Agustín Agra faise co XXVI Certame de Narración Curta Ánxel Fole
Agustín Agra vén de facerse co XXVI Certame de Narración Curta Ánxel Fole coa obra O livro das contrarias. O xurado -composto pola poeta Mariña Pérez Rei, o escritor Fabio Rivas Pardo, e a escritora María Reimóndez- destacou que se trata dunha "obra de actualidade e ambiente cosmopolita que dialoga cunha ausencia, poñendo en dúbida os límites da memoria. A voz da narradora navega entre a linguaxe da fotografía, o xénero epistolar e a presenza icónica do mundo natural. Estes fíos tecidos constrúen unha obra de aparencia intimista, pero que revela puntos de conexión con temas tanto ambientais como de recuperación das voces e olladas das mulleres no ámbito científico a través dunha sensitiva voz narradora.
Enreguéifate dá a coñecer os premios da súa sétima edición
Corenta e cinco propostas presentadas para a nova edición das Residencias Artísticas Mariñán
"Somos Cultura", a campaña de promoción das industrias culturais que difunde a riqueza de Compostela
Santiago(é)tapas fecha a XV edición este domingo con centos de premios
A vota de Castelao á Galiza vista a través do obxectivo de Xan Carballa
O Museo de Pontevedra abre o programa expositivo deste 2024 coa mostra Castelao: o retorno a Galicia, 1984. Xan Carballa, fotografías. A exposición, que conmemora o 40º aniversario da chegada á Galiza dos restos mortais de Castelao, artéllase arredor da crónica fotográfica do 24 de xuño de 1984 realizada polo fotógrafo e xornalista Xan Carballa. As imaxes relaciónanse co canon imperante do novo fotoxornalismo que se implantou con aires de liberdade nos xornais e semanarios desde o fin da ditadura franquista. Incorpora tamén obra artística de Castelao, fotografías, documentación e prensa da época para contextualizar os anos do seu exilio. Castelao: o retorno a Galicia, 1984 estará patente desde o 7 de marzo, no Edificio Castelao, até o 2 de xuño.
Non colaborar
Alejo Amoedo ingresa na Real Academia Galega de Belas Artes cun discurso sobre Reveriano Soutullo
O pianista Alejo Amoedo ingresa na Real Academia Galega de Belas Artes
O Entroido é unha festa cíclica que se recicla
Cartel galego para o Atlantic Pride
Atopados restos arqueolóxicos de orixe romana en Lugo
As obras de peonalización da rúa Ramón y Cajal da cidade de Lugo deixaron ao descuberto varios tramos de muro de cachotería de lousas, restos arqueolóxicos de orixe romana, durante o transcurso dos traballos. Esta situación provocou que os traballos continúen noutra zona "baixo estrito control", segundo o Concello de Lugo, mentres o servizo de arqueoloxía procede á limpeza, estudo e ditaminación da relevancia arqueolóxica dos restos atopados.
Segundo o concello, o proxecto de humanización e peonalización 'Corazón Verde' non se viu "en absoluto afectado", dado que os traballadores e o Concello anticiparon esta situación tras a aparición de hipocaustos romanos -uns cuartos que se quentaban cun sistema no chan- en escavacións anteriores na mesma rúa.