Sob a lenda "Galiza somos nós" decorreu este domingo a marcha da mocidade independentista convocada conxuntamente por Erguer, Galiza Nova, Briga, Isca e Xeira.
As palabras de orde máis coreadas foron "Independencia" e "Galiza ceibe, poder popular".
O manifesto lido ao termo da marcha puxo o acento na defensa da lingua galega e na conquista dunha Galiza feminista e anti-capitalista.
Tamén na tarde deste domingo decorreu por Santiago a xa tradicional Cadeia Humana polos presos e as presas independentistas galegos.