Piden anular o proceso de selección do novo director do CGAC
O BNG reclama cunha Proposición non de lei iniciar de novo a escolla de maneira "limpa e transparente".
O BNG reclama cunha Proposición non de lei iniciar de novo a escolla de maneira "limpa e transparente".
Poucos días despois de ser coñecido o nome do novo director, Santiago Olmo, a profesora e estudosa da arte Marisa Sobrino demite como vogal do padroado dun CGAC en deterioro ademais de acusar o proceso de “opaco e partidista”.
Sete décimas é a diferencia que o candidato Santiago Olmo ten co seguinte finalista nas notas finais para acceder á dirección do CGAC. 77,55 a 77,47. Despois de engadir unha proba de idiomas non prevista na convocatoria, o Centro fanse públicas as novas puntuacións que acurtan as distancias. O Centro segue sen contestar as alegacións presentadas polos dous candidatos galegos.
A posíbel anulación do proceso de elección do director situaría ao Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) nunha situación límite, coa programación prevista por Von Haffe a punto de se esgotar. As irregularidades continúan coa convocatoria dunha nova proba unha vez finalizado o proceso. A Xunta terá que responder non só ás alegacións presentadas senón tamén no Parlamento.
O CGAC dera por feito que xa tiña novo director, Santiago Olmo. A noticia saíu publicada. Os dous candidatos galegos presentaron alegacións ao proceso. O centro da Xunta, sen máis explicacións, reabre o proceso e convoca aos aspirantes a unha proba de lingua. Será o vindeiro 25 de maio.
O CGAC dera por feito que xa tiña novo director, Santiago Olmo. A noticia saíu publicada. Os dous candidatos galegos presentaron alegacións ao proceso. O centro da Xunta, sen máis explicacións, reabre o proceso e convoca aos aspirantes a unha proba de lingua. Será o vindeiro 25 de maio.
O CGAC dera por feito que xa tiña novo director, Santiago Olmo. A noticia saíu publicada. Os dous candidatos galegos presentaron alegacións ao proceso. O centro da Xunta, sen máis explicacións, reabre o proceso e convoca aos aspirantes a unha proba de lingua. Será o vindeiro 25 de maio.
Tan só uns días despois de que unha comisión nomeara ao madrileño Santiago B. Olmo como novo director do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) as alegacións dos dous candidatos galegos obriga a paralizar o proceso.
A Consellaría de Cultura vén de publicar no DOG a convocatoria para a dirección do Centro Galego de Arte Contemporánea. Por vez primeira, fai público tamén o baremo.
O vindeiro mes de decembro, Miguel Von Hafe abandonará a dirección do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC). Von Hafe comunicoulle ao padroado a súa decisión na xuntanza desta segunda feira.
A Xunta mantivo como presidente do padroado do CGAC ao que fora presidente de Pescanova, Manuel Fernández de Sousa-Faro, até que foi cesado finalmente no primeiro Consello deste mes de marzo. A Consellaría informara de que de Sousa presentara a dimisión hai quince meses mais só agora fai a súa substitución por Sofía Santos, até agora vicepresidenta.
Camilo Franco volve ao xornalismo, desta volta, desde as salas do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC). Mais non serán artistas as persoas entrevistadas. O xornalista conversará con visitantes para o proxecto de investigación “Queres ser arte contemporánea?”.
A arte galega é a grande ausente da programación especial que o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) preparou para conmemorar o seu XX aniversario. Vai case medio ano deste complexo 2013 en que se conmemoran as dúas décadas da súa apertura e ningunha exposición ten como protagonista a arte galega.
.
O secretario xeral da Consellaría de Cultura, Anxo Lourenzo, atribúe o cesamento do xerente do CGAC a un “proceso de renovación” cando se cumpren vinte anos do Centro. Como adiantou Sermos Galiza, a Consellaría de Cultura cesou a pasada sexta feira a Manuel Arroyo á fronte do departamento de xestión do centro, despois de ocupar a praza desde o inicio da súa andaina.
A Consellaría de Cultura vén de cesar de forma fulminante o xerente do Centro Galego de Arte Contemporánea, Manuel Arroyo, que levaba no posto desde o inicio da historia deste ente. Nas últimas semanas, Sermos Galiza ten informado sobre a crise pola que atravesa o Centro, cun padroado sen convocar mesmo cinco meses despois da demisión do seu presidente e de dous dos seus vogais.
Feijóo desaproveitou unha nova oportunidade de criticar en público a Fernández de Sousa, o empresario que levou a Pescanova á suspensión de pagamentos e que acaba de ser afastado da dirección da compañía polo xuíz. O presidente da Xunta anunciou que o goberno galego procura un relevo para de Sousa ao fronte do padroado do Centro Galego de Arte Contemporánea.
A consellaría de Cultura non informou de maneira oficial aos membros do padroado do CGAC da demisión do seu presidente de Sousa Faro. Segundo varios membros consultados por Sermos Galiza, nin houbo notificación da Xunta nin foron convocados para ningunha reunión do padroado.
Fernández de Sousa tería presentado a súa carta de demisión como presidente do CGAC hai cinco meses e Gayoso e Méndez apenas un mes despois. Esas son as datas oficiais que a Consellaría de Cultura e Educación desvela agora, sen explicar por que leva cinco meses sen convocar un órgano descabezado que aínda agora seguen sen data para a próxima xuntanza.
Fontes da Consellaría de Educación e Cultura informaron a Sermos Galiza de que o presidente de Pescanova, Fernández de Sousa, apresentou a renuncia ao seu cargo de presidente do padroado do CGAC. O empresario que levou a Pescanova á suspensión de pagamentos remitiu unha carta ao conselleiro de Educación, Xesús Vázquez. Tamén terían apresentado a renuncia aos seus cargos como vogais do padroado os ex directores xerais das caixas, Méndez e Gayoso.
A perguntas de Sermos Galiza, o portavoz do grupo parlamentar do PP, Pedro Puy, afirmou ignorar que Fernández de Sousa ocupase a presidencia do padroado do Centro Galego de Arte Contemporánea. O empresario, que levou a Pescanova á suspensión de pagamentos, foi nomeado para tal cargo polo Goberno galego en febreiro de 2011.