cepyme

O secretario de Estado de Traballo, Joaquín Pérez Rey, e a directora xeral de Traballo, María González, durante a mesa de negociación para a redución da xornada laboral o pasado 17 de xuño de 2024 (Foto: Pedro Ruiz).
TRABALLO

Ultimato do Goberno español: aprobará a redución de xornada "con ou sen a patronal"

A reunión desta segunda feira en Madrid sobre a lei de redución da xornada laboral -na que participaron o Ministerio de Traballo e Economía Social, UXT, CCOO, CEOE e Cepyme- rematou sen acordo. A patronal non presentou ningunha proposta e desde o Goberno español fixan outra xuntanza, como definitiva, o 1 de xullo.
De esquerda a dereita, os presidentes de  Cepyme, Gerardo Cuerva, e da CEOE, Antonio Garamendi, xunto aos secretarios xerais de CCOO, Unai Sordo, e de UXT, Pepe Álvarez. (Foto: Ricardo Rubio / Europa Press)
star
TRABALLO

UXT, CCOO e patronal asinan a "guía" para convenios colectivos até 2025

Semanas de negociación “na sombra”, cun recente e reivindicativo Primeiro de Maio, remataron onte coa sinatura a nivel estatal  dun Acordo para o Emprego e a Negociación Colectiva (AENC) entre CCOO e UXT, por parte sindical, e a CEOE e Cepyme, por parte da patronal. O pacto recomenda unha suba salarial de 10% entre 2023 e 2025. Desde a CIG critican, entre outros apartados, que no documento queden fóra os peores anos da inflación: 2021 e 2022.