Día da Patria Galega

CONSELLO NACIONAL 2
POLÍTICA

BNG lanza un Día da Patria "aberto" a quen aposta nun "cambio de rumo" para Galiza

O Día da Patria 2017 xa está no albo do BNG. A maquinaria da formación nacionalista botou a andar para lograr unha convocatoria masiva da mobilización por excelencia do soberanismo na Galiza. O Consello Nacional do BNG realizado este sábado ambiciona un Día da Patria "aberto" a todas as persoas que queren un futuro para o país non teledirixido desde Madrid.

Dia da patria
Bieito Lobeira

“Este 25 de xullo evidenciouse que o nacionalismo ten un enorme potencial"

O responsábel de Organización do BNG valora como “éxito rotundo” a afluencia á manifestación do Día da Patria e destaca a capacidade de mobilización social do Bloque. “Non hai outra organización en Galiza con esta capacidade”.

Manifestación do BNG no Día da Patria 2016
POLÍTICA

Manifestación do BNG no Día da Patria 2016

15.000 persoas ateigaron a praza da Quintana na manifestación da formación frentista este 25 de xullo de 2016.
POLÍTICA

Podemos defende un “galeguismo reflexivo” e di que a súa patria é a xente

Con motivo do Día da Patria, Podemos na Galiza enviou un comunicado de imprensa e un manifesto, pasadas as 18h, no que di defender un “galeguismo reflexivo” e no que destaca que a súa patria “é a xente”.

Xoán Bascuas,en primeiro termo
POLÍTICA

Compromiso reivindica para si propio o espazo do galeguismo

Compromiso por Galicia conmemorou o Día da Patria Galega cun acto público no parque compostelán Eugenio Granell. Música, xantar popular e intervencións políticas constituíron a actividade do partido liderado por Xoán Bascuas este 25 de Xullo.

Leiceaga no Día da Patria Galega 2016
POLÍTICA

Leiceaga reivindica o autonomismo e chama a Galiza "nacionalidade histórica global"

Na oferenda floral a Castelao de todos os 25 de xullos en Rianxo, o candidato do PSdeG quixo colocarse no centro entre o centralismo do PP e as "tentacións insolidarias" que identifica no nacionalismo.

Un proxecto para a Patria Galega

Beiras, na súa intervención
Defínese como "factor subsidiario"

Beiras quer un partido instrumental, o que choca con Podemos

Anova elixiu o parque de Galeras para conmemorar o Día da Patria. Fíxoo cun acto político no que a formación política lle deu voz a Carlos Aymerich, que compartiu estrado co propio Xosé Manuel Beiras, Lidia Senra, Antón Sánchez e Iria Otero.

ANA PONTON DIA DA PATRIA 2016
15.000 persoas na manifestación do BNG

Unha nación viva na Quintana

O BNG enche a zona vella de Compostela nun 25 de xullo de mobilización por “soberanía e traballo” e no que se reclamou como unha organización “que non baixa os brazos na defensa de Galiza” fronte o novo bipartidismo a catro.

Em pé
Em Pé!

Independentistas chaman a construír un proxecto "de base ampla" e "popular"

A comisión popular que impulsou a manifestación independentista este 25 de xullo defendeu superar "vellos erros" e pular por unha "vía galega".

Novo relato, novos actores

POLÍTICA

#GalizaViva, trending topic

Hai outro Día da Patria Galega, o das redes. En twitter #GalizaViva, o lema da manife do BNG, é neste momento trending topic.

Quintana petada
MANIFESTACIÓN DO BLOQUE

O himno pon o ramo a unha marcha masiva

Miles ateigan a praza da Quintana.

indepe juvenil
POLÍTICA

Arredor de 1.000 voces xuvenís pola independencia

Cunha asistencia lixeiramente superior á de 2015, as rúas de Compostela acolleron este domingo a manifestación unitaria da mocidade independentista.

ceivar
POLÍTICA

Máis de 250 persoas erguen a bandeira da solidariedade cos presos independentistas

Unidos das mans percorreron a zona vella compostelá baixo un forte despregamento policial.

Dia Patria Galega 1968
MEMORIA E HISTORIA

Aquel Día da Patria Galega de 1966

Patria e Matria, Galiza

Praza Quintana ateigada. Día da Patria Galega 2015
POLÍTICA

Axenda de actos políticos no Día da Patria

As forzas políticas nacionalistas e soberanistas e o PSdeG-PSOE programaron actos políticos para este 25 de Xullo. Os partidos estatais integrados nas Mareas non realizan ningunha actividade este Día da Patria: Esquerda Unida apresentou o sábado un manifesto e Podemos Galicia non organizou ningún evento.

Em resumo

Ana Pontón homenaxe a Rosalía e Castelao 24 de xullo e 2016
POLÍTICA

Ana Pontón fai un chamamento á mocidade a que o Día da Patria saía á rúa a "mostrar a estreleira"

Sen mocidade nen o nacionalismo nen Galiza teñen futuro. Desde desa convicción a líder do BNG, Ana Pontón, fixo este domingo un chamamento directo ás mozas e aos mozos a que participen masivamente na manifestación do Día da Patria Galega. "Fronte aos que queren que o nacionalismo retroceda, temos que saír con máis forza", dixo a candidata do BNG á presidencia da Xunta.