Costa da Morte

As cruces presentes na contorna do faro Roncudo, onde traballan os percebeiros de Corme, lembran as persoas falecidas no mar. (Foto: Brais Lorenzo).
star
Sermos Galiza

O paradoxo do percebe

As cruces do Roncudo son elocuentes, un recordatorio eficaz do que pode acontecer ao internarse no mar. Alí traballan os percebeiros e percebeiras da confraría de Corme, cuxa contorna agocha percebes de fama mundial. Á súa calidade súmanse a estacionalidade e o perigo asumido para obtelos, que conforman un contundente valor engadido. Porén, cada vez son menos as persoas que conseguen gañar a vida con este oficio que unicamente pode desenvolverse cando quere o mar. É a gran contradición que marca as xentes do percebe: arriscar a vida para poder gañala.

Ghaitas

388 repor 1
star
Reportaxes

O esqueleto da balea

Combustíbel, margarina, xustillos, paraugas ou carne para as cociñas xaponesas son algúns dos destinos finais da caza dos cetáceos. Esta actividade realizouse na costa galega, polo menos, dende o século XII. O final deste lucrativo negocio chegou cunha moratoria en 1982. Despois dela, nos lugares onde se despezaban os animais, só quedan fábricas en ruínas.
Lois Patiño (Foto: Julia Llerena)
star
Entrevistas

Lois Patiño: mito e identidade

Lois Patiño vén de gañar a Biznaga de Prata á Mellor Película Española na sección Zonazine do Festival de Málaga con Lúa Vermella (Zeitun Films), a súa segunda longametraxe. Lúa Vermella forma, xunto con Costa da Morte, unha exploración da relación entre os humanos e a paisaxe, pasada pola experiencia da morte, que en Lúa Vermella se achega máis ao mito, á fantasía, que á realidade etnográfica que quería ollar o filme anterior. Lúa Vermella estrearase na Galiza no festival Curtocircuíto antes de chegar en outubro aos cines.
Cabo Vilán e illotes de Vilán de Terra e Vilán de Fóra, declarado Sitio Natural  de Interese Nacional en 1933. O faro foi o primeiro do Estado en funcionar  con corrente eléctrica (desde 1896) (Foto: Colectivo Xea).
star
Andar e Ver

Do Cabo Vilán a Santa Mariña

Olitoral de Camariñas acolle importantes áreas de interese paisaxístico, xeolóxico e biolóxico e está protexido no LIC/ZEC e ZEPA Costa da Morte e no Sitio Natural de Interese Nacional Cabo Vilán.
Panorámica desde o miradoiro da Aguieira, na punta de Tabuído. (Foto: Colectivo Xea).
star
Andar e Ver

A costa de Cabana de Bergantiños, litoral con sorpresa

Cabana de Bergantiños, na banda sur da ría de Corme e Laxe, ten un litoral con dúas partes diferentes: unha abrigada e baixa, detrás da Barra do río Anllóns, e outra de cantís expostos, un tramo que habitualmente é pouco visitado porque non ten camiños que o percorran nin demasiados puntos aos que achegarse desde o interior.
Malpica (Foto: Colectivo Xea).
star
Andar e Ver

A contorna da praia de San Miro

Na costa de Malpica é imposíbel facer un percorrido continuo polo abrupto do relevo, altos cantís separados por vales fondos e estreitos polos que escoan cara ao mar, en forma de minguados regueiros, as augas dos arredores. 
387 Andar e Ver
star
Andar e Ver

De Santa Mariña a Camelle

Unha camiñada pola cerna da Costa da Morte. Día claro, mar de fondo, grandes ondas que escachan desde lonxe, vento lixeiro en contra que ergue e despeitea as cristas... E camiño por diante para horas
383 Andar e ver
star
Andar e Ver

Da praia de Valarés a Corme

Os camiños pola costa de Ponteceso son escasos, o relevo abrupto, con caídas verticais de ata máis de 100 metros, e sen abrigos, o que non fai nada doada a subsistencia nin favorece o asentamento de poboacións, e se non hai xente non hai camiños, tanto é así que nos máis de 40 quilómetros de costa do concello só se atopa unha poboación litoral, a vila de Corme, asentada no abrigo da súa enseada e xa dentro da ría. 
380 Andar e ver
star
Andar e Ver

De Corme ao faro do Roncudo

Unha camiñada para coñecer polo miúdo un tramo que xa tiñamos feito en coche varias veces, é un dos puntos da Costa da Morte máis visitados, e facendo nel as paradas nos sitios habituais, pero para velo de vagar, facendo que os escasos 3 quilómetros vaian a máis de 4 e o tempo se alongue mentres se goza dos detalles e dun día de bo tempo, é outra cousa. 
O presidente de Mar de Fábula, Xosé Manuel Barros, participando nunha limpeza de praia (Mar de Fábula)
SOCIAL

Xosé Manuel Barros, Mar de Fábula: "O lixo que hai no mar vén da produción das grandes multinacionais e as súas campañas"

Parador de Muxía, na Costa da Morte( Imaxe:Paradores).
SOCIAL

Abre o Parador de Muxía na costa onde o turismo foi a solución ás ondas de fuel

Vinte anos tras o Prestige, estréase o 25 de xuño sen apenas prazas libres para os meses de xullo e agosto. Guadalupe Jiménez, antropóloga cordobesa, analizou como afectou o desastre á Costa da Morte nun capítulo da súa tese. "Outro Máis" foi a expresión que lle chamou a atención tras horas de entrevistas.
Imaxe da lagoa de Baldaio tras os temporais deste mes (Imaxe: CRTVG).
SOCIAL

O patrimonio natural da lagoa de Baldaio, en risco

Os últimos temporais puxeron en perigo o ecosistema e Xunta da Galiza e Concello de Carballo procuran solucións.
Varias familias manifestáronse en Fisterra reclamando a cobertura da baixa do único pediatra (Imaxe: Fran Hermida).
SOCIAL

A marcha da pediatra de Cee a Verín desata as protestas na Costa da Morte

Desde as veciñas da Costa da Morte denuncian a súa deficiente cobertura pediátrica. A marcha a Verín da profesional que atendía ás crianzas de Cee e Corcubión desatou de novo as protestas. En Fisterra, familias concentráronse na praza do Concello para denunciar a falta de pediatra desde o 19 de xaneiro.
Parador de Muxía. (Paradores)
ECONOMÍA

Paradores recibe o establecemento de Muxía após rematar as obras

O novo Parador de Muxía-Costa da Morte abrirá as súas portas antes da Semana Santa.
O último solpor do continente
A Costa da Morte

O último solpor de Europa prodúcese estes días na Galiza

Até 19 de setembro a Costa da Morte agocha o último solpor da Europa continental. Unha fermosa visión cun potencial turístico que incluso pode entrañar unha posíbel orixe pagá do actual Camiño de Santiago. O Pindo, pola súa altura, é un espazo desde onde ollar con toda plenitude o último solpor. Sobre este fenómeno Sermos Galiza conversa co profesor e investigador Jorge Mira.

Mobilización do persoal de Ferroatlántica
Valoran mobilizacións

Persoal de Ferroatlántica denuncia que a venda das hidroeléctricas non garante o futuro laboral

Traballadoras e traballadores de Ferroatlántica reiteraron que a venda de hidroeléctricas das centrais de Cee e Dumbría non garante o futuro da Costa da Morte e solicitaron á Xunta que "asuma o seu compromiso" e que se poña do lado do persoal. O comité de empresa, conformado maioritariamente por CIG e Independentes, adiantou que valoran a convocatoria de mobilizacións nos vindeiros días en defensa do emprego así como emprender accións legais.
surf costa da morte
DEPORTES

A Costa da Morte aspira a ser a primeira Reserva Mundial de Surf no Estado español

A candidatura presentada a ‘Save te Waves Coallition’ superou a primeira fase do proceso de selección.

Antón Sánchez e Francisco Casal, esta mañá en Cabana
SOCIAL

En Marea denuncia que a Xunta prima os intereses das eléctricas nos proxectos eólicos en Cabana

O viceportavoz de En Marea no Parlamento de Galicia, Antón Sánchez, e o deputado Francisco Casal realizaron unha visita xunto con representantes de Salvemos Cabana esta mañá aos terreos onde esta prevista a instalación do parque eólico de Mouriños en Cabana de Bergantiños.

eol-Mourinhos
Denuncia de ADEGA

Novos parques eólicos nas últimas serras virxes da Costa da Morte

Pena Forcada, en Laxe, e Mouriños, en Cabana e Zas, son as últimas serras virxes da Costa da Morte, mais por pouco tempo. E é que a Xunta autorizou a instalación de novos parques eólicos, “de alto impacto e canon reducido” nestas paraxes. Así o denuncia a asociación ecoloxista ADEGA.