CIG-Ensino

Remamos contracorrente

O secretario nacional da CIG-Ensino, Suso Bermello, en rolda de prensa. (Foto: Europa Press)
Educación

A proposta da CIG-Ensino "aumentaría máis" os soldos do persoal docente

Esta segunda feira, o sindicato nacionalista desmarcouse de novo do acordo asinado entre a Xunta da Galiza e os sindicatos CCOO, UXT e ANPE a semana pasada e reitera a súa proposta a este respecto: "Amosamos con datos contundentes que 74% do profesorado obtería unha suba superior á pactada", din, ao tempo que denuncian novamente un acordo que "incide na segregación e división do profesorado, ademais de nas ratios e o horario, tamén no apartado salarial".
O conselleiro de Educación, Román Rodríguez; o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e os representantes sindicais José Manuel Fuentes (CCOO), Julio Díaz (ANPE) e Sandra Montero (UXT), esta cuarta feira, na sinatura do acordo. [Foto: Europa Press]
Ensino

A Xunta e os sindicatos CCOO, ANPE e UXT asinan o acordo para baixar as ratios nas aulas

A CIG, organización maioritaria entre a comunidade docente, desmárcase do que cualifica como "acordo da infamia". Tampouco o asina o STEG.
Teresa Carballido, Diego Boquete, Suso Bermello, Laura Arrojo e Ana Rodiño, esta terza feira, 10 de outubro, en Compostela. (Foto: Nós Diario)
Ensino

'Profesorado farto': A CIG convoca folga xeral no ensino ante a "chantaxe" da Consellaría

CCOO, ANPE e UXT asinarán esta cuarta feira o acordo ao que chegaron co Goberno galego
Protesta en San Caetano da CIG-Ensino, o pasado xuño. (Foto: Arxina)
Educación

A CIG anuncia unha folga no ensino o 24 de outubro contra un acordo de ratios que si asinarán CCOO, ANPE e UXT

A central nacionalista, sindicato maioritario no sector, considéraa "insuficiente" e unha "chantaxe" por parte da Xunta da Galiza, mentres as outras organizacións sindicais valoran as "melloras" recollidas no documento remitido pola Consellaría.
Reunión da Mesa Sectorial de Educación. (Foto: Xunta da Galiza)
SOCIAL

A CIG rexeita a proposta de Educación e avanza protestas

As Direccións de CCOO e ANPE deciden hoxe a súa postura
Reunión da Mesa Sectorial de Educación. (Foto: Xunta da Galiza)
Ensino

Os sindicatos decidirán esta terza feira se apoian a proposta de Educación de horarios e ratios, da que a CIG se desmarca

Os sindicatos decidirán esta terza feira se apoian ou non a proposta da Consellaría de Educación de rebaixa de horario lectivo para docentes e cocientes, da cal a Confederación Intersindical Galega (CIG) xa se desmarcou. A Consellaría de Educación trasladou esta segunda feira aos sindicatos a proposta definitiva, similar á xa avanzada a semana pasada. Así, dáse de prazo até o mediodía desta terza feira, 10 de outubro, para pronunciarse. A mesa sectorial está conformada por CIG, CCOO, ANPE e UXT. O secretario nacional de CIG-Ensino, Suso Bermello, incide no rexeitamento do seu sindicato a unha proposta que é "exactamente" igual á da semana pasada, "sen ningún tipo de cambio".

Integrantes da mesa sectorial, nunha xuntanza decorrida o pasado 2 de outubro. (Foto: Xunta da Galiza)
SOCIAL

Ultimato de Educación aos sindicatos con medidas de mellora "insuficientes"

CIG e ANPE critican as modificacións, e CCOO considera "positivas" as novas achegas
Representantes da CIG-Ensino esta cuarta feira, 3 de outubro, na xuntanza da mesa sectorial de Educación. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Educación recúa e ábrese a incluír o horario lectivo na negociación

A CIG cualifica as xuntanzas de "función teatral"
Xuntanza da mesa sectorial docente non universitaria, esta segunda feira en Compostela. (Foto: Xunta da Galiza)
Educación

A proposta de rebaixa de ratios enfronta os sindicatos coa Consellaría: "É unha tomadura de pelo"

A xuntanza para debater o documento da Consellaría retómase na cuarta feira.
Alumnado do colexio público Barouta de Ames (Foto: Arxina):
Educación

A convocatoria da mesa sectorial non rebaixa a tensión no ensino: a proposta de negociación é "impresentábel"

A Administración galega vén de presentar un documento de negociación para a mellora das condicións do profesorado que debullará cos sindicatos a semana que vén na mesa sectorial.
Investigadores do Instituto de Investigación en Análises Químicas e Biolóxicas da USC (Arxina).
Xustiza

O TSXG impide descontar a cota patronal ás investigadoras

A sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) vén de estimar un conflito colectivo presentado pola CIG-Ensino polo que condena a Universidade de Vigo (UVigo) a pagar integramente as retribucións que lle corresponden cobrar ao persoal investigador contratado con cargo aos programas Margarita Salas e María Zambrano
Un centro de educación infantil galego. (Foto: Europa Press)
Ensino

A CIG-Ensino critica o sindicalismo estatal no ámbito das escolas de infantil 0-3 anos e chama á mobilización

Os sindicatos estatais maioritarios, segundo a CIG “incumpriron o compromiso logrado nesa mesa de xullo, dunha reunión sindical a primeiros de setembro para dar continuidade ás mobilizacións con máis forza e intensidade, dada a actitude irresponsábel da patronal, así como tomar a decisión de irmos ou non, á par, a un SIMA, tal e como propuxeron as patronais”.
Regreso ás aulas, esta segunda feira, no CEIP Quiroga Palacios de Santiago. (Foto: Arxina)
Educación

A Consellaría deixa vacantes máis da metade das licenzas por formación do profesorado

"Parece que, unha vez máis, se aplica un criterio economicista", censura a CIG-Ensino, que cifra en 750.000 euros o "aforro" da Administración galega cos 287 meses dun total de 500 que non se adxudicaron para formación malia presentárense proxectos abondos.
Alumnado de Primaria do CEIP Quiroga Palacios de Compostela durante o primeiro día de clase. (Foto: Arxina)
Inicio do curso escolar

Inclusión, horario lectivo e ratios centran o inicio escolar

Anpas e sindicatos reclaman o reforzo do ensino público galego
Unha crianza no comezo do curso 22/23 no CEIP Manuel Mallo Nadela de Lugo. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
Educación

'Volta ao cole': máis de 310.000 estudantes retornan hoxe ás aulas da Galiza

Os sindicatos avanzan mobilizacións e folgas se a Consellaría de Educación non negocia a baixada de cocientes e a redución de horas lectivas.

Suso Bermello, no centro, durante unha rolda de prensa esta quinta feira (Foto: CIG-Ensino).
Ensino

A CIG exixe negociar en setembro a redución do horario lectivo e os cocientes nas aulas

Por outra parte, o sindicato tamén alertou da aposta pola educación a distancia en detrimento da presencial. "A decisión adoptada pola Consellaría de reducir a oferta presencial na FP, executada unilateralmente e en contra do criterio da comunidade educativa, evidencia a intención da Xunta de camiñar cara á redución de docentes, nunha manobra que esconde tamén a privatización destas etapas educativas", censuraron.
Unha crianza no comezo do curso 22/23 no CEIP Manuel Mallo Nadela de Lugo. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
Ensino

O vindeiro curso comezará con 2.409 matrículas menos

Sindicatos e oposición reclaman baixar as ratios.
Centros educativos e persoal docente gozarán de maior liberdade á hora de definir a metodoloxía nas aulas (Foto: Nós Diario).
Ensino

Educadoras sociais e CIG súmanse ás críticas á Xunta polo coordinador de benestar

A Consellaría de Educación delega no profesorado xa contratado as funcións asignadas a esta nova figura coa que deberán contar todos os centros de ensino.
Táboa coa estimación do importe mensual bonificado por praza (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

A Xunta paga ás escolas infantís privadas 387% máis por praza que ás municipais

Os centos privados reciben 257 euros por praza e os públicos só 52.