dereitos lingüísticos

A Mesa Liña do Galego
LINGUA

A “Liña do Galego” da Mesa rexistra máis de 400 queixas no último ano

O presidente da Mesa Pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, e a Deputación da Coruña fan balance do servizo gratuito que ofrece ás usuarias e usuarios a posibilidade de denunciar as vulneracións dos dereitos lingüísticos das e dos galegofalantes.

Mailing
A lingua nas eleccións

A propaganda electoral da dereita española despreza o galego

A comunicación electoral que Ciudadanos envía a todos os domicilios pula por rematar coa protección formal da lingua galega e “parar os nacionalismos”. Mentres, as dúas cartas de Pablo Casado que o PP envía en sobres separados, unha con motivo das europeas e outra das municipais, están redactadas unicamente en español.  

foto2
O PROXECTO é INICIATIVA DA KONTSEILUA

A Mesa presenta en Galiza o Protocolo de Dereitos Lingüísticos

A Mesa pola Normalización Lingüística xunto coa Universidade de Santiago de Compostela, en colaboración co Kontseilua (Consello de Entidades do Euskera) e a Fundación Donosti 2016, presentaron esta tarde o Protocolo para a Garantía dos Dereitos Lingüísticos, que se centra na protección das linguas minorizadas de toda Europa.VÍDEO NO INTERIOR.

Tribunal de Estrasburgo
LINGUA

Familias galegofalantes levan ao Tribunal de Estrasburgo a vulneración dos dereitos lingüísticos

Cartas asinadas para apoderar RAG na "defensa dos dereitos de igualdade e non discriminación por razón de lingua dos nosos fillos e fillas" diante do Tribunal europeo