Manuel Mera
19/nov./13 6:35
Despois de realizada a comparecencia do director do CNI, na comisión do Parlamento para segredos oficiais, o escándalo pola espionaxe masiva de cidadáns no territorio do Estado español practicamente desapareceu dos medios de comunicación sistémicos. Algo que resulta cando menos sospeitoso, porque non se trata dunha cuestión sen importancia, dado que atinxe aos dereitos fundamentais das persoas, aínda que se pretenda presentar polo poder coma consecuencia do avance tecnolóxico.