas detrás da persecución da Audiencia Nacional contra Marta Rovira, secretaria xeral de ERC.