clown

Unha escena de 'Perhaps, perhaps, quizás', a obra gañadora.
Mostra de Teatro de Cangas

A artista mexicana Gabriela Muñoz gaña o Premio do Público da MITCFC

Muñoz é unha artista polifacética con experiencia en teatro, circo e ópera que, inspirada por estas tres linguaxes, crea o seu propio universo.
Gabriela Muñoz, "Chula the Clown".
Mostra de Teatro de Cangas

Gabriela Muñoz: "Cando encontrei o clown, foi como chegar á casa"

Gabriela Muñoz é unha artista todoterreo que atopou no clown a forma do seu zapato. Coa súa compañía Chula The Clown leva anos entretendo a público dos cinco continentes. Este domingo 7 de xullo estrea en Cangas Perhaps, perhaps… quizás, un espectáculo creado en 2010 e co que xa percorreu medio mundo: Alemaña, Australia, Bélxica, Brasil, Círculo Ártico, China, Colombia, España, EUA, Finlandia, Francia, Xeorxia, Gran Bretaña , Italia, Lituania, México, Nova Zelandia, República Checa, Romanía, e Suecia.

Iván Prado leva Pallasos en Rebeldía polo mundo, incluíndo campamentos de refuxiadas (Foto: Pallasos en Rebeldía).
Contracultura

Iván Prado (Pallasos en Rebeldía): "Rafeef Ziadah é unha referente da poesía internacional e da solidariedade con Palestina"

Iván Prado (Lugo, 1974) é membro de Pallasos en Rebeldía, que organiza, xunto co Grupo de Traballo de Igualdade de Xénero da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña, o recital da poeta palestina Rafeef Ziadah pasado mañá na cidade herculina. O evento conta coa colaboración da Deputación da Coruña, Galiza por Palestina, a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, BDS Galiza e Sugxpal.
Pallasos en Rebeldía retornou o pasado ano a Palestina após o paro obrigado pola pandemia.
CULTURA

Pallasos en Rebeldía volve a Palestina: "O riso é un dereito de todos"

Levarán os seus espectáculos nesta nova xira ás cidades de Xerusalén, Belén, Nablus, Birzeit, Ramallah e Hebrón.
Peter Punk, un clásico do festival Revenidas
CULTURA

A Gala Solidaria do Revenidas acolle circo, maxia, música e clown

Peter Punk e Uxía Molona, entre as participantes.
entre nous
Comeza o Festaclown

As rúas de Vilagarcía son unha carpa

Desde hoxe e até o domingo 21 de agosto, o Festaclown volve encher as rúas de Vilagarcía de Arousa con circo e con comedia. Acrobacias, música, narración, clown e humor para todas as idades serán protagonistas dun festival pioneiro que xa se transformou nun clásico da escena galega do verán.