DPG2017

Catro concellos do Condado-Louriña subscriben un manifesto conxunto chamando a unha “gran mobilización” polo Día da Patria

Os alcaldes dos concellos das Neves, Ponteareas, Mondariz e Salceda de Caselas defenden no escrito o dereito a “decidir por nós mesmas como vivir e que País construír”.

bandeira estreleira

Os alcaldes das Neves (BNG), Ponteareas (BNG),  Salceda de Caselas (Movemento Salceda) e Mondariz (Alternativa por Mondariz) subscriben o que cualifican como ‘Manifesto das alcaldías nacionalistas do Condado-Louriña’, un escrito no que chaman a unha “gran mobilización social” polo Día da Patria na defensa de Galiza e dun “cambio de rumbo” para o país.

Os rexedores lembran que os concellos son as administracións máis próximas á veciñanza e que teñen a responsabilidade de poñer en andamento “e facer efectivos dereitos subxectivos, individuais e colectivos, require posuír un modelo previo, un proxecto definido que responda aos intereses da maioría social e que contribúa ao proceso de construción nacional”. Porén, desde o Estado español e a Xunta opóñense a ese escenario. Estes catro alcaldes denuncian un “trato discriminatorio” para os municipios galegos e para Galiza por parte do Estado por mor dun “deseño económico” que atribúe a Galiza, din, un papel secundario.

Así, sinalan, para avanzar e tirar proveito do potencial do país, así como acabar coa “ermigración xuvenil, dependencia, baixos salarios, pensións escasas”; cómpre “un País ordenado e gobernado como unha nación que ten dereitos e capacidade normativa”. 

Comentarios