coleccionábel

A horta é unha actividade excelente para facer en familia (Foto: Freepik)
star
SOCIAL

Mans a terra: O primeiro día na horta

Este 1 de abril Nós Diario achega o primeiro fascículo do coleccionábel: Mans á terra, formado por 17 entregas que compoñen un completo curso de horta na casa. Este novo suplemento achega as nocións básicas para poder comezar a cultivar desde cero e poderá poñelas en práctica calquera persoa que o desexar, tanto se ten un terreo no exterior como se vive nun piso interior.

Detalle coas capas dos diferentes xornais galegos tratados durante o coleccionábel.
SOCIAL

Conclúe o coleccionábel sobre os primeiros xornais en galego

As entregas do curso de horta na casa 'Mans á Terra' arrancan mañá.
Eva Cameán é a autora do curso de horta 'Mans á terra' (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Eva Cameán: "Paso a paso, 'Mans á terra' achega todas as nocións para poder cultivar na casa"

Eva Cameán (Carballo, 1994) é a autora do novo coleccionábel que desde esta quinta feira, 1 de abril, acompañará Nós Diario. Trátase de Mans á Terra, un completo curso de horta na casa composto de 17 fascículos. Cameán é monitora na escola ambiental da Senda Nova e impulsora da horta comunitaria Sementando no Espazo, en Carballo. 
As flores comestíbeis e as herbas medicinais terán gran presenza ao longo das diferentes leccións (Foto: Eva Cameán)
SOCIAL

'Nós Diario' achega un completo curso en fascículos para iniciarse na horta na casa

A partir do 1 de abril Nós Diario achega un novo coleccionábel: Mans á terra, formado por 17 fascículos pensados como un completo curso de horta na casa con nocións básicas para poder comezar a cultivar desde cero, e que poderá pór en práctica calquera persoa que o desexar, tanto se ten un terreo no exterior como se vive nun piso.
Retrato de Xosé López. (Foto: Arxina)
Entrevista

Xosé López: "A historia da comunicación e do xornalismo na Galiza é rica, plural e diversa"

Co gallo da próxima publicación, a partir do 2 de marzo, en 'Nós Diario' dun novo coleccionábel arredor das cabeceiras históricas da prensa en galego, o catedrático de xornalismo Xosé López comenta eses pasos inaugurais, máis prolíficos do que poidamos pensar, e reflexiona sobre a propia investigación deste fenómeno.
Algunhas das cabeceiras que sairán no coleccionábel. (Foto: Nós Diario)
Analízanse 14 cabeceiras históricas do s. XIX e do XX

Nós Diario dá a coñecer os primeiros xornais en galego

O vindeiro 2 de marzo arranca un novo coleccionábel nas páxinas de Nós Diario sobre as primeiras experiencias do xornalismo en galego. Trátase dunha achega á historia, aos contidos e ás intencións das publicacións periódicas que fixeron en tempos pouco propicios para o idioma bandeira do monolingüismo.

Membros da Garda Cívica de Pontevedra. (Foto: Cedida)
Remata o coleccionábel ‘Os nomes do terror’

Novas perspectivas para a memoria dos vitimarios

O coleccionábel Os nomes do terror chega ao seu final tras ocupar durante os dous últimos meses as páxinas centrais de Nós Diario. A investigación da escritora Susana Sánches Aríns sobre Manuel García Sampayo, o falanxista protagonista de Seique, o seu celebrado romance sobre os vitimarios, serve de feche a esta serie. Aproveitando a publicación desta última entrega da colección, recollemos a valoración e as análises dos coordinadores do traballo, Dionísio Pereira, Eliseo Fernández, Xoán Carlos Garrido e Xosé Ramón Ermida
O comandante militar de Ribadeo, Juan Aranguren.
O golpe de Estado em Ribadeo

Vítimas e verdugos

A sublevaçom militar do 18 de julho de 1936 é um dos episódios da história do Estado espanhol sobre o que mais se tem escrito e discutido. A grande quantidade de trabalhos publicados serviu para rebater muitos dos mitos criados pola propaganda da ditadura e, também, para identificar umha grande parte das vítimas da violência golpista. Porém, é preciso aprofundar nas investigações. Sobretudo, em aspectos como a análise dos verdugos, que tenhem sido tratados dum jeito muito menos detalhado por parte da historiografia. 
picallo, galiza, heráldica, héitor picallo, coleccionábel
MEMORIA E HISTORIA

O espello de honra da Casa de Austria

Esta sexta feira, nunha nova entrega nas páxinas de Nós Diario, podes saber como diversos artistas gustaron de representar os símbolos da Galiza da man de Héitor Picallo. O coleccionábel de heráldica está dispoñíbel de terzas a sextas feiras, fornecendo coñecementos sobre o escudo do Reino da Galiza. Podes conseguir capítulos que perderas a través da nosa loxa online.

coleccionábel héitor picallo
MEMORIA E HISTORIA

En Alemaña, Holanda e Suíza: Tres xilografías co escudo galego

Esta quinta feira, nunha nova entrega, podes seguir descubrindo a visión internacional da heráldica galega que Héitor Picallo traza nas páxinas de Nós Diario. O coleccionábel está dispoñíbel de terzas a sextas feiras, botando luz sobre o escudo do Reino da Galiza. Podes conseguir capítulos que perderas a través da nosa loxa online.
duplacapa
O coleccionábel á venda co xornal Nós Diario

'Nós Diario' emprende unha viaxe pola historia do escudo do Reino da Galiza

A memoria do Reino da Galiza continúa oculta. A expulsión da historia dos pobos libres como consecuencia dun proceso de conquista que se torna definitivo á volta do século XV provoca a condena ao ostracismo dun pasado que nos recoñece como parte dun pobo diferenciado é a exclusión duns símbolos de identidade que nos significan ao singularizarnos dos nosos iguais. Nós Diario aposta de maneira decidida por restaurar unha parte chave do pasado coa publicación da investigación de Héitor Picallo sobre o escudo do Reino da Galiza.