Día da Patria Galega

Screen Shot 2017-07-26 at 09.46.17
DPG2017

Cuíña fai un alegato a prol da unidade “de todos os que pensamos igual”

Foi no mitin de Compromiso este Día da Patria Galega, decorrido esta terza feira no Parque Euxenio Granell de Compostela. O maior referente institucional do partido considera un “fracaso colectivo” a non celebración unitaria do Día da Patria Galega.

Día da Patria Galega 2017. Manifestación Bloque Nacionalista Galego.
POLÍTICA

Día da Patria Galega 2017

causa galiza dia da patria Imaxe de GZ contrainfo
DPG2017

Causa Galiza chama a construír o independentismo "que necessita este País"

Presenta unha “folla de ruta de urxencia”  para a organización e intervención social do independentismo.

Sen mobilización nen hai nación nen hai nada

Día da Patria Galega. Ana Pontón.
DPG2017

Manifestación "histórica" do BNG: máis de 20.000 persoas pola "nación que compartimos"

Miles ateigan A Quintana e rúas da zona vella de Compostela na manifestación do BNG polo Día da Patria. Ana Pontón chama a “dar un paso adiante” e abrir un debate no país “para superar esta autoanémica autonomía” e afirma que “se hai un país que necesita o nacionalismo, ese país é Galiza”.

En Marea
DPG2017

Villares: "No espazo da fraternidade todas e todos collemos"

Villares fixo unha chiscadela ás mareas municipalistas no seu discurso do Día da Patria. O seu traballo, dixo, é quen de tornar "a desilusión" en "esperanza". Expresouse nestes termos durante o primeiro acto de En Marea como tal nun Día da Patria Galega.

Anton Schez
DPG2017

Antón Sánchez: "Queremos dotarnos de todo o poder para autogobernarnos"

O Parque das Galeras compostelá acolleu o acto político de Anova Irmandade Nacionalista. O seu portavoz nacional, Antón Sánchez, tivo palabras para a delicada situación interna que atravesa En Marea: "Os nosos compañeiros e compañeiras son todos os q participan nas mareas. Non miramos o carnet. Levámolo demostrando anos"

Día da Patria Galega 2017
DPG2017

A manifestación do BNG é multitudinaria

Unha multitude respondeu á convocatoria do BNG e Compostela voltou a ser testemuño da capacidade de mobilización da formación nacionalista. A cabeceira da marcha xa está na Quintana, onde Ana Pontón fechará o acto.

Día da Patria Galega 2017
POLÍTICA

A cabeceira da marcha do BNG, xa na Quintana

Partiu da Alameda a manifestación do BNG por volta das 12.15, o acto con maior capacidade de convocatoria de cantos se teñen programado este Día da Patria Galega, e a súa cabeceira entrou na Quintana apenas 25 minutos despois. A marcha leva como lema xenérico "Galiza, a nación que compartimos" e con ela o BNG quer reafirmar nas rúas o que, a ollos da súa dirección, é o bon estado de forma en que se acha a organización

Día da Patria Galega 2017
DPG2017

O Día da Patria Galega chío a chío

As redes espellan sempre como se vive na rúa esta data simbólica. Chíos de toda sorte e condición, anónimos e célebres. Pasen e vexan.

Agora Galiza
DPG2017

Sete organizacións subscreben un manifesto impulsado por Agora Galiza

CUP, Boltxe, Nación Andaluza, Plataforma Laboral e Popular, Comunistas de Castilla e Iniciativa Comunista apostan nunha Internacional que contribúa a coordenar “as luitas da classe operária, das mulheres e dos povos a escala mundial”.

Moita ledicia nas rúas con motivo do Día da Patria
Axenda de actos para este 25X

Un roteiro para o Día da Patria

O Día da Patria Galega é ante todo o movimento dun sector relevante da sociedade galega a prol dos direitos nacionais da Galiza. Exprésase de distintas formas. A máis masiva é a marcha que convoca cada ano o Bloque Nacionalista Galego para partir ás 12 horas da Alameda compostelá rumo á Praza da Quintana. O BNG, segundo soubo Sermos, porá a énfase nesta marcha nun apelo á sociedade "para construír un novo proxecto de país". Non é a única manifestación programada para o 25X. Causa Galiza tamén chama a andar as rúas da capital da nación cunha palabra de orde nidiamente independentista. O resto de forzas optan por formatos menos mobilizadores das súas bases sociais.

Manifestación xuvenil 24X
DPG2017

A reivindicación da independencia resoa nas rúas de Compostela

Centos de mozas e mozos toman parte na tradicional manifestación xuvenil unitaria do 24X, apoiada por máis de 20 entidades, colectivos e organizacións. “Só loitando poderemos construír a Galiza Ceive por nós arelada”.

ceivar presos independentistas cadea humana
Por volta de 250 persoas

Unha cadea solidaria cos presos independentistas ás portas do Día da Patria

A tradicional ‘Cadea humana pola liberdade’ convocada por Ceivar reúne por volta de 250 persoas para percorrer a zona vella da capital galega na defensa dos dereitos dos presos independentistas galegos. 

Acto Galiza Nova homenaxe Castelao e Rosalía
DPG2017

Galiza Nova invoca o legado de Rosalía e Castelao para rachar coa dependencia da Galiza

Xa é un clásico das vésperas do Día da Patria Galega: a reunión de as mozas e os mozos de Galiza Nova a renderen homenaxe ás dúas figuras simbólicas por excelencia da nación galega, Rosalía e Castelao. A organización xuvenil do BNG invocou o seu legado para chamar a rachar coa dependencia do país. No acto tomaron parte por volta de 150 persoas.

bandeira estreleira
DPG2017

Concellos do Condado-Louriña subscriben un manifesto chamando a unha “gran mobilización” polo 25X

Os alcaldes dos concellos das Neves, Ponteareas, Mondariz e Salceda de Caselas defenden no escrito o dereito a “decidir por nós mesmas como vivir e que País construír”.

Corenta anos indo ao Día da Patria

Día da Patria, Día de Galicia

joam peres causa galiza operación jaro
POLÍTICA

"Nestes 40 anos de autonomía España gaña por goleada"

Falamos ás portas do 25 de Xullo con Joam Peres, membro da dirección de Causa Galiza e unha das nove persoas imputadas na ‘Operación Jaro’. Desbota derrotismos e pesimismos para incidir no independentismo como a chave que abre a porta a unha outra Galiza. “Un segundo ciclo de autonomismo sería un suicidio para o país”, sostén. 

Alameda_25_xullo_1968 (1)
MEMORIA

As voces da primeira década do Día da Patria Galega

Afirmaba Castelao que o 25 de Xullo era “a festa maior dos galegos”. Unha xornada reivindicativa ideada polas Irmandades da Fala en 1920 e recuperada en 1968 pola Unión do Povo Galego (UPG), quen resgatou a data na denominación e no contido. Contamos co testemuño daquela primeira década de conmemoración do Día da Patria da voz de Bautista Álvarez, Xesús Sanxoás, Saleta Goi, Xosé Estévez, Lois Diéguez, Maite Caramés, Margarita Ledo, Pilar Allegue, Francisco Rodríguez e Vicente Vázquez. Recollémelo no Sermos Galiza 255.