cultura

candido e os demais G
'Cándido e os demais' é a obra galardoada

Fran Pintadeira e Christian Inaraja reciben o premio Compostela de álbum ilustrado

Cándido e os demais é un canto á personalidade singular, unha apoloxía en ton menor contra a homoxeinización social. É un álbum de fermoso e colorido debuxo naíf que, ao tempo, tamén enxalza a igualdade: “Mais Cándido comparte algo co resto das persoas. Como a todas, encántalle o verán”. Esta cuarta feira recibe a décimo primeira edición do premio Compostela para álbum ilustrado.
 

Notas ao vivo: Desprezo cultural (27)

byetone
Fanzine Fest, en decembro

Cita coa vangarda da música electrónica na Coruña

Membros dos destacamentos máis avanzados das músicas electrónicas estarán na Coruña o 1, 7 e 8 de decembro. Serán os días en que decorra o Fanzine Fest 2018, dedicado á “cultura electrónica de vangarda” e organizado pola promotora e selo discográfico coruñés Fanzine.
 

Juan_Antonio_Saco_y_Arce
150 anos da publicación de Saco Arce

A Academia celebra cunha exposición a primeira gramática científica do galego

En 1868, o prelo de Soto Freire deu á luz a primeira gramática da lingua galega elaborada con criterios científicos. A Real Academia Galega conemora os 150 anos da publicación da Gramática gallega de Juan Antonio Saco Arce cunha exposición e unha xornada de homenaxe en Ourense.
 

corredoira en dorset
O inglés Robert Macfarlane explora en libro os vellos camiños

Da épica das corredoiras

A memoria dos camiños é insondábel. Como cicatrices do territorio, como arterias primitivas. O seu trazado contén historias, voces baixas, fauna desapercibida. “Non se precisa ser un místico para aceptar que certos vieiros vellos son lineais só no seu sentido máis simple”, escribe Robert Macfarlane en Corredoira, “igual ca árbores, teñen pólas; e igual ca ríos, teñen tributarios”.

pgfeminismos
CULTURA

A editorial Galaxia abre unha colección sobre feminismo con tres títulos

Chis Oliveira e Amada Traba, Inma López Silva e Carme Adán son as autoras responsábeis dos tres primeiros títulos da colección Feminismos que a editorial Galaxia vén de colocar nas librarías.
 

xurado leiras pulpeiro
Alberte Momán e Xurxo Alonso tamén foron distinguidos

Martiño Maseda gaña o premio de poesía Leiras Pulpeiro

Con Mapa de xeografía emocional, Martiño Maseda (Vilalba, 1970) acaba de se facer co premio de poesía Leiras Pulpeiro. 1.500 euros, placa e diploma conforman un galardón que convoca o Concello de Mondoñedo coa colaboración da Deputación de Lugo.
 

marco vigo
Encontro a sexta feira 16 de novembro

O mundo da cultura de Vigo organízase contra o “malestar xeral” do sector

“Vimos decatándonos dun malestar xeral no ámbito cultural da cidade Vigo. Queremos abordar esta situación nun encontro”. Que será esta sexta feira 16 de novembro, organizado pola Agrupación Amig@s do Marco, o Ateneno Atlántico, Acolectiva, Caín e o Instituto Galego de Praxe Actual.
 

.
Simposio en Compostela o 15 e o 16 de novembro

É visíbel a poesía?

A poesía moveuse maiormente nas sombras. Á marxe. Fóra dos focos que alumeraon outros xéneros no centro dos campos literarios. Por veces de maneira voluntaria, por veces non. A estas cuestións dedica a Asociación Galega de Editores un simposio en Compostela os vindeiros 15 e 16 de novembro.
 

casal de ferreirós
Curtas Armadiña, ate o 18 de novembro

Poio, capital (provisoria) da curtametraxe

Poio é esta semana a capital provisoria da curtametraxe. O festival Curtas Armadiña desenvolve a súa programación até o domingo 18 de novembro. Ademais das proxeccións -concentradas fundamentalmente na fin de semana-, haberá diversos obradoiros relacionados co mundo audiovisual.
 

amauta castro 2
CULTURA

Amauta Castro gaña o Pérez Parallé de poesía cun libro de amor e desamor

A tarde. O desacougo é a obra co que Amauta Castro (Euskadi, 1981) vén de se facer coa 31ª edición do Premio Nacional de Poesía Xosémaría Pérez Parallé, otorgado a autoras e autores inéditos en libro individual.
 

Ezetaerre
CULTURA

O trío hip hop Ezetaerre publica o seu segundo disco, 'Pólvora e tormenta'

É unha das bandas novas máis seguidas de Galiza. Hip hop de miras amplas, “ecléctico” tal e como eles propios se definen, “combativo”, Ezetearre publican o seu segundo disco, Pólvora e tormenta, un tratado sobre “a dignidade, a solidariedade e a humildade”.
 

Público en Culturgal
A Casa Rosalía, o Chanfaina Lab e a Rede Cultural da Deputación da Coruña

Finalistas do Premio do Público Culturgal

O público do Culturgal, a feira das industrias culturais de Galiza que decorrerá a primeira fin de semana en Pontevedra, optará entre tres proxectos para outorgar o seu galardón: a Casa Museo de Rosalía de Castro, o Chanfaina Lab de San Sadurniño e a Rede Cultural da Deputación da Coruña.
 

ibu
Que facer?

Ibuprofeno Teatro pon o ramo á fin de semana coa súa triloxía arredor de 'O Rei Lear'

ventanas de noche
Entre o 9 e o 11 de novembro

A Fundación Luís Seoane acolle o encontro de arte audiovisual Intersección

Pezas de “absoluta vangarda”, “obras invisíbeis que nunca chegan a canles de exhibición populares”, performance ou cineasta da marxe. Eis os materiais que abeirará Intersección, o encontro internacional de arte audiovisual da Fundación Luís Seoane da Coruña.
 

maría xesús lama 2
CULTURA

María Xesús Lama, Premio Nacional de Ensaio pola súa biografía de Rosalía

Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade (1837-1863) é o libro que lle acaba de valer a María Xesús Lama o Premio Nacional de Ensaio do Ministerio de Cultura. Publicado en 2017 por Galaxia, é a primeira parte dun ambicioso proxecto biográfico sobre a poeta de Follas Novas.
 

compostela ilustrada 2017
Do 8 ao 11 de novembro

Compostela vira na capital da ilustración

Baixo o mando do gran debuxante Miguelanxo Prado, Compostela tranformarase durante catro xornadas na capital da ilustración. O terceiro Encontro Internacional de Cadernos de Viaxe Compostela Ilustrada comeza esta quinta feira, 8 de novembro, coa achega de máis de 200 artistas.
 

xulio formoso en caracas - foto galipedia
CULTURA

Morre Xulio Formoso, o galego venezolano de Voces Ceibes

Na cara A do mítico disco Galicia canta -publicado en 1970 en Caracas e pedra fundacional da Nova Canción Galega- figuraban Miro Casabella, Xerardo Moscoso, Benedicto García, Xoán Rubia, Guillermo Rojo e Xavier González. A plana maior de Voces Ceibes. A cara B, porén, estaba dedicada a un só cantor, o galego venezolano Xulio Formoso. Nado en Vigo en 1949, morreu esta cuarta feira en Madrid.
 

domingo villar no culturgal
Dez anos despois volve o inspector Leo Caldas

Domingo Villar publicará a súa terceira novela en marzo de 2019

As súas dúas novelas irromperon na literatura galega con forza de best seller. Eran narrativa policial de rostro amábel, irónica, que xogaba coa identidade galega do seu protagonista, o inspector Leo Caldas, e co seu escenario, Vigo. Traducidas a varias linguas, a segunda con versión cinematográfica, do seu autor, Domingo Villar, non volveu haber apenas noticias. Dez anos despois reaparece co seu terceiro libro.
 

Versión galega de 'Recordes dos Seres Vivos'

Da balea azul ao musaraño pigmeo de dentes brancos

É unha emblemática obra do chamado xénero do infotenimento: “Informaçom [rigorosa] + entretenimento [formativo]”. Nas súas páxinas habitan os máis prodixiosos seres vivos, da descomunal balea azul (30 metros de lonxitude) ao musaraño de dentes brancos pigmeo, 750 veces máis pequeno. Recordes dos Seres Vivos, por primeira vez en lingua galega, ofrece anécdotas, sorpresas e curiosidades sobre o mundo natural.