cultura

brevedume 2
Recolle en 'Brevedume' 200 páxinas de aforismos

Os pensamentos despeiteados de Xurxo Borrazás

Pensamentos despeiteados titulou o polaco Stanislaw Jerzy Lec un dos libros de aforismos máis celebrado do século XX. Despeiteado por incontrolábel e fóra de norma é tamén o pensamento que Xurxo Borrazás desprega en Brevedume, volume de anotacións destemidas, faíscas lúcidas, lecturas incorrixíbeis e reflexións a contratempo que vén de publicar Galaxia.
dornas rosalía
Remontada do Ulla o sábado 3 de agosto

As dornas homenaxean Rosalía de Castro

“¡Que inchadiña branca vela / antre os millos corre soa, / misteriosa pura estrela! / Dille o vento en torno dela: / 'Palomiña, ¡voa!,¡voa!”, cantou Rosalía de Castro en Cantares Gallegos (1863). A estes versos remiten desde a Fundación da poeta e a asociación Dorna da Arousa para organizar a Inchadiña Branca Vela deste sábado, 3 de agosto: máis dunha ducia de dornas remontarán Ulla e Sar para celebrar a autora de Follas Novas.
zenzar
Que facer?

Música ao vivo e mostra de instrumentos en Pardiñas

colantes galice interceltique
Galiza, país convidado no histórico Festival Intercéltico bretón

Milladoiro, Carlos Núñez e Mercedes Peón encabezan a delegación galega en Lorient

Máis de 300 artistas galegas viaxan xa á Bretaña para participar na 49ª edición do Festival Intercéltico de Lorient. É o Ano da Galiza, e a Consellaría de Cultura organizou unha expedición en que Milladoiro, Carlos Núñez, Xacarandaina ou Mercedes Peón contan entre os máis relevantes nomes. A cita comeza esta sexta feira, 2 de agosto, e decorre até o día 11.
festival internacional do emigrante barreiros
38 anos do Festival do Emigrante

O folclore que viaxa a Barreiros

Das Illas Canarias, Rusia e Tahití proceden as agrupacións folclóricas que este sábado 3 de agosto ofrecerán as súas artes na 38ª edición do Festival Folclórico Internacional do Emigrante. Organizado pola Asociación Folclórica Arco da Vella de San Miguel de Reinante (Barreiros), cuxo grupo tamén actuará, o encontro, explica a alcaldesa Ana Ermida, “homenaxea o peso que tivo na zona a emigración a Europa e América”.
basilea ponte sobre o rin
Manuel Rivas e Manuel Álvarez publican 'Sementeira Porträts'

Haikus para rostros migrantes

Sementeira Porträts son 42 poemas para 42 retratos. “A man sincera. / País, corazón, portátil. / Emigrar? Ir dar”, escribe Manuel Rivas, autor dos textos que acompañan as fotografías de Manuel Álvarez. Á Sociedade Galega Sementeira de Basilea, en Suíza, pertencen os retratados. A asociación encargouse de publicar o volume.
Apresentación da XII edición do Culturgal
Feira das industrias culturais

A nova edición do Culturgal fará unha reestruturación “profunda” de espazos e contidos

A XII edición do Culturgal, a feira das industrias culturais da Galiza, regresará ao Pazo da Cultura de Pontevedra cunha "reestruturación profunda" dos espazos expositivos e os contidos que conforman a programación. A feira apresentouse na cidade do Lérez e abrirá as súas portas do 29 de novembro ao 1 de decembro.
ler verán
CULTURA

Dez libros para a canícula

Tempo libre e tempo (atmosférico) favorábel. Esa teórica combinación habilita o verán para dedicar máis horas das usuais á actividade lectora. Velaquí dez obras recentemente publicadas que ben o merecen.

Galaxia publica 'Un vento que pasa'

Regresa Alfredo Conde cunha novela escéptica sobre a senectude

Un vento que pasa é “unha esaxeración propia dun vello consentido”. Así resume Alfredo Conde (Allariz, 1945), veterano e premiado novelista, a súa última novela, peza escéptica sobre a senectude. É o seu regreso ás librarías tres anos despois da versión galega do Beato -publicada orixinalmente en castelán- e cinco despois do policial Chovida do ceo.

jei noguerol 2
CULTURA

O cantautor Jei Noguerol celebra medio século de carreira cun single

Foi unha das voces máis significativas nos arredores da Nova Canción Galega. Pero a proposta de Jei Noguerol mantívose á marxe das letras máis explicitamente politizadas de Voces Ceibes ou Suso Baamonde e por veces xogou con elaborados arranxos pop. Agora edita un single con dúas cancións para celebrar medio século de intermitente carreira musical.

hamada
Estrea do filme de Domínguez Serén

'Hamada', existencia secuestrada no deserto de pedra

"Hamada" é a palabra árabe para designar un deserto pedregoso, árido, duro. Define con exactitude o territorio de Alxeria onde, desde hai máis de 40 anos, resiste o pobo saharauí, expulsado do seu país polo invasor marroquí. Hamada é tamén o último filme de Eloy Domínguez Serén, rodado nos campamentos da Fronte Polisario e que este 12 de xullo se estrea no cinema Numax de Compostela.

libros miriam ferradáns
'Noms de fum'

A poeta Dolors Miquel traduce Míriam Ferradáns ao catalán

“É difícil entender a tribo, / pertencer sen ser devorado. [...] É difícil a tribo, levar o seu nome”, escribe Míriam Ferradáns na penúltima páxina de Nomes de fume (Espiral Maior, 2017). A obra, o seu primeiro libro con distribución comercial, é unha indagación adusta e inclemente sobre a familia, a comunidade, o loito. Celebrado por crítica e lectorado, a poeta Dolors Miquel vén de traducilo ao catalán.

cartaz buril
Disólvese o Colectivo Buril

Adeus a 36 anos de activismo cultural en Burela

O Colectivo Cultural Buril vén de anunciar a súa disolución. Despois de 36 anos de activismo cultural galego, a asociación de Burela “despídese definitivamente”. Fíxoo cun texto pendurado no seu blog en que repasa resumidamente algúns fitos da súa traxectoria.

170d1126-bb80-4469-aca8-423869a49178
Da intrahistoria cultural do barrio da Sagrada Familia

O adeus da libraría Queixume da Coruña

Máis de catro décadas dedicada ao comercio do libro chegaron o pasado domingo, 7 de xullo, á súa fin. Unha festa na rúa Galerías Santa Margarida da Coruña foi a maneira en que a emblemática libraría Queixume despediu amizades e clientes. Música, teatro e palabras puxeron o colofón á aventura libreira no popular barrio da Sagrada Familia.

imaxina sons foto
Despois de 14 edicións

Desaparece o festival de jazz de Vigo Imaxina Sons

Durante 14 edicións consecutivas, o festival de jazz Imaxina Sons levou a Vigo figuras de primeira orde desta música de orixe afroamericana, de Hermeto Pascoal a Marc Ribot, de Luísa Sobral a John Butcher. Logo de mudar de nome en 2018 e pasar a ser Festival de Jazz de Vigo, este ano desapareceu da programación do Concello.

 detalle
Compostela 11 de xullo

Xavier Queipo e Ramón Neto presenta o seu libro de poemas a dúas mans

Minutos para medianoite (Galaxia, 2019) “esculca na zona iluminada polo foco da luz, ao tempo que estende a circunferencia do misterio que o arrodea”. Son poemas compartidos, escritos por Xavier Queipo (Compostela, 1957) e Ramón Neto (Illa de Arousa, 1975), expatriados en Bruxelas e poetas.

carballo
Praza dos Libros do 11 ao 14 de xullo

Os libros anegan as rúas de Carballo

Catro xornadas dedicadas aos libros e danos colaterais -presentacións, sinaturas de autoras, concertos relacionados, obradoiros, pintura nos muros- conforman a Praza dos Libros de Carballo. Da quinta feira 11 de xullo ao domingo 14 no Xardín Municipal serán protagonistas.

juan carlos mestre 2
Publica '200 gramos de patacas tristes'

O poeta berciano Juan Carlos Mestre estréase en galego

Certa crítica cualifica a súa poesía de surrealista, mais Juan Carlos Mestre (Vilafranca do Bierzo, 1957) adoita matizar e explica que cada verso seu nace “da interiorización dunha experiencia vital”. De atender ao poeta, diríase que a vida o levou á lingua galega. Neste idioma estréase con 200 gramos de patacas tristes (Espiral Maior, 2019).

emmapedreira
'As fauces feroces' é o seu novo libro

Emma Pedreira narra "íntima e feroz" as encrucilladas das mulleres

“Mamá morrerá mañá”. Así, directa e brutal, comeza As fauces feroces, a última novela de Emma Pedreira (A Coruña, 1978). Nova mostra de narrativa fragmentada, expresión reducida e apertura poética, o libro, di a editorial, “entre a ficción e a realidade histórica, enlaza unha reflexión actual sobre a relación nai-filla co histórico proceso á monxa italiana Benedetta Carlini durante a Contrarreforma”.

citizen
'Citizen' supuxo o seu xiro cara ao teatro documento

A obra de Chévere sobre o imperio Inditex chega a formato libro

A vida e obra de Amancio Ortega, tan silenciada e descoñecida alén do ditirambo habitual nos medios de comunicación dominantes, ben merecía un documental de investigación e interpretación. Algo así pensou a compañía Chévere cando, na tempada 2010-2011 presentou a impoñente Citizen, inspirada no imperio Inditex. Kalandraka edítaa agora en formato libro.