Xesús A. López Pintos, secretario comarcal da CIG de Ferrol foi detido durante a protesta do naval nun acto electoral do PP. López Pintos pasou a disposición xudicial esta mañá e ficou libre con cargos.
Detidos os alcaldes de Ourense e Boqueixón e outras doce persoas. Realizáronse detencións simultáneas en Ourense, Lugo, Coruña, Compostela, Bueu e Boqueixón. Tamén se produciron arrestos en Madrid e Asturias. Tráfico de influencias, alzamento de bens e mesmo branqueo de capitais, os delitos que se lles podería imputar aos detidos.
Após tres días incomunicados, esgotando as 72h que fixa a lei, pasaron esta cuarta a disposición xudicial e a Audiencia Nacional decretou o seu ingreso nos penais españois de Soto del Real e Alcalá Meco. Denunciaron torturas psicolóxicas e ameazas a si propios e ás familias
O aeroporto vigués viviu onte unha xornada de caos organizativo, segundo aseguran desde Diario de Pontevedra, que rematou coa detención dun fotógrafo deste xornal cando realizaba o seu traballo. Convocouse unha protesta hoxe ás 13 horas diante da Subdelegación do Goberno de Pontevedra.